Directrices de paisaxe de GALICIA
DECRETO 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia.
I
A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo establece o artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia nos parágrafos 3 e 30, ten competencia exclusiva, respectivamente, en materia de ordenación do territorio e do litoral, así como de normas adicionais sobre protección do ambiente e da paisaxe nos termos do artigo 149.1.23 da Constitución española. O artigo 37.3 do mesmo estatuto recolle que as competencias de execución na Comunidade Autónoma levan implícitas, entre outras, a correspondente potestade regulamentaria.
Segundo o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica de vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma a que lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, e conservación da natureza, conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados na Constitución española. A persoa titular da Consellería é a autoridade superior da Consellería e, con tal carácter, está investida das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.
II
O Instituto de Estudos do Territorio foi creado pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, como consecuencia do mandato legal do artigo 31 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, á vez que dispuxo a súa adscrición á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.
O Decreto 244/2011, do 29 de decembro, polo que se aproban os Estatutos do Instituto de Estudos do Territorio, recolle, no seu artigo 9, que o Instituto de Estudos do Territorio ten por obxecto a análise, estudo e asesoramento en materia de urbanismo e ordenación do territorio, entendendo comprendida nela a ordenación, protección e xestión da paisaxe. Entre as súas funcións, e en consonancia co seu obxecto, figura a da posta en marcha de instrumentos para a protección, xestión e ordenación das paisaxes de Galicia, tales como os catálogos e as Directrices de paisaxe, os estudos de impacto e a integración paisaxística, os plans de acción da paisaxe en áreas protexidas, incluída a elaboración dos informes deles derivados, así como calquera outro que se entenda como necesario para o cumprimento dos puntos anteriores.
III
A Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, ten por obxecto o recoñecemento xurídico, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe de Galicia, entendendo que a paisaxe ten unha dimensión global de interese xeral para a comunidade galega, conforme o Convenio europeo da paisaxe aprobado en Florencia o 20 de outubro de 2000 por proposta do Consello de Europa, que entrou en vigor o 1 de marzo de 2004 e foi ratificado polo Estado español mediante Instrumento do 28 de xaneiro de 2008.
O artigo 5 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, establece que os poderes públicos de Galicia velarán para que, no ámbito das súas competencias, se adopten as medidas específicas necesarias para a protección, xestión e ordenación da paisaxe e no seu capítulo III establece os instrumentos para conseguilo. Entre eles destacan, en primeiro lugar, os catálogos da paisaxe, definidos no seu artigo 9 como os documentos de referencia que, apoiándose nas distintas áreas xeográficas, morfolóxicas, urbanas e litorais existentes no territorio galego, deberán delimitar, con base nos diferentes estudos e traballos existentes na materia, as grandes áreas paisaxísticas de Galicia, identificando os diversos tipos de paisaxe existentes en cada unha delas e as súas características diferenciais. O contido dos catálogos da paisaxe aparece recollido neste mesmo artigo, que tamén establece que os catálogos da paisaxe poderán, se é o caso, identificar determinadas zonas xeográficas como áreas de especial interese paisaxístico, en atención aos valores naturais e culturais alí presentes, o que se fai neste catálogo.
O Catálogo das paisaxes de Galicia foi aprobado polo Decreto 119/2016, do 28 de xullo (DOG núm. 160, do 25 de agosto).
IV
Unha vez aprobado o catálogo, o artigo 10 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, regula a figura das Directrices de paisaxe como as determinacións que, baseadas nos catálogos da paisaxe, definen e precisan para cada unidade de paisaxe os obxectivos de calidade paisaxística que se pretenden alcanzar. As Directrices de paisaxe incluirán:
a) A definición dos obxectivos de calidade paisaxística para cada unidade de paisaxe.
b) Unha proposta de medidas e accións específicas para acadar os obxectivos de calidade e de recuperación daquelas áreas en que existen ámbitos degradados.
c) Unha descrición dos indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e da evolución das unidades de paisaxe.
d) Unha serie de normas e recomendacións para a definición dos plans urbanísticos e sectoriais e das estratexias rexionais ou locais encamiñadas a un desenvolvemento sustentable do territorio, co fin de integrar neles os obxectivos de calidade paisaxística.
En consecuencia, o presente decreto inclúe todos aqueles aspectos que a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia prevé como contido das Directrices da paisaxe, se ben cómpre facer especial fincapé nas normas e recomendacións, por seren estas as que conteñen mandatos cun alcance e unha vinculación maiores.
V
As Directrices de paisaxe, a través das normas e recomendacións, integraranse nos plans urbanísticos e sectoriais e nas estratexias rexionais e locais encamiñadas a un desenvolvemento sustentable do territorio, co fin de integrar neles os obxectivos de calidade paisaxística.
Así, para os efectos do artigo 10.3 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, non todo o contido das normas e recomendacións das Directrices de paisaxe que se aproban no presente decreto ten o mesmo grao de vinculación, de xeito que atopamos directrices formuladas como normas, as cales teñen carácter obrigatorio para os instrumentos de planificación sectorial e urbanística e para as estratexias rexionais e locais; e directrices formuladas como recomendacións, que establecen suxestións, formuladas en termos orientativos, nas cales se establecen limitacións ou condicións de carácter eminentemente xenérico, que poden ser acadadas de diversas formas, ben que o seu carácter de recomendación implica que carecen dese carácter obrigatorio que é predicable das normas.
As Directrices de paisaxe son congruentes coa dicción do artigo 10.3.d) e 10.4 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, en que se plasma a necesidade de que sexan interpretadas de conformidade co conxunto dos instrumentos de ordenación territorial e urbanística de Galicia, entre os cales se atopan a Lei de ordenación do territorio, a Lei do solo de Galicia e as Directrices de ordenación do territorio.
Por outro lado, as Directrices de ordenación do territorio, aprobadas polo Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, ao falaren da paisaxe, no seu punto 8, expresamente indican que «As administracións públicas integrarán, conforme os criterios da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, a consideración da paisaxe nos instrumentos de ordenación territorial e urbanística así como noutras políticas sectoriais que poidan producir un impacto directo ou indirecto sobre el».
En liña co exposto, considéranse instrumentos de planificación sectorial todos aqueles derivados da lexislación sectorial que teñen incidencia na paisaxe, unha interpretación coherente co exposto e acorde coa exposición de motivos da Lei 7/2008, na cal se afirma «[a lei] pretende servir de marco de referencia para todas as outras lexislacións sectoriais e os seus plans e programas que poidan influír dalgunha maneira na modificación, alteración ou transformacións das paisaxes».
Polo que respecta ás «estratexias rexionais ou locais encamiñadas a un desenvolvemento sustentable do territorio», estamos ante actuacións tendentes a deseñar, executar e avaliar as políticas de desenvolvemento territorial.
Os entes rexionais e locais deben ter en conta as normas e recomendacións nestes instrumentos de xestión do territorio para levar a cabo tanto unha planificación estratéxica como para desenvolver ferramentas a curto prazo con que garantir a consideración da paisaxe en todas as actuacións con incidencia no territorio.
VI
As normas (sinaladas cun N en cada caso) terán carácter obrigatorio para os instrumentos de planificación sectorial e urbanística e para as estratexias rexionais e locais. A pesar de estaren formuladas en termos vinculantes, terán diferentes niveis de intensidade: ben expresando unha limitación ou condición directa, non susceptible de diversas variantes ou alternativas, ben deixando un maior grao de liberdade en canto ao modo de chegar ao resultado previsto.
As recomendacións (sinaladas cun R en cada caso), formuladas en termos orientativos, suxiren limitacións ou condicións de carácter xenérico, que poden ser acadadas de diversas formas, ben que o seu carácter de recomendación implica que carecen do carácter obrigatorio que é predicable das normas. En particular, as solucións ou orientacións expresadas nas recomendacións sono coa condición de que sexan tecnicamente viables e acordes cos informes técnicos que emitan os órganos competentes nos oportunos procedementos administrativos de autorización ou aprobación, consonte a correspondente normativa sectorial.
Os plans, programas ou proxectos deben xustificar, na súa memoria, o cumprimento destas Directrices de paisaxe. No caso das normas de carácter excluínte, mediante a oportuna acreditación ou descrición dos medios e do fin que se quere alcanzar; e no caso das normas cun maior grao de flexibilidade en canto aos medios, dun xeito máis aberto, sen prexuízo do fin vinculante que se quere alcanzar.
Finalmente, as directrices de carácter orientativo (recomendacións), ben que non obrigan a seguir as súas prescricións, si exixen que se deba describir e xustificar a solución concreta por que se opta para o caso de que non se cumpra con estas determinacións e se opte por separarse dos criterios recollidos nelas.
Estas normas e recomendacións inclúen algunhas que, polo seu grao de concreción, son auténticas ferramentas de aplicación inmediata e que non requiren dun desenvolvemento a través de plans ou estratexias, polo que o órgano autonómico competente en materia de paisaxe comprobará, nos informes que deba emitir consontea Lei 7/2008 e a súa normativa de desenvolvemento, ou de acordo coa lexislación ambiental, territorial ou sectorial, o cumprimento destas Directrices de paisaxe.
En particular, en todos os supostos en que se exixa un estudo de impacto e integración paisaxística (EIIP), este deberá someterse a informe do órgano autonómico competente en materia de paisaxe, que velará pola súa integridade documental e pola adecuación das medidas de integración paisaxística adoptadas consonte o disposto no artigo 11.2, letra d) da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
VII
Ademais das normas e recomendacións, a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia establece que as Directrices de paisaxe deben recoller os obxectivos de calidade paisaxística para cada unidade de paisaxe; as medidas e accións específicas para acadar os obxectivos de calidade e de recuperación daquelas áreas en que existen ámbitos degradados; e os indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e da evolución das unidades de paisaxe, de xeito que todo este contido pasa a formar parte dos anexos do presente decreto.
Cómpre resaltar que os obxectivos de calidade paisaxística deben expresar as aspiracións da cidadanía en canto á valoración e ao grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes, polo que, en consecuencia, a súa determinación levouse a cabo mediante un proceso de participación pública.
No caso das medidas e accións específicas, estamos ante dúas clases de actuacións que se establecen para acadar os obxectivos de calidade paisaxística no relativo á recuperación das áreas en que existan ámbitos degradados. En consecuencia, o contexto destas propostas directas queda circunscrito a aquelas situacións onde a intervención paisaxística se fai máis perentoria, o que lle confire unha categoría de excepcionalidade.
En canto á diferenciación entre medidas e accións, estas poden ser tratadas como análogas, ben que a medida prescribe un comportamento xeral (positivo ou prohibitivo) sostido no tempo, mentres que a acción ten unha vixencia puntual en relación co suposto a que se refire, polo que podemos falar de que as medidas teñen un sentido máis amplo mentres que as accións desenvolven as súas prescricións.
En definitiva, e como temos indicado, trátase de medidas de choque para endereitar os supostos máis gravosos que prexudican ou degradan a paisaxe, tanto no nivel estético como ecolóxico.
Finalmente están os indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e da evolución das unidades de paisaxe. Estes indicadores referiranse a variables ou aspectos medibles ou cuantificables, incluídos os resultados de procesos de participación pública.
En relación cos indicadores, cómpre salientar que o proceso de participación pública permitiu identificar unha serie de obxectivos xerais moi relacionados coas principais dinámicas paisaxísticas que previamente foran identificadas no Catálogo das paisaxes de Galicia polo panel de expertos. Estes obxectivos xerais debulláronse nunha serie de subobxectivos máis específicos para os cales se estableceron os referidos indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e da evolución das unidades de paisaxe.
VIII
Alén do xa exposto, e indisolublemente unido ás Directrices de paisaxe, aínda que sen formar parte do presente decreto, atopamos a memoria, que é de especial importancia para chegar ás conclusións aquí presentes na medida en que reflicte todo o proceso de participación pública desenvolvido para a elaboración das Directrices de paisaxe, recollendo a opinión da cidadanía en relación cos obxectivos de calidade paisaxística, é dicir, ás preferencias da poboación para a paisaxe da súa contorna, así como sobre as accións de protección, xestión e ordenación da paisaxe desexadas pola cidadanía.
A memoria estará dispoñible, xunto co resto dos contidos do presente decreto, na web do Instituto de Estudos do Territorio referida ás Directrices de paisaxe, na url http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_Territorio?content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Paisaxe/directrices_paisaxe/seccion.html&std=memoria_proceso_participacion_publica.html.
IX
O decreto consta dun artigo único cuxo obxecto é a aprobación das Directrices de paisaxe de Galicia, unha disposición transitoria única relativa aos plans e proxectos vixentes, unha disposición derradeira primeira que recolle a habilitación para o seu desenvolvemento e unha disposición derradeira segunda relativa á súa entrada en vigor. Consta tamén de 4 anexos nos cales se recollen os contidos que prevé a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia para as Directrices de paisaxe de Galicia:
ANEXO I: Obxectivos de calidade paisaxística para cada unidade de paisaxe.
ANEXO II: Medidas e accións específicas para acadar os obxectivos de calidade e de recuperación para os ámbitos de especial atención paisaxística.
ANEXO III: Indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e da evolución das unidades de paisaxe.
ANEXO IV: Normas e recomendacións.
X
O presente decreto foi sometido a información pública (DOG núm. 187, do 2.10.2019), de conformidade co establecido no artigo 10.6 da citada Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia que, respecto do seu procedemento de elaboración, prevé a apertura dun trámite de información pública por un prazo non inferior a dous meses, para que todas as persoas posibles interesadas poidan formular as alegacións que coiden pertinentes.
Igualmente, e cumprindo co mandato legal referido, foi sometido a informe preceptivo dos concellos afectados e das consellerías competentes en materia de ordenación do territorio e patrimonio cultural.
Na tramitación do expediente observáronse os trámites previstos nos artigos 41 a 43 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. En particular, constan no expediente: os informes preceptivos e favorables dos concellos de Arteixo, Bergondo, Cerdedo-Cotobade, A Fonsagrada, Fornelos de Montes, Nogueira de Ramuín, Pedrafita do Cebreiro, Poio, Redondela, Triacastela e Vigo; os informes dos departamentos competentes en materia de ordenación do territorio e patrimonio cultural, emitidos con data do 31 de xaneiro e do 18 de febreiro de 2020 respectivamente, de conformidade co artigo 9.6 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, o informe tecnolóxico e funcional favorable previsto nos artigos 6 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, e 21.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta e nas entidades dela dependentes e a documentación xustificativa dos trámites de audiencia e de publicación na páxina web.
En virtude do exposto, en exercicio das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte,
DISPOÑO:
Artigo único. Aprobación das Directrices de paisaxe de Galicia
Apróbanse as Directrices de paisaxe de Galicia, de conformidade co previsto na Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, e cuxo contido figura como anexos deste decreto.
Disposición transitoria única. Incorporación das Directrices de paisaxe a plans e proxectos
A incorporación das Directrices de paisaxe a plans e proxectos rexerase polas seguintes regras:
a) Se o plan ou proxecto estiver aprobado provisional ou definitivamente no momento de entrada en vigor das directrices, a incorporación deberá producirse na primeira revisión daquel que se produza.
b) Se o plan ou proxecto estiver en tramitación sen que acadase a aprobación provisional no momento de entrada en vigor das directrices, deberá adaptar as súas determinacións a estas. A modificación do contido do plan ou proxecto en tramitación para a súa adaptación ás Directrices de paisaxe non implicará a necesidade de sometelo a nova información pública.
Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento
Habilítase a persoa titular da consellería competente en materia de ambiente para que dite as disposicións que sexan precisas para incorporar novos indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e da evolución das unidades de paisaxe, a través da oportuna modificación do anexo III, así como para actualizar as medidas e accións específicas para acadar os obxectivos de calidade e de recuperación para os ámbitos de especial atención paisaxística, a través da oportuna modificación do anexo II.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vintenove de decembro de dous mil vinte
Alberto Nuñez Feijóo
Presidente
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Directrices de paisaxe de Galicia
ÍNDICE.
ANEXO I. Obxectivos de calidade paisaxística para cada unidade de paisaxe.
ANEXO II. Medidas e accións específicas para acadar os obxectivos de calidade e de recuperación para os ámbitos de especial atención paisaxística.
ANEXO III. Indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e da evolución das unidades de paisaxe.
ANEXO IV. Normas e recomendacións.
ANEXO I
Obxectivos de calidade paisaxística para cada unidade de paisaxe
ÍNDICE.
1. Obxectivos de calidade paisaxística (OCP).
1.1. OCP xerais 3.
1.2. OCP para áreas de especial interese paisaxístico (AEIP).
1.3. OCP para ámbitos de especial atención paisaxística (AEAP).
1.4. OCP para actuacións e elementos caracterizadores da paisaxe.
1.5. OCP para grandes áreas paisaxísticas.
1.6. OCP para as restantes unidades de paisaxe.
1.1. OCP xerais.
OX.1. Unhas paisaxes protexidas, ordenadas e xestionadas co obxecto de respectar e manter o carácter dos diferentes tipos de paisaxe baixo principios de sustentabilidade e de procurar a mellora da calidade de vida da cidadanía.
OX.2. Unhas paisaxes heteroxéneas en que o mosaico paisaxístico sexa entendido como un valor en si mesmo, mantendo unha matriz paisaxística que outorgue variedade textural e perceptiva e evitando a banalización e o abandono.
OX.3. Unhas paisaxes en que se manteña a interface que xeran as combinacións harmónicas, evitando a fragmentación e as grandes continuidades que homoxeinizan a paisaxe.
OX.4. Unhas paisaxes en que se manteña a singularidade a través da preservación e potenciación dos valores referenciais que as conforman.
OX.5. Unhas paisaxes vivas, accesibles e que poidan ser desfrutadas pola cidadanía. Creación dunha cultura da paisaxe mediante recursos didácticos e formativos.
OX.6. Unhas paisaxes de valor natural e ecolóxico que preserven a súa calidade, biodiversidade e singularidade e nas cales sexa compatible a preservación deses valores co aproveitamento de recursos e o desfrute da cidadanía.
OX.7. Unhas paisaxes agrarias, gandeiras e forestais en que a actividade produtiva sexa compatible co mantemento da estrutura paisaxística, cos valores históricos do territorio e coa funcionalidade dos asentamentos como lugar de habitación.
OX.8. Unhas paisaxes urbanas ben dimensionadas, nas cales os materiais e volumes se adapten á paisaxe da contorna e nas cales se procure a compactidade fronte á dispersión.
OX.9. Unhas paisaxes produtivas integradas na contorna e que atendan ás condicións paisaxísticas do ámbito en que se insiren.
OX.10. Unhas paisaxes vinculadas a valores patrimoniais que poñan de manifesto a relevancia histórica, simbólica e identitaria dos elementos patrimoniais materiais e inmateriais.
1.2. OCP para AEIP.
A través de determinacións congruentes con outras figuras de protección, procuraranse unhas áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) en que se preserven os diversos elementos que as conforman e en que se manteña a relación harmónica entre os valores naturais, culturais, patrimoniais, estéticos ou panorámicos que lle deron orixe. Atendendo ao diferente carácter dos valores paisaxísticos presentes na área de especial interese paisaxístico (AEIP), os obxectivos de calidade paisaxística (OCP) implicarán:
AEIP.1. Uns valores ecolóxicos preservados de xeito sustentable como garantes de variedade e funcionalidade ecolóxica, e nos cales se protexan aqueles elementos constituíntes que outorgan o valor diferencial.
AEIP.2. Uns valores culturais ou patrimoniais, sexan materiais ou inmateriais, preservados como elementos configuradores das paisaxes culturais, atendendo á súa relación co territorio.
AEIP.3. Uns valores estéticos ou panorámicos protexidos mediante o mantemento das condicións perceptivas vinculadas aos fondos escénicos, á amplitude de vistas e á matriz compositiva propia da paisaxe autóctona.
1.3. OCP para AEAP.
Os sete tipos de ámbitos de especial atención paisaxística (AEAP) definidos no Catálogo das paisaxes de Galicia corresponden a paisaxes urbanas degradadas, liñas eléctricas de alta tensión e parques eólicos en áreas de especial interese paisaxístico (AEIP), explotacións mineiras, canteiras e de extracción de areas ou terras, actividades industriais ou empresariais mal integradas na paisaxe, zonas abandonadas, repoboacións forestais con especies alóctonas en AEIP e áreas degradadas por outros impactos ambientais ou paisaxísticos. Os obxectivos de calidade para estes ámbitos descríbense a seguir.
AEAP.1: Uns asentamentos de poboación compactos, continuos e planificados, con construcións e edificacións rematadas, acordes co seu contorno e respectuosas coa paisaxe.
AEAP._2: Unhas instalacións enerxéticas planificadas e deseñadas segundo as propostas máis respectuosas coa paisaxe, previstas co menor impacto visual posible e nas cales se leven a cabo as medidas correctoras precisas para a minimización do seu impacto en AEIP.
AEAP.3: Unhas explotacións extractivas integradas na contorna, nas cales se apliquen os sistemas de explotación que impliquen un menor impacto paisaxístico e nas que se adopten solucións que reduzan a súa visibilidade.
AEAP.4: Unha paisaxe libre de impactos ambientais (incendios forestais, contaminacións e deterioración dos cursos fluviais, rías e zonas húmidas, vertedoiros incontrolados, etc.) que a deterioren e supoñan unha perda ou diminución dos valores paisaxísticos propios do lugar.
AEAP.5: Unhas áreas de actividades industriais ou empresariais planificadas e deseñadas con criterios paisaxísticos, respectuosas cos elementos de valor ecolóxico, natural ou patrimonial e integradas na estrutura territorial da súa contorna.
AEAP.6: Unhas paisaxes libres dos efectos negativos que produce o abandono e conseguinte deterioración de elementos conformadores do carácter das paisaxes, tales como construcións de todo tipo, aldeas, viñas, infraestruturas ou calquera outro
AEAP.7: Unhas plantacións forestais reguladas e planificadas con instrumentos de ordenación e xestión que minimicen a incidencia das especies alóctonas, en especial nas AEIP.
1.4. OCP para actuacións e elementos caracterizadores da paisaxe.
Polígonos industriais.
– Uns polígonos industriais que respecten os espazos naturais e os elementos patrimoniais de interese, que integren os cursos fluviais e que conten con espazos de transición coa contorna e con vexetación nos seus espazos libres como estratexia de fragmentación visual.
– Uns polígonos industriais novos localizados segundo criterios paisaxísticos, nunca en puntos de visibilidade preferente, e cales que se apliquen medidas de integración na contorna.
Infraestruturas enerxéticas.
– Unhas infraestruturas enerxéticas integradas na paisaxe, cunhas redes de transporte e distribución agrupadas e que discorran preferentemente polos corredores das vías de circulación.
– Unhas centrais hidroeléctricas integradas paisaxística e naturalmente, nas cales se adopten medidas de recuperación dos hábitats riparios en que se localizan.
Parques eólicos.
– Unhas instalacións de enerxía eólica deseñadas de xeito que respecten o carácter propio da paisaxe existente, implantados segundo a xeomorfoloxía da localización e minimizando o seu impacto no contorno natural e a paisaxe, así como a visibilidade desde as vías de circulación e os núcleos de poboación.
– Uns parques eólicos compatibles con outros usos produtivos potenciadores da sustentabilidade natural, económica e social da contorna en que se insiren.
Infraestruturas e vías de comunicación.
– Unhas infraestruturas de transporte terrestre axeitadas ao territorio polo cañ discorren, deseñadas tendo en conta criterios paisaxísticos, con noiros integrados na paisaxe e cuxo deseño procure manter a conectividade ecolóxica e o réxime das augas existentes.
– Unhas infraestruturas de comunicación consideradas como itinerarios panorámicos receptores das vistas dos territorios que atravesan e, por tanto, lugares estratéxicos para a percepción da paisaxe.
Bancais, socalcos, peches, valados ou sebes.
– Uns bancais, socalcos, peches tradicionais, valados ou sebes que preserven as súas características orixinarias, mantendo patróns, morfotipoloxías e calquera das estruturas que os configuran, sexan construídos ou naturais.
– Uns bancais e socalcos que conserven a súa funcionalidade produtiva e de delimitación, mantendo a actividade agrícola tradicional que os orixinou e nos cales se eviten alteracións topográficas que modifiquen a súa morfoloxía ou uniformicen o espazo en que se asentan.
– Uns valos, delimitacións e peches tradicionais que se conserven en bo estado, mantendo a súa función de definidores do parcelario e que sexan respectados no caso de introducir novos modelos produtivos. Unhas sebes e chousumes que manteñan a súa función como conectores ecolóxicos, sexan de arboredo, mato ou terra.
Elementos do patrimonio cultural material.
– Un patrimonio cultural protexido, respectado e integrado nas escenas paisaxísticas en que se asenta, atendendo á súa relación con outros elementos configuradores da matriz paisaxística e na procura dunha correcta xestión ou recuperación no caso de ser preciso.
– Un patrimonio material reflexo das interaccións pasadas entre o ser humano e o territorio, expresión territorial das condicións socioeconómicas dos diversos períodos históricos e posto en valor a través do seu estudo e divulgación.
– Uns elementos do patrimonio material identificados como configuradores da paisaxe, compatibilizando a súa presenza coa doutros valores estéticos, naturais e produtivos.
Elementos do patrimonio cultural inmaterial.
– Un patrimonio inmaterial (arte, literatura, pintura, toponimia, etnoloxía, etnografía, etc.) inventariado e catalogado para determinar a súa influencia como configurador do territorio e posto en valor como elemento integrante da paisaxe, mediante a súa preservación, xestión e recuperación.
Sendas, Camiño de Santiago e vías históricas e tradicionais.
– Unha matriz paisaxística na contorna dos Camiños de Santiago ben conservada mediante a protección de todos aqueles elementos que constitúen a paisaxe cultural que conforma o Camiño de Santiago e a minimización das afeccións ás liñas estruturais da paisaxe vinculada ao camiño: elementos lineais (peches tradicionais, sebes, arbordos, etc.), sistema viario adxacente, cursos de auga, modelo parcelario e sistema de cultivos, valores ambientais, fisiografía e relevo, infraestruturas, núcleos de poboación e patrimonio material e inmaterial.
– Unha rede de camiños, carreiros e vías históricas (vías romanas, camiño reais, camiños de arrieiros, camiños de misa, vías pecuarias, etc.) que conserven as súas características primixenias e postos en valor como articuladores históricos do territorio fomentando o coñecemento das trazas, as lendas, as tradicións e as prácticas vinculadas a eles.
Miradoiros e puntos de observación.
– Unha rede de miradoiros que proporcione espazos de observación accesibles a toda a cidadanía e que conte con medios para a interpretación do territorio. A través desta rede porase en valor a diversidade paisaxística e a parte perceptiva-vivencial da paisaxe.
– Unha rede de miradoiros e puntos de observación postos en valor de xeito integral como recurso territorial, formando parte de estratexias turísticas, de lecer e similares.
1.5. OCP para grandes áreas paisaxísticas.
Os obxectivos de calidade paisaxística (OCP) determinados como consecuencia do proceso de participación pública identifícanse cun código de catro caracteres A_B_C_D. A é un número, entre 1 e 13, que indica o uso ou cobertura desa unidade de paisaxe (ás unidades de paisaxe definidas no POL asignóuselles o código 13). B é unha letra que fai referencia á xeomorfoloxía da unidade (A=canóns, B=chairas e vales, C=serras). C é un número entre 1 e 4 que indica o escenario resultante da participación pública (1=xestión, 2=ordenación, 3=protección, 4=xestión); nos tipos de paisaxe para os cales non se puido dispoñer dun escenario resultante da participación pública, este carácter é un X. D é un número correlativo para identificar individualmente cada OCP; nalgún caso, este numerador desagrégase en dous, designados a e b.
1.5.1. OCP para serras orientais.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para serras orientais.
7C_3. Uns agrosistemas extensivos nas serras conformados por combinacións harmónicas de pastos e prados, áreas de matogueira, rochedos e bosques, nos cales se conserven os valores ecolóxicos e produtivos dos prados e os sistemas de delimitación tradicionais.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
7B_3. Un agrosistema extensivo que conserve os seus valores naturais, ecolóxicos e paisaxísticos, con diversidade textural e integrado cos espazos de valor natural circundantes.
3B_3. Uns bosques nas chairas e vales ben conservados, integrados nas paisaxes das contornas que os acollen e que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque a compactidade e defina a funcionalidade dos espazos, xerando unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
12C_2. Unhas explotacións extractivas nas serras planificadas segundo criterios de explotación acordes cos valores paisaxísticos da contorna, dimensionadas axeitadamente, minimizando o seu impacto visual e tendo presente desde o inicio da explotación a conservación do valor paisaxístico da súa contorna e a restauración ambiental, topográfica e paisaxística do lugar.
2B_3. Unhas matogueiras nas que se compaxine a actividade produtiva agropecuaria propia das chairas e dos vales coa preservación do seu ecosistema e a protección dos ámbitos de alto valor ecolóxico.
3C_3. Uns bosques nas serras nos cales se protexa a riqueza e variedade ecolóxica, afianzando a presenza de especies autóctonas e compatibilizando isto con actividades produtivas sustentables.
1A_3. Unhas láminas de auga nos canóns e os seus bosques de ribeira ben conservados e que actúen como corredores ecolóxicos, paisaxísticos e territoriais, grazas a unha xestión que teña en conta as especiais condicións edafolóxicas e orográficas.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema extensivo en serras.
7C_3_1. Un agrosistema extensivo na serra con valores produtivos e estéticos, que deben ser obxecto de conservación e en que se manteñan e melloren os seus elementos estruturais, respectando a flora e fauna e evitando a súa sobreexplotación e os incendios forestais.
7C_3_2. Unha combinación harmónica dos pastos e prados naturais das serras, as áreas de matogueira, os rochedos e os bosques, evitando a proliferación arbustiva ou o monte residual xerados polos procesos de abandono e cun mantemento do ciclo ecolóxico que permita a configuración do pasto natural, nomeadamente o sistema hídrico dentro das brañas.
7C_3_3. Un agrosistema extensivo nas serras cunhas delimitacións e marxes das parcelas acordes coa contorna, baseadas no mantemento axeitado dos peches tradicionais, sebes e arboredos ou novos sistemas de cerramento integrados na paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeira e queirogal húmido en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como, por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema extensivo en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
7B_3_1. Un agrosistema extensivo que conserve altos valores ecolóxicos e paisaxísticos, e sexa sustento dunha matriz paisaxística variada e non uniforme, cunha diversidade textural característica das paisaxes agrogandeiras. Uns espazos agrarios que manteñan o seu uso e se integren de xeito harmónico cos bosques e espazos de valor estético e natural circundantes.
7B_3_2. Un agrosistema extensivo nas chairas harmonizado con bosquetes conservados e protexidos de frondosas autóctonas, dentro dun modelo produtivo sustentable. Unhas novas pradarías en que se conserven ou creen novas sebes, muras, aliñamentos de árbores e outros sistemas de delimitación tradicionais da paisaxe ligados ao uso.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: bosque en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
3B_3_1. Uns bosques en que se preserven as masas arbóreas e a fauna autóctonas fronte á proliferación de especies alóctonas, procurando unha correcta integración entre os espazos de valor natural e os usos agrarios, gandeiros e forestais, que garanta o seu desfrute social. Os seus compoñentes florísticos e faunísticos garantirán o mantemento da súa funcionalidade ecolóxica, patrimonial, estética e produtiva como medio para evitar os incendios e para a súa boa conservación.
3B_3_2. Uns bosques en chairas e vales que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais e que manteñan unha conectividade que permita a estruturación da paisaxe. Uns bosques de ribeira que coexistan cos prados e pastos propios dos vales e que contribúan a evitar os procesos erosivos dos cursos fluviais.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: rururbano (diseminado) en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido, no cal as funcionalidades estean claras, de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme a asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_3_2_a. Uns asentamentos rurais que conserven as súas características tradicionais de xeito que se manteña o carácter propio do núcleo preexistente e a vinculación á súa contorna. As edificacións tradicionais estarán conservadas e valorizadas, cos seus materiais preservados, así como cos seus volumes e formas propios.
11B_3_2_b. Uns núcleos rurais tradicionais preservados de intervencións que desvirtúen a estrutura ou tipoloxía en que reside o seu carácter, incluíndo nelas os desenvolvementos urbanísticos, e que manteñan a súa individualidade ben definida sobre o continuo natural e agrario do territorio, como unidades produtivas e sociais que son.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: extractivo en serras.
12C_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12C_2_2. Unhas explotacións extractivas ben integradas na paisaxe da contorna e nas que se leven a cabo labores de mellora e recuperación de xeito simultáneo á explotación, así como tras o cesamento da actividade. Un modelo extractivo en que se preste especial atención á integración na contorna e á conservación do valor da paisaxe orixinal, así como á creación dunha nova paisaxe de calidade tras a súa vida útil, de xeito que se manteñan os valores primixenios das áreas propias e estremeiras.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeira e queirogal húmido en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
2B_3_1. Unhas matogueiras, turbeiras e rochedos ben conservadas a través dunha actividade agropecuaria que manteña espazos vivos e resilientes ante as dinámicas de abandono e a proliferación de especies invasoras, mediante criterios produtivos ecoloxicamente viables e contribuíndo a unha paisaxe de calidade natural e variedade textural.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: bosque en serras.
3C_3_1. Uns bosques nas serras nos cales se conserve unha elevada diversidade ecolóxica, atendendo á variedade de ambientes xeomorfolóxicos e bioclimáticos, e nos cales se tenda a unha conservación e/ou expansión da súa superficie mediante especies autóctonas que outorguen variedade ecolóxica e textural compatible con actividades produtivas sustentables e complementarias.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: lámina de auga en canóns.
1A_3_1. Unhas láminas de auga en canóns cos seus bosques de ribeira e as súas contornas ben conservadas e postas en valor como corredores naturais que manteñen a conectividade ecolóxica, paisaxística e territorial entre os diferentes ámbitos por que discorren. Uns espazos con valores ecolóxicos e estéticos protexidos e compatibles coas actividades produtivas, deportivas e de lecer mediante o establecemento de medidas que teñan en conta as condicións orográficas e edafolóxicas propias dos canóns.
1A_3_2. Uns ríos protexidos e postos en valor como espazos singulares de relevancia estética e natural, mediante actuacións que atendan a criterios de sustentabilidade e respecto coa contorna.
1.5.2. OCP para serras surorientais.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para serras surorientais.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
7C_1. Uns pastos de serra e prados naturais conformados por unha combinación harmónica de pastos, prados naturais, matogueiras, rochedos e bosques, nos cales se xestionen os valores produtivos tendo en conta criterios paisaxísticos.
5C_4. Uns mosaicos agroforestais nas serras que manteñan unha paisaxe agraria de calidade variada.
6C_4. Unhas plantacións forestais nas serras con diversidade textural e de especies, xestionadas por instrumentos de xestión forestal que contribúan á súa riqueza paisaxística.
1C_3. Unhas láminas de auga e a súa vexetación de ribeira ben conservados como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, conservando as características topográficas dos espazos de serra.
8A_3. Canóns con usos vitivinícolas tradicionais ben conservados a través dun modelo de produción sustentable e respectuoso coa contorna, que recupere e integre paisaxisticamente os elementos configuradores da paisaxe tradicional.
3B_3. Uns bosques nas chairas e vales ben conservados, integrados nas paisaxes das contornas que os acollen e que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais.
1A_4. Unhas láminas de auga nos canóns e a súa contorna xestionadas para mantelas libres de degradacións e afeccións, e que sexan fonte de desfrute para a sociedade.
12C_2. Unhas explotacións extractivas nas serras planificadas segundo criterios de explotación acordes cos valores paisaxísticos da contorna, dimensionadas axeitadamente, minimizando o seu impacto visual e tendo presente desde o inicio da explotación a conservación do valor paisaxístico da súa contorna e a restauración ambiental, topográfica e paisaxística do lugar.
4C_3. Uns terreos de cultivo nas serras que preserven a relación entre o espazo cultivado e o de habitación, conservando a súa diversidade textural e estrutural, e tendo en conta as condicións xeomorfolóxicas e edafolóxicas.
11C_1/3. Uns ámbitos rururbanos e núcleos rurais nas serras que se integren no modelo de asentamento propio do ámbito, adaptando as novas edificacións ás tipoloxías arquitectónicas propias de cada zona montañosa e conservando en bo estado a arquitectura popular e os elementos de valor patrimonial e cultural.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogal húmido en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como, por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema extensivo en serras.
7C_1_1. Un agrosistema extensivo nas serras con valores produtivos e estéticos, que deben ser obxecto de xestión e cales que se manteñan e melloren os seus elementos estruturais, respectando a flora e fauna e evitando a súa sobreexplotación, alteracións topográficas e procesos erosivos.
7C_1_2. Unha combinación harmónica dos pastos e prados naturais, das áreas de matogueira, rochedos e bosques, evitando a proliferación arbustiva ou o monte residual xerados polos procesos de abandono.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en serras.
5C_4_1. Un agrosistema intensivo de mosaico agroforestal na serra no cal os diferentes usos se localicen nas zonas máis aptas para eles, tendo en conta criterios de aptitude e garantindo simultaneamente unha paisaxe agraria de calidade. Ámbitos en que coexistan harmonicamente os diferentes usos, flora e fauna, mantendo os elementos estruturantes propios da xestión tradicional destes espazos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en serras.
6C_4_1. Uns agrosistemas intensivos de plantación forestal nas serras con masas mixtas que favorezan a diversidade textural, xestionados por instrumentos de xestión forestal que, tendo en conta criterios paisaxísticos, establezan medidas para a súa ordenación, uso e mantemento. A diversidade textural e de especies destas plantacións forestais planificarase tendo en conta a altitude, as especies propias da zona, a conformación de masas mixtas con especies acompañantes da principal e a multifuncionalidade dos montes.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: lámina de auga en serras.
1C_3_1. Unhas láminas de auga nas serras, así como as súas contornas, protexidas como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns cursos fluviais e os seus elementos construídos tradicionais en bo estado de conservación e sen afeccións.
1C_3_2. Unhas contornas dos cursos fluviais nas serras conservadas polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal, que manteñan as características topográficas dos espazos de serra que eviten procesos de erosión ou arrastres e respectando os bosques de ribeira.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: viña en canóns.
8A_3_1. Unhas viñas nos canóns que respecten as morfotipoloxías tradicionais de adaptación a espazos singulares, como poden ser bancais e socalcos. Para iso respectarase o parcelario tradicional adaptado ás pendentes propias dos canóns, evitando alteracións topográficas que xeren procesos erosivos e grandes explotacións uniformes que deriven en paisaxes de viño monótonas, co fin de preservar o seu valor estético.
8A_3_2. Un modelo de produción sustentable e respectuoso coa contorna, con viñas que primen o cultivo tradicional e promovan os valores naturais propios dos espazos de canóns. Unha cultura vitivinícola potenciada e cunha imaxe de alta calidade, desenvolvida nos seus aspectos produtivos, económicos, turísticos, educativos e sociais.
8A_3_3. Unhas viñas nos canóns nas cales se xestione de modo integral a paisaxe cultural que conforma o proceso de elaboración do viño, atendendo ás diversidades de cada demarcación xeográfica: plantación e colleita da vide, morfotipoloxías, edificacións, experiencias prácticas vinculadas, eventos e celebracións.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: bosque en chairas e vales interiores.
3B_3_1. Uns bosques en que se preserven as masas arbóreas e a fauna autóctonas fronte á proliferación de especies alóctonas, procurando unha correcta integración entre os espazos de valor natural e os usos agrarios, gandeiros e forestais, que garanta o seu desfrute social. Os seus compoñentes florísticos e faunísticos garantirán o mantemento da súa funcionalidade ecolóxica, patrimonial, estética e produtiva como medio para evitar os incendios e para a súa boa conservación.
3B_3_2. Uns bosques en chairas e vales que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais e que manteñan unha conectividade que permita a estruturación da paisaxe. Uns bosques de ribeira que coexistan cos prados e pastos propios dos vales e que contribúan a evitar os procesos erosivos dos cursos fluviais.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: lámina de auga en canóns.
1A_4_1. Unhas láminas de auga nos canóns e na súa contorna xestionadas para mantelas libres de degradacións e afeccións, de xeito que se conserven os seus valores naturais, ecolóxicos e paisaxísticos e sexan fonte de desfrute para a sociedade.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: extractivo en serras.
12C_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12C_2_2. Unhas explotacións extractivas ben integradas na paisaxe da contorna e nas que se leven a cabo labores de mellora e recuperación de xeito simultáneo á explotación, así como tras o cesamento da actividade. Un modelo extractivo en que se preste especial atención á integración na contorna e á conservación do valor da paisaxe orixinal, así como á creación dunha nova paisaxe de calidade tras a súa vida útil, de xeito que se manteñan os valores primixenios das áreas propias e estremeiras.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (cultivo) en serras.
4C_3_1. Un agrosistema intensivo de cultivo nas serras que conserve a súa diversidade produtiva e textural, mantendo a heteroxeneidade estrutural de cultivos, peches e parcelario e a combinación harmoniosa cos espazos agrarios extensivos e forestais e de habitación circundantes, tendo en conta as condicións xeomorfolóxicas e topográficas co fin de preservar os cultivos de montaña, coidando as condicións edafolóxicas e hidrográficas da súa contorna para evitar procesos erosivos.
4C_3_2. Uns cultivos nas serras que manteñan a estrutura histórica do territorio, co fin de preservar a relación entre os asentamentos e os espazos de monte, evitando grandes extensións de cultivo ou outros usos que rachen a integración cos asentamentos, as agras e outros espazos abertos que os caracterizan.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: rururbano (diseminado) en serras.
11C_1_1. Unhas edificacións diseminadas nas serras xestionadas de forma orgánica co espazo construído preexistente e que se integren no modelo de asentamento propio do seu ámbito. Os desenvolvementos necesarios planificaranse atendendo aos valores patrimoniais e estéticos dos asentamentos, adaptando volumes, alturas, materiais e tipoloxías ás edificacións previas e ás características morfolóxicas e topográficas dos espazos de serra en que se asentan. Unhas transicións entre espazos de habitación e outros usos, ben definidas e harmoniosas, e unha definición clara das funcionalidades dos diferentes espazos e do patrón de asentamentos.
11C_3_1. Uns núcleos rurais tradicionais nas serras nos cales se manteña en bo estado a arquitectura popular e os elementos construídos de valor patrimonial e significación etnográfica. A morfoloxía dos núcleos será respectada, tendo en conta a súa adaptación aos espazos de serra en que se asenta e a relación co espazo circundante de valor produtivo e/ou natural.
1.5.3. OCP para chairas e fosas luguesas.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para chairas e fosas luguesas.
5B_2. Un mosaico agroforestal ordenado, estruturado internamente segundo un modelo produtivo sustentable e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, no cal se recupere a variedade estética e textural propia do mosaico.
6B_4. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva, xestionada polos instrumentos de planificación forestal, cunha paisaxe de calidade.
7B_3. Un agrosistema extensivo que conserve os seus valores naturais, ecolóxicos e paisaxísticos, con diversidade textural e integrado cos espazos de valor natural circundantes.
5C_2. Uns mosaicos agroforestais nas serras ordenados e que recuperen o esquema organizativo propio dos espazos de serra, acadando unha estrutura en que os diferentes usos ocupen os espazos aptos para eles.
6C_4. Unhas plantacións forestais nas serras con diversidade textural e de especies, xestionadas por instrumentos de xestión forestal que contribúan á súa riqueza paisaxística.
4B_1. Uns terreos de cultivo en chairas e vales xestionados de forma que se compaxine a produtividade agrícola cunha matriz paisaxística variada e coa posible conservación dos elementos que configuran a paisaxe agraria tradicional.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
1B_3. Unhas láminas de augas en chairas e vales e a súa vexetación de ribeira ben conservadas como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, e ben integradas nos ámbitos urbanos.
7C_3. Uns agrosistemas extensivos nas serras conformados por combinacións harmónicas de pastos e prados, áreas de matogueira, rochedos e bosques, nos cales se conserven os valores ecolóxicos e produtivos dos prados e os sistemas de delimitación tradicionais.
3B_3. Uns bosques nas chairas e vales ben conservados, integrados nas paisaxes das contornas que os acollen e que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais.
9B_2. Uns espazos urbanos cun crecemento controlado, nos cales se promova a compactidade urbana, a integración paisaxística e a conservación dos elementos con valor paisaxístico.
9B_4. Uns espazos urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á súa compactidade e integración paisaxística.
10B_4. Uns conxuntos históricos cunha estrutura e elementos característicos ben xestionados e planificados, nos cales se desenvolva unha variedade de usos que favoreza a súa conservación e habitabilidade.
4C_1. Uns cultivos nas serras xestionados e explotados de xeito sustentable de acordo coas súas condicións xeomorfolóxicas, edafolóxicas e hidrográficas, nos cales se manteñan as estruturas agrarias que achegan carácter.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque a compactidade e defina a funcionalidade dos espazos, xerando unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en vales sublitorais ou chairas e vales interiores.
5B_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) ordenado, no cal se harmonice a presenza das plantacións forestais cos usos agrarios, organizando os cultivos segundo a vocación e capacidade produtiva da terra para acadar un modelo produtivo sustentable. Un mosaico estruturado internamente e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, co fin de evitar contrastes abruptos.
5B_2_2. Un mosaico agroforestal en que se recupere a variedade estética e textural, e os valores ecolóxicos asociados, con transicións harmónicas entre usos que respecten a vexetación e os sistemas de peche existentes nos lindes, e no cal se promova a consolidación e expansión de especies autóctonas variadas que doten o mosaico de diversidade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en vales sublitorais ou chairas e vales interiores.
6B_4_1. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva cunha paisaxe de calidade estética (mestura de especies, plantacións de diferente idade, bordos harmónicos, etc.) e que estean ben adaptadas á orografía propia dos espazos chans e dos vales. Uns espazos forestais xestionados polos instrumentos de planificación forestal, tendo en conta criterios paisaxísticos e buscando unha diversidade de usos e valores, expresión dun sistema de explotación sustentable.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema extensivo en vales sublitorais ou chairas e vales interiores.
7B_3_1. Un agrosistema extensivo que conserve altos valores ecolóxicos e paisaxísticos, e sexa sustento dunha matriz paisaxística variada e non uniforme, cunha diversidade textural característica das paisaxes agrogandeiras. Uns espazos agrarios que manteñan o seu uso e se integran de xeito harmónico cos bosques e espazos de valor estético e natural circundantes.
7B_3_2. Un agrosistema extensivo nas chairas harmonizado con bosquetes conservados e protexidos de frondosas autóctonas, dentro dun modelo produtivo sustentable. Unhas novas pradarías en que se conserven ou creen novas sebes, muras, aliñamentos de árbores e outros sistemas de delimitación tradicionais da paisaxe ligados ao uso.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en serras.
5C_2_1. A combinación de usos agrarios e forestais propia do agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) nas serras ordenarase en función das condicións edafolóxicas e topográficas dos espazos de serra, tendo en conta as pendentes e recuperando a estrutura interna deste tipo de mosaicos co fin de manter as súas capacidades produtivas e a súa variedade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en serras.
6C_4_1. Uns agrosistemas intensivos de plantación forestal nas serras con masas mixtas que favorezan a diversidade textural, xestionados por instrumentos de xestión forestal que, tendo en conta criterios paisaxísticos, establezan medidas para a súa ordenación, uso e mantemento. A diversidade textural e de especies destas plantacións forestais planificarase tendo en conta a altitude, as especies propias da zona, a conformación de masas mixtas con especies acompañantes da principal e a multifuncionalidade dos montes.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (cultivo) en vales sublitorais ou chairas e vales interiores.
4B_1_1. Un modelo produtivo nas superficies de cultivo das chairas e dos vales xestionado baixo criterios de sustentabilidade e na procura de integración paisaxística e ambiental do espazo agrario cos diversos usos con que o comparten os espazos de val. Unha xestión efectiva que compaxine os necesarios rendementos agrarios co mantemento dunha matriz paisaxística variada e heteroxénea. Unha paisaxe agraria xestionada para poñer en valor os produtos e os ámbitos produtivos agrícolas.
4B_1_2. Unhas paisaxes agrarias xestionadas integramente, incluíndo os diversos elementos que as configuran: parcelario, sistemas de peches, regadíos tradicionais, rede de vías tradicionais, construcións adxectivas, etc.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedos ou turbeira e queirogal húmido en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como, por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: lámina de auga en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
1B_3_1. Unhas láminas de auga nas chairas e vales e as súas ribeiras e zonas húmidas asociados, protexidos como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns ríos en bo estado, conservados de xeito que se manteña o seu percorrido e nos cales se protexan os elementos construídos tradicionais como parte da cultura fluvial.
1B_3_2. Uns cursos fluviais integrados nas tramas urbanas e considerados como un elemento paisaxístico no planeamento urbanístico, establecendo zonas de transición para amortecer o impacto da cidade e permitindo a maior visibilidade posible entre a paisaxe fluvial e os espazos públicos da cidade.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema extensivo en serras.
7C_3_1. Un agrosistema extensivo na serra con valores produtivos e estéticos, que deben ser obxecto de conservación e nos cales se manteñan e melloren os seus elementos estruturais, respectando a flora e fauna e evitando a súa sobreexplotación e os incendios forestais.
7C_3_2. Unha combinación harmónica dos pastos e prados naturais das serras, as áreas de matogueira, os rochedos e os bosques, evitando a proliferación arbustiva ou o monte residual xerados polos procesos de abandono e cun mantemento do ciclo ecolóxico que permita a configuración do pasto natural, nomeadamente o sistema hídrico dentro das brañas.
7C_3_3. Un agrosistema extensivo nas serras cunhas delimitacións e marxes das parcelas acordes coa contorna, baseadas no mantemento axeitado dos peches tradicionais, sebes e arboredos ou novos sistemas de cerramento integrados na paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: bosque en vales sublitorais ou chairas e vales interiores.
3B_3_1. Uns bosques en que se preserven as masas arbóreas e a fauna autóctonas fronte á proliferación de especies alóctonas, procurando unha correcta integración entre os espazos de valor natural e os usos agrarios, gandeiros e forestais, que garanta o seu desfrute social. Os seus compoñentes florísticos e faunísticos garantirán o mantemento da súa funcionalidade ecolóxica, patrimonial, estética e produtiva como medio para evitar os incendios e para a súa boa conservación.
3B_3_2. Uns bosques en chairas e vales que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais e que manteñan unha conectividade que permita a estruturación da paisaxe. Uns bosques de ribeira que coexistan cos prados e pastos propios dos vales e que contribúan a evitar os procesos erosivos dos cursos fluviais.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: urbano en vales sublitorais ou chairas e vales interiores.
9B_2_2. Unhas urbanizacións ordenadas e localizadas adecuadamente, con crecementos proporcionados, de escala axeitada ao territorio sobre o cal se insiren, nas cales se leven a cabo actuacións de mellora e integración paisaxística e deseñadas con criterios de integración na paisaxe da contorna.
9B_4_1. Uns centros urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á compactidade e á diversidade de usos compatibles co residencial, integrando as edificacións contemporáneas coa conservación dos valores propios do núcleo.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: conxunto histórico en chairas e vales interiores.
10B_4_1. Conxuntos históricos xestionados con criterios de mantemento da estrutura e dos elementos orixinais, priorizando a recuperación das edificacións existentes fronte a novas construcións e cunha vertebración a través dos espazos públicos. Uns espazos urbanos vivos, habitados e con diversidade de usos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (cultivo) en serras.
4C_1_1. Uns cultivos localizados nas serras xestionados de acordo coas súas condicións xeomorfolóxicas e topográficas co fin de preservar os cultivos, respectando as condicións edafolóxicas e hidrográficas da súa contorna para evitar procesos erosivos. A xestión sustentable permitirá unha rendibilidade económica, respectando o carácter propio deste tipo de paisaxe e os seus elementos tradicionais, como poden ser a estrutura parcelaria e os sistemas de peche.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: rururbano (diseminado) en vales sublitorais ou chairas e vales interiores.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido, no cal as funcionalidades estean claras, de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme a asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_1_2. Núcleos rurais tradicionais planificados segundo as necesidades de desenvolvemento, seguindo un modelo compacto e integrado na paisaxe, sen construcións que desvirtúen a súa identidade e con novas edificacións acordes coa súa imaxe, adaptadas á topografía e ás vías existentes, de xeito que se manteña e reforce a súa configuración característica.
1.5.4. OCP para chairas, fosas e serras ourensás.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para chairas, fosas e serras ourensás.
7C_3. Uns agrosistemas extensivos nas serras conformados por combinacións harmónicas de pastos e prados, áreas de matogueira, rochedos e bosques en que se conserven os valores ecolóxicos e produtivos dos prados e os sistemas de delimitación tradicionais.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
7B_3. Un agrosistema extensivo que conserve os seus valores naturais, ecolóxicos e paisaxísticos, con diversidade textural e integrado cos espazos de valor natural circundantes.
4C_3. Uns terreos de cultivo nas serras que preserven a relación entre o espazo cultivado e o de habitación, conservando a súa diversidade textural e estrutural, e tendo en conta as condicións xeomorfolóxicas e edafolóxicas.
3C_3. Uns bosques nas serras nos cales se protexa a riqueza e variedade ecolóxica, afianzando a presenza de especies autóctonas e compatibilizando isto con actividades produtivas sustentables.
5C_2. Uns mosaicos agroforestais nas serras ordenados e que recuperen o esquema organizativo propio dos espazos de serra, acadando unha estrutura en que os diferentes usos ocupen os espazos aptos para eles.
6C_2. Unhas paisaxes forestais nas serras ordenadas de xeito que se compatibilicen as súas funcións ecolóxica e produtiva, procurando espazos de diversidade textural e a protección fronte a procesos erosivos.
1B_3. Unhas láminas de augas en chairas e vales e a súa vexetación de ribeira ben conservadas como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, e ben integradas nos ámbitos urbanos.
2B_3. Unhas matogueiras en que se compaxine a actividade produtiva agropecuaria propia das chairas e dos vales coa preservación do seu ecosistema e a protección dos ámbitos de alto valor ecolóxico.
3B_3. Uns bosques nas chairas e vales ben conservados, integrados nas paisaxes das contornas que os acollen e que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais.
4B_3. Uns terreos de cultivo en chairas e vales que conserven unha paisaxe agraria viva e variada, na cal se compaxinen os valores produtivos cos naturais e estéticos, permitindo fixar poboación no medio rural mediante un modelo sustentable que leve á conservación dos diversos elementos das paisaxes agrarias.
5B_2. Un mosaico agroforestal ordenado, estruturado internamente segundo un modelo produtivo sustentable e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, no cal se recupere a variedade estética e textural propia do mosaico.
6B_2. Unhas plantacións forestais ordenadas con criterios de sustentabilidade e eficiencia, localizadas nas áreas máis propicias sen invadir as áreas propias doutros usos e compostas por masas mixtas que fornezan variedade textural e ecolóxica.
8B_3. Uns espazos de viña nas chairas e nos vales conservados e mantidos en boas condicións, seguindo criterios produtivos, estéticos e identitarios, de xeito que se maximice a integración paisaxística das infraestruturas.
9B_4. Uns espazos urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á súa compactidade e integración paisaxística.
10B_4. Uns conxuntos históricos cunha estrutura e elementos característicos ben xestionados e planificados, nos cales se desenvolva unha variedade de usos que favoreza a súa conservación e habitabilidade.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque a compactidade e defina a funcionalidade dos espazos, xerando unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
12B_2. Unhas explotacións extractivas localizadas onde o seu impacto visual sexa mínimo, ben integradas paisaxisticamente e nas cales se leven a cabo actuacións de mellora e restauración da paisaxe.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema extensivo en serras.
7C_3_1. Un agrosistema extensivo na serra con valores produtivos e estéticos, que deben ser obxecto de conservación e nos cales se manteñan e melloren os seus elementos estruturais, respectando a flora e a fauna e evitando a súa sobreexplotación e os incendios forestais.
7C_3_2. Unha combinación harmónica dos pastos e prados naturais das serras, as áreas de matogueira, os rochedos e os bosques, evitando a proliferación arbustiva ou o monte residual xerados polos procesos de abandono e cun mantemento do ciclo ecolóxico que permita a configuración do pasto natural, nomeadamente o sistema hídrico dentro das brañas.
7C_3_3. Un agrosistema extensivo nas serras cunhas delimitacións e marxes das parcelas acordes coa contorna, baseadas no mantemento axeitado dos peches tradicionais, sebes e arboredas ou novos sistemas de cerramento integrados na paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedos ou turbeiras e queirogais húmidos en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema extensivo en chairas e vales interiores.
7B_3_1. Un agrosistema extensivo que conserve altos valores ecolóxicos e paisaxísticos e sexa sustento dunha matriz paisaxística variada e non uniforme, cunha diversidade textural característica das paisaxes agrogandeiras. Uns espazos agrarios que manteñan o seu uso e se integren de xeito harmónico cos bosques e espazos de valor estético e natural circundantes.
7B_3_2. Un agrosistema extensivo nas chairas harmonizado con bosquetes conservados e protexidos de frondosas autóctonas, dentro dun modelo produtivo sustentable. Unhas novas pradarías en que se conserven ou creen novas sebes, muras, aliñamentos de árbores e outros sistemas de delimitación tradicionais da paisaxe ligados ao uso.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (cultivo) en serras.
4C_3_1. Un agrosistema intensivo de cultivo nas serras que conserve a súa diversidade produtiva e textural, mantendo a heteroxeneidade estrutural de cultivos, peches e parcelario e a combinación harmoniosa cos espazos agrarios extensivos e forestais, e de habitación circundantes, tendo en conta as condicións xeomorfolóxicas e topográficas co fin de preservar os cultivos de montaña, coidando as condicións edafolóxicas e hidrográficas da súa contorna para evitar procesos erosivos.
4C_3_2. Uns cultivos nas serras que manteñan a estrutura histórica do territorio, co fin de preservar a relación entre os asentamentos e os espazos de monte, evitando grandes extensións de cultivo ou outros usos que rachen a integración cos asentamentos, as agras e outros espazos abertos que os caracterizan.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: bosque en serras.
3C_3_1. Uns bosques nas serras nos cales se conserve unha elevada diversidade ecolóxica, atendendo á variedade de ambientes xeomorfolóxicos e bioclimáticos, e nos cales se tenda a unha conservación e/ou expansión da súa superficie mediante especies autóctonas que outorguen variedade ecolóxica e textural compatible con actividades produtivas sustentables e complementarias.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en serras.
5C_2_1. A combinación de usos agrarios e forestais propia do agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) nas serras ordenarase en función das condicións edafolóxicas e topográficas dos espazos de serra, tendo en conta as pendentes e recuperando a estrutura interna deste tipo de mosaicos co fin de manter as súas capacidades produtivas e a súa variedade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en serras.
6C_2_1. Unhas paisaxes forestais nas serras ordenadas que teñan como obxectivo acadar unha máxima biodiversidade e se adapten ás condicións orográficas dos espazos montañosos co fin de evitar procesos erosivos e preservar os trazos edafolóxicos, compatibilizando a función ecolóxica e a produtiva. Procuraranse masas arbóreas variadas e irregulares que fornezan heteroxeneidade de texturas e formas, con bordos que eviten aspectos lonxitudinais.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: lámina de auga en chairas e vales interiores.
1B_3_1. Unhas láminas de auga nas chairas e vales e as súas ribeiras e zonas húmidas asociadas, protexidos como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns ríos en bo estado, conservadas de xeito que se manteña o seu percorrido, e nos cales se protexan os elementos construídos tradicionais como parte da cultura fluvial.
1B_3_2. Uns cursos fluviais integrados nas tramas urbanas e considerados como un elemento paisaxístico no planeamento urbanístico, establecendo zonas de transición para amortecer o impacto da cidade e permitindo a maior visibilidade posible entre a paisaxe fluvial e os espazos públicos da cidade.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
2B_3_1. Unhas matogueiras, turbeiras e rochedos ben conservados a través dunha actividade agropecuaria que manteña espazos vivos e resilientes ante as dinámicas de abandono e a proliferación de especies invasoras, mediante criterios produtivos ecoloxicamente viables e que contribúan a unha paisaxe de calidade natural e variedade textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: bosque en chairas e vales interiores.
3B_3_1. Uns bosques en que se preserven as masas arbóreas e a fauna autóctonas fronte á proliferación de especies alóctonas, procurando unha correcta integración entre os espazos de valor natural e os usos agrarios, gandeiros e forestais, que garanta o seu desfrute social. Os seus compoñentes florísticos e faunísticos garantirán o mantemento da súa funcionalidade ecolóxica, patrimonial, estética e produtiva como medio para evitar os incendios e para a súa boa conservación.
3B_3_2. Uns bosques en chairas e vales que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais, e que manteñan unha conectividade que permita a estruturación da paisaxe. Uns bosques de ribeira que coexistan cos prados e pastos propios dos vales e que contribúan a evitar os procesos erosivos dos cursos fluviais.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (cultivo) en chairas e vales interiores.
4B_3_1. Un agrosistema intensivo (superficie de cultivo) ben conservado fronte ao abandono, no cal se compaxine o mantemento do valor natural, cultural e estético das paisaxes agrarias tradicionais (sistemas de cultivos, infraestruturas tradicionais, etc.) co valor produtivo dentro dun modelo sustentable e economicamente rendible. Un modelo sustentable que compatibilice cultivos e pradarías cunha alta produtividade coa conservación da vexetación tradicional dos bordos das parcelas para o mantemento da estrutura de mosaico e da diversidade textural. A protección da paisaxe agraria orientarase á xeración de valor ao redor dos produtos e aos ámbitos produtivos agrícolas e, por tanto, á mellora da calidade de vida da poboación rural.
4B_3_2. Unhas superficies de cultivo en que se preserve a harmonía e calidade da paisaxe, tanto na estruturación interna do espazo cultivado como na súa relación cos usos circundantes, atendendo especialmente aos agrosistemas forestais e extensivos e aos espazos de habitación propios das chairas e vales. Unha estrutura histórica ben preservada en que se conserven as agras e outros espazos abertos que os caracterizan.
4B_3_3. Uns terreos de cultivo en que se conserven os diversos elementos que os configuran e que outorgan diversidade de valores naturais, estéticos e patrimoniais a estas paisaxes produtivas, como poden ser o modelo parcelario, sistemas de peches, regadíos tradicionais, arquitectura popular propia de ámbitos agrarios e gandeiros, edificacións auxiliares, rede de vías tradicionais e, en xeral, todos aqueles elementos configuradores da paisaxe e que teñen vinculación directa ou indirecta coas prácticas agrarias.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en chairas e vales interiores.
5B_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) ordenado, no cal se harmonice a presenza das plantacións forestais cos usos agrarios, organizando os cultivos segundo a vocación e capacidade produtiva da terra para acadar un modelo produtivo sustentable. Un mosaico estruturado internamente e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, co fin de evitar contrastes abruptos.
5B_2_2. Un mosaico agroforestal en que se recupere a variedade estética e textural e os valores ecolóxicos asociados, con transicións harmónicas entre usos que respecten a vexetación e os sistemas de peche existentes nos lindes, e no cal se promova a consolidación e a expansión de especies autóctonas variadas que doten o mosaico de diversidade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en chairas e vales interiores.
6B_2_1. Un agrosistema intensivo de plantacións forestais ordenadas polas normas e instrumentos de planificación forestal, localizadas de xeito controlado e compatible coa diversidade de usos, cun sistema de pistas forestais adecuadas e planificadas, e composto por unha variedade de especies en que predominen as autóctonas.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: viña en chairas e vales interiores.
8B_3_1. Unhas viñas nas zonas de chaira e vales e que se preserven os elementos construídos tradicionais que as dotan de funcionalidade e carácter. Todo iso co fin de potenciar unha cultura e imaxe do viño asociadas á paisaxe e ao territorio.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: urbano en chairas e vales interiores.
9B_2_1. Uns núcleos urbanos ordenados, nos cales se promova a compactidade do núcleo, a diversidade de usos compatibles co residencial e a ordenación dos valores paisaxísticos como os elementos construídos con valor histórico, cultural ou patrimonial. Buscarase a integración das edificacións contemporáneas cos valores propios do núcleo e a creación de zonas de transición coa contorna agrícola e natural axeitadas.
9B_4_2. Unhas urbanizacións xestionadas adecuadamente, con crecementos proporcionados, de escala axeitada ao territorio sobre o cal se insiren, e mantidas e xestionadas con criterios de mellora paisaxística.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: conxunto histórico en chairas e vales interiores.
10B_4_1. Conxuntos históricos xestionados con criterios de mantemento da estrutura e dos elementos orixinais, priorizando a recuperación das edificacións existentes fronte a novas construcións e cunha vertebración a través dos espazos públicos. Uns espazos urbanos vivos, habitados e con diversidade de usos.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: rururbano (diseminado) en chairas e vales interiores.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido e no cal as funcionalidades estean claras de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme a asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_3_2_a. Uns asentamentos rurais que conserven as súas características tradicionais de xeito que se manteña o carácter propio do núcleo preexistente e a vinculación á súa contorna. As edificacións tradicionais estarán conservadas e valorizadas, cos seus materiais preservados, así como cos seus volumes e formas propios.
11B_3_2_b. Uns núcleos rurais tradicionais preservados de intervencións que desvirtúen a estrutura ou tipoloxía nas cales reside o seu carácter, incluíndo nestas os desenvolvementos urbanísticos, e que manteñan a súa individualidade ben definida sobre o continuo natural e agrario do territorio, como unidades produtivas e sociais que son.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: extractivo en chairas e vales interiores.
12B_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12B_2_2. Unhas explotacións extractivas ben integradas na paisaxe da contorna e nas cales se leven a cabo labores de mellora e recuperación de xeito simultáneo á explotación, así como tras o cesamento da actividade, empregando, sempre que sexa posible e de acordo coa vexetación da contorna, especies autóctonas.
1.5.5. OCP para ribeiras encaixadas do Miño e do Sil.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para ribeiras encaixadas do Miño e do Sil.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
2B_3. Unhas matogueiras en que se compaxine a actividade produtiva agropecuaria propia das chairas e dos vales coa preservación do seu ecosistema e a protección dos ámbitos de alto valor ecolóxico.
7C_3. Uns agrosistemas extensivos nas serras conformados por combinacións harmónicas de pastos e prados, áreas de matogueira, rochedos e bosques, nos cales se conserven os valores ecolóxicos e produtivos dos prados e os sistemas de delimitación tradicionais.
1A_3. Unhas láminas de auga nos canóns e os seus bosques de ribeira ben conservados e que actúen como corredores ecolóxicos, paisaxísticos e territoriais grazas a unha xestión que teña en conta as especiais condicións edafolóxicas e orográficas.
8B_1. Unhas viñas nas chairas e vales xestionados respectando os valores naturais, estéticos, produtivos e patrimoniais asociados a este tipo de paisaxe co fin de dar continuidade á tradición histórica de cada unha das áreas vitivinícolas.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque a compactidade e defina a funcionalidade dos espazos, xerando unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
3A_3. Uns bosques nos canóns que manteñan a súa biodiversidade, procurando a continuidade ou o aumento da superficie con presenza de especies autóctonas, atendendo ás formas, pendentes e solos propios dos canóns.
1B_3. Unhas láminas de augas en chairas e vales e a súa vexetación de ribeira ben conservadas como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, e ben integradas nos ámbitos urbanos.
2A_3. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nos canóns que contribúan a conservar a morfoloxía sobre a cal se asentan, a composición da cobertoira vexetal e o seu substrato, como imaxe característica dos canóns e preservada de xeito global ante intervencións agresivas.
3B_3. Uns bosques nas chairas e vales ben conservados, integrados nas paisaxes das contornas que os acollen e que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais.
5B_2. Un mosaico agroforestal ordenado, estruturado internamente segundo un modelo produtivo sustentable e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, no cal se recupere a variedade estética e textural propia do mosaico.
5C_4. Uns mosaicos agroforestais nas serras que manteñan unha paisaxe agraria de calidade variada.
6C_4. Unhas plantacións forestais nas serras con diversidade textural e de especies, xestionadas por instrumentos de xestión forestal que contribúan á súa riqueza paisaxística.
7B_1. Uns prados e cultivos extensivos nas chairas e nos vales xestionados para evitar o abandono e integrados cos espazos de valor natural circundantes.
8A_1. Unhas viñas en canóns xestionados con modelos de cultivo que manteñan as condicións naturais, topográficas, patrimoniais, texturais e estéticas propias dos espazos de canóns.
9B_2. Uns espazos urbanos cun crecemento controlado, nos cales se promova a compactidade urbana, a integración paisaxística e a conservación dos elementos con valor paisaxístico.
10B_4. Uns conxuntos históricos cunha estrutura e elementos característicos ben xestionados e planificados, nos cales se desenvolva unha variedade de usos que favoreza a súa conservación e habitabilidade.
12C_2. Unhas explotacións extractivas nas serras planificadas segundo criterios de explotación acordes cos valores paisaxísticos da contorna, dimensionadas axeitadamente, minimizando o seu impacto visual e tendo presente desde o inicio da explotación a conservación do valor paisaxístico da súa contorna e a restauración ambiental, topográfica e paisaxística do lugar.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como, por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
2B_3_1. Unhas matogueiras, turbeiras e rochedos ben conservadas a través dunha actividade agropecuaria que manteña espazos vivos e resilientes ante as dinámicas de abandono e a proliferación de especies invasoras, mediante criterios produtivos ecoloxicamente viables e contribuíndo a unha paisaxe de calidade natural e variedade textural.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema extensivo en serras.
7C_3_1. Un agrosistema extensivo na serra con valores produtivos e estéticos, que deben ser obxecto de conservación e nos cales se manteñan e melloren os seus elementos estruturais, respectando a flora e fauna e evitando a súa sobreexplotación e os incendios forestais.
7C_3_2. Unha combinación harmónica dos pastos e prados naturais das serras, as áreas de matogueira, os rochedos e os bosques, evitando a proliferación arbustiva ou o monte residual xerados polos procesos de abandono e cun mantemento do ciclo ecolóxico que permita a configuración do pasto natural, nomeadamente o sistema hídrico dentro das brañas.
7C_3_3. Un agrosistema extensivo nas serras cunhas delimitacións e marxes das parcelas acordes coa contorna, baseadas no mantemento axeitado dos peches tradicionais, sebes e arboredos ou novos sistemas de cerramento integrados na paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: lámina de auga en canóns.
1A_3_1. Unhas láminas de auga en canóns cos seus bosques de ribeira e as súas contornas ben conservadas e postas en valor como corredores naturais que manteñen a conectividade ecolóxica, paisaxística e territorial entre os diferentes ámbitos por que discorren. Uns espazos con valores ecolóxicos e estéticos protexidos e compatibles coas actividades produtivas, deportivas e de lecer mediante o establecemento de medidas que teñan en conta as condicións orográficas e edafolóxicas propias dos canóns.
1A_3_2. Uns ríos protexidos e postos en valor como espazos singulares de relevancia estética e natural, mediante actuacións que atendan a criterios de sustentabilidade e respecto coa contorna.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: viña en chairas e vales interiores.
8B_1_1. Unhas viñas nas chairas e vales xestionados de maneira efectiva, atendendo aos aspectos ambientais, culturais, residenciais, construtivos e produtivos, integrando as tradicións e prácticas que lle outorgaron carácter historicamente e nos cales se recuperen as plantacións abandonadas fronte a novas extensións.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: rururbano (diseminado) en chairas e vales interiores.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido, no cal as funcionalidades estean claras, de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme a asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_3_2_a. Uns asentamentos rurais que conserven as súas características tradicionais de xeito que se manteña o carácter propio do núcleo preexistente e a vinculación á súa contorna. As edificacións tradicionais estarán conservadas e valorizadas, cos seus materiais preservados, así como cos seus volumes e formas propios.
11B_3_2_b. Uns núcleos rurais tradicionais preservados de intervencións que desvirtúen a estrutura ou tipoloxía en que reside o seu carácter, incluíndo nestas os desenvolvementos urbanísticos, e que manteñan a súa individualidade ben definida sobre o continuo natural e agrario do territorio, como unidades produtivas e sociais que son.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: bosque en canóns.
3A_3_1. Uns bosques nos canóns en que se conserve a riqueza natural, nos cales predominen as especies autóctonas, mantendo a biodiversidade e fomentando a continuidade ecolóxica alén do espazo de canón, respectando as condicións orográficas e morfolóxicas propias do canón e facéndoo compatible coas actividades produtivas sustentables propias destes espazos, co fin de conservar o valor ecolóxico, estético, produtivo e, se for o caso, patrimonial deste tipo de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: láminas de auga en chairas e vales interiores.
1B_3_1. Unhas láminas de auga nas chairas e vales e as súas ribeiras e zonas húmidas asociadas, protexidos como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns ríos en bo estado, conservados de xeito que se manteña o seu percorrido e nos cales se protexan os elementos construídos tradicionais como parte da cultura fluvial.
1B_3_2. Uns cursos fluviais integrados nas tramas urbanas e considerados como un elemento paisaxístico no planeamento urbanístico, establecendo zonas de transición para amortecer o impacto da cidade e permitindo a maior visibilidade posible entre a paisaxe fluvial e os espazos públicos da cidade.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en canóns.
2A_3_1. Matogueiras, turbeiras e rochedos nos canóns que conserven a súa superficie de ocupación e a topografía sobre a cales se asentan, especialmente os afloramentos rochosos, protexidas da erosión e de actuacións que modifiquen a configuración física da contorna.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: bosque en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
3B_3_1. Uns bosques en que se preserven as masas arbóreas e a fauna autóctonas fronte á proliferación de especies alóctonas, procurando unha correcta integración entre os espazos de valor natural e os usos agrarios, gandeiros e forestais, que garanta o seu desfrute social. Os seus compoñentes florísticos e faunísticos garantirán o mantemento da súa funcionalidade ecolóxica, patrimonial, estética e produtiva como medio para evitar os incendios e para a súa boa conservación.
3B_3_2. Uns bosques en chairas e vales que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais e que manteñan unha conectividade que permita a estruturación da paisaxe. Uns bosques de ribeira que coexistan cos prados e pastos propios dos vales e que contribúan a evitar os procesos erosivos dos cursos fluviais.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
5B_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) ordenado, no ca se harmonice a presenza das plantacións forestais cos usos agrarios, organizando os cultivos segundo a vocación e capacidade produtiva da terra para acadar un modelo produtivo sustentable Un mosaico estruturado internamente e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, co fin de evitar contrastes abruptos.
5B_2_2. Un mosaico agroforestal en que se recupere a variedade estética e textural e os valores ecolóxicos asociados, con transicións harmónicas entre usos que respecten a vexetación e os sistemas de peche existentes nos lindes, e no cal se promova a consolidación e expansión de especies autóctonas variadas que doten o mosaico de diversidade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en chairas e vales interiores.
6B_4_1. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva cunha paisaxe de calidade estética (mestura de especies, plantacións de diferente idade, bordos harmónicos, etc.) e que estean ben adaptadas á orografía propia dos espazos chans e dos vales. Uns espazos forestais xestionados polos instrumentos de planificación forestal, tendo en conta criterios paisaxísticos e buscando unha diversidade de usos e valores, expresión dun sistema de explotación sustentable.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en serras.
5C_4_1. Un agrosistema intensivo de mosaico agroforestal na serra no cal os diferentes usos se localicen nas zonas máis aptas para eles, tendo en conta criterios de aptitude e garantindo simultaneamente unha paisaxe agraria de calidade. Ámbitos nos cales coexistan harmonicamente os diferentes usos, flora e fauna, mantendo os elementos estruturantes propios da xestión tradicional destes espazos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en serras.
6C_4_1. Uns agrosistemas intensivos de plantación forestal nas serras con masas mixtas que favorezan a diversidade textural, xestionados por instrumentos de xestión forestal que, tendo en conta criterios paisaxísticos, establezan medidas para a súa ordenación, uso e mantemento. A diversidade textural e de especies destas plantacións forestais planificarase tendo en conta a altitude, as especies propias da zona, a conformación de masas mixtas con especies acompañantes da principal e a multifuncionalidade dos montes.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema extensivo en chairas e vales interiores e vales sublitorais.
7B_1_1. Un agrosistema extensivo nas chairas e vales xestionado de modo que sexan sustento dunha matriz paisaxística variada e non uniforme, cunha diversidade textural característica das paisaxes agrogandeiras. Uns espazos agrarios extensivos que manteñan o seu uso fronte ao abandono e a repoboación forestal, respecten o sistema hidrolóxico tradicional e se integren de xeito harmónico cos bosques e espazos de valor estético e natural circundantes.
7B_1_2. Uns prados e pastos harmonizados coas manchas de frondosas dentro dun modelo produtivo sustentable. Unhas novas pradarías que conserven ou creen novas sebes, muras, aliñamentos de árbores e outros sistemas de delimitación que eviten a monotonía das grandes superficies gandeiras.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: viña en canóns.
8A_1_1. Unhas viñas nos canóns nas cales o a xestión eficiente dos valores produtivos sexa compatible co modelo tradicional, incluíndo nel as estruturas, prácticas e todo aquilo que reforce a confluencia de valores naturais, estéticos e patrimoniais propios deste uso nos canóns.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: urbano en chairas e vales interiores.
9B_2_1. Uns núcleos urbanos ordenados en que se promova a compactidade do núcleo, a diversidade de usos compatibles co residencial e a ordenación dos valores paisaxísticos como os elementos construídos con valor histórico, cultural ou patrimonial. Buscarase a integración das edificacións contemporáneas nos valores propios do núcleo e a creación de zonas de transición coa contorna agrícola e natural axeitadas.
9B_2_2. Unhas urbanizacións ordenadas e localizadas adecuadamente, con crecementos proporcionados, de escala axeitada ao territorio sobre o cal se insiren, nas cales se leven a cabo actuacións de mellora e integración paisaxística, e deseñadas con criterios de integración na paisaxe da contorna.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: conxunto histórico en chairas e vales interiores.
10B_4_1. Conxuntos históricos xestionados con criterios de mantemento da estrutura e dos elementos orixinais, priorizando a recuperación das edificacións existentes fronte a novas construcións e cunha vertebración a través dos espazos públicos. Uns espazos urbanos vivos, habitados e con diversidade de usos.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: extractivo en serras.
12C_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12C_2_2. Unhas explotacións extractivas ben integradas na paisaxe da contorna e nas cales se leven a cabo labores de mellora e recuperación de xeito simultáneo á explotación, así como tras o cesamento da actividade. Un modelo extractivo en que se preste especial atención á integración na contorna e á conservación do valor da paisaxe orixinal, así como á creación dunha nova paisaxe de calidade tras a súa vida útil, de xeito que se manteñan os valores primixenios das áreas propias e estremeiras.
1.5.6. OCP para Costa Sur-Baixo Miño.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para Costa Sur-Baixo Miño.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque a compactidade e defina a funcionalidade dos espazos e xere unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
5B_4. Un mosaico agroforestal xestionado na procura de explotacións forestais e agrogandeiras eficientes e sustentables, no cal se manteña a diversidade estética e textural propia desta paisaxe.
6B_4. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva, xestionada polos instrumentos de planificación forestal, cunha paisaxe de calidade.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
1B_3. Unhas láminas de augas en chairas e vales e a súa vexetación de ribeira ben conservadas como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, e ben integradas nos ámbitos urbanos.
8B_3. Uns espazos de viña nas chairas e nos vales conservados e mantidos en boas condicións, seguindo criterios produtivos, estéticos e identitarios, de xeito que se maximice a integración paisaxística das infraestruturas.
13_3. Un bordo litoral protexido e en bo estado de conservación, no cal se conxuguen os valores naturais, estéticos e patrimoniais que conviven neste ámbito coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute, na procura do mantemento das paisaxes características. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos propios destas.
5C_4. Uns mosaicos agroforestais nas serras que manteñan unha paisaxe agraria de calidade variada.
6C_4. Unhas plantacións forestais nas serras con diversidade textural e de especies, xestionadas por instrumentos de xestión forestal que contribúan á súa riqueza paisaxística.
9B_4. Uns espazos urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á súa compactidade e integración paisaxística.
10B_4. Uns conxuntos históricos cunha estrutura e elementos característicos ben xestionados e planificados, nos cales se desenvolva unha variedade de usos que favoreza a súa conservación e habitabilidade.
12B_2. Unhas explotacións extractivas localizadas onde o seu impacto visual sexa mínimo, ben integradas paisaxisticamente e nas cales se leven a cabo actuacións de mellora e restauración da paisaxe.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: rururbano (diseminado) en chairas e vales interiores, Litoral cántabro-atlántico ou vales sublitorais.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido, no cal as funcionalidades estean claras, de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme a asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_3_2_a. Uns asentamentos rurais que conserven as súas características tradicionais de xeito que se manteña o carácter propio do núcleo preexistente e a vinculación á súa contorna. As edificacións tradicionais estarán conservadas e valorizadas, cos seus materiais preservados, así coma cos seus volumes e formas propios.
11B_3_2_b. Uns núcleos rurais tradicionais preservados de intervencións que desvirtúen a estrutura ou tipoloxía en que reside o seu carácter, incluíndo nestas os desenvolvementos urbanísticos, e que manteñan a súa individualidade ben definida sobre o continuo natural e agrario do territorio, como unidades produtivas e sociais que son.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en chairas e vales interiores, Litoral cántabro-atlántico ou vales sublitorais.
5B_4_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) xestionado na procura de explotacións forestais e agrogandeiras eficientes e sustentables, no cal se manteña a diversidade estética e textural e se conserven peches e sebes tradicionais, así como as especies autóctonas que dotan o sistema forestal de diversidade ecolóxica e textural, outorgando recoñecemento social aos valores produtivos, naturais e estéticos dos espazos agroforestais.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en chairas e vales interiores, Litoral cántabro-atlántico ou vales sublitorais.
6B_4_1. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva cunha paisaxe de calidade estética (mestura de especies, plantacións de diferente idade, bordos harmónicos, etc.) e que estean ben adaptadas á orografía propia dos espazos chans e dos vales. Uns espazos forestais xestionados polos instrumentos de planificación forestal, tendo en conta criterios paisaxísticos e buscando unha diversidade de usos e valores, expresión dun sistema de explotación sustentable.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: láminas de auga en chairas e vales interiores, Litoral cántabro-atlántico ou vales sublitorais.
1B_3_1. Unhas láminas de auga nas chairas e vales e as súas ribeiras e zonas húmidas asociadas, protexidos como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns ríos en bo estado, conservados de xeito que se manteña o seu percorrido e nos cales se protexan os elementos construídos tradicionais como parte da cultura fluvial.
1B_3_2. Uns cursos fluviais integrados nas tramas urbanas e considerados como un elemento paisaxístico no planeamento urbanístico, establecendo zonas de transición para amortecer o impacto da cidade e permitindo a maior visibilidade posible entre a paisaxe fluvial e os espazos públicos da cidade.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: viña en chairas e vales interiores ou litoral cántabro-atlántico.
8B_3_1. Unhas viñas nas zonas de chaira e vales nas cales se preserven os elementos construídos tradicionais que os dotan de funcionalidade e carácter. Todo iso co fin de potenciar unha cultura e imaxe do viño asociada á paisaxe e ao territorio.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: bordo litoral.
13_3_1. Un bordo litoral ben conservado, no cal se protexan os valores naturais e ecolóxicos (tanto bióticos como abióticos) e se respecten os procesos naturais dos sistemas areosos, dunares e cantís (incluíndo os seus hábitats anexos). Un litoral en que se compatibilice a conservación destes valores naturais e doutros valores estéticos e patrimoniais coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute deste ámbito, atendendo a principios de sustentabilidade e na procura de paisaxes resilientes que manteñan as súas características.
13_3_2. Un bordo litoral con calidade ambiental e paisaxística mediante actuacións de conservación do medio natural, conxuntamente coa ordenación das edificacións de xeito que se preserven da ocupación as áreas precisas, e nas de ocupación necesaria se favoreza a compactidade e a integración da contorna natural.
13_3_3. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos naturais, panorámicos, estéticos e de uso propios destas.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en serras.
5C_4_1. Un agrosistema intensivo de mosaico agroforestal na serra no cal os diferentes usos se localicen nas zonas máis aptas para os mesmos, tendo en conta criterios de aptitude e garantindo simultaneamente unha paisaxe agraria de calidade. Ámbitos en que coexistan harmonicamente os diferentes usos, flora e fauna, mantendo os elementos estruturantes propios da xestión tradicional destes espazos.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en serras.
6C_4_1. Uns agrosistemas intensivos de plantación forestal nas serras con masas mixtas que favorezan a diversidade textural, xestionados por instrumentos de xestión forestal que, tendo en conta criterios paisaxísticos, establezan medidas para a súa ordenación, uso e mantemento. A diversidade textural e de especies destas plantacións forestais planificarase tendo en conta a altitude, as especies propias da zona, a conformación de masas mixtas con especies acompañantes da principal e a multifuncionalidade dos montes.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: urbano en chairas e vales interiores, Litoral cántabro-atlántico ou vales sublitorais.
9B_4_1. Uns centros urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á compactidade e á diversidade de usos compatibles co residencial, integrando as edificacións contemporáneas coa conservación dos valores propios do núcleo.
9B_4_2. Unhas urbanizacións xestionadas adecuadamente, con crecementos proporcionados, de escala axeitada ao territorio sobre o cal se insiren, e mantidas e xestionadas con criterios de mellora paisaxística.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: conxunto histórico en chairas e vales interiores e litoral cántabro-atlántico.
10B_4_1. Conxuntos históricos xestionados con criterios de mantemento da estrutura e dos elementos orixinais, priorizando a recuperación das edificacións existentes fronte a novas construcións e cunha vertebración a través dos espazos públicos. Uns espazos urbanos vivos, habitados e con diversidade de usos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: extractivo en chairas e vales interiores, Litoral cántabro-atlántico ou vales sublitorais.
12B_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12B_2_2. Unhas explotacións extractivas ben integradas na paisaxe da contorna e nas que se leven a cabo labores de mellora e recuperación de xeito simultáneo á explotación, así como tras o cesamento da actividade empregando, sempre que sexa posible e de acordo coa vexetación da contorna, especies autóctonas.
1.5.7. OCP para Galicia central.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para Galicia central.
5B_2. Un mosaico agroforestal ordenado, estruturado internamente segundo un modelo produtivo sustentable e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, no cal se recupere a variedade estética e textural propia do mosaico.
6B_4. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva, xestionada polos instrumentos de planificación forestal, cunha paisaxe de calidade.
7B_3. Un agrosistema extensivo que conserve os seus valores naturais, ecolóxicos e paisaxísticos; con diversidade textural e integrado cos espazos de valor natural circundantes.
4B_3. Uns terreos de cultivo en chairas e vales que conserven unha paisaxe agraria viva e variada, na cal se compaxinen os valores produtivos cos naturais e estéticos, que permitan fixar poboación no medio rural mediante un modelo sustentable que leve á conservación dos diversos elementos das paisaxes agrarias.
1B_3. Unhas láminas de augas en chairas e vales e a súa vexetación de ribeira ben conservadas como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, e ben integradas nos ámbitos urbanos.
12B_2. Unhas explotacións extractivas localizadas onde o seu impacto visual sexa mínimo, ben integradas paisaxisticamente e nas cales se leven a cabo actuacións de mellora e restauración da paisaxe.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque a compactidade e defina a funcionalidade dos espazos, xerando unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
2B_3. Unhas matogueiras en que se compaxine a actividade produtiva agropecuaria propia das chairas e dos vales coa preservación do seu ecosistema e a protección dos ámbitos de alto valor ecolóxico.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
3B_3. Uns bosques nas chairas e vales ben conservados, integrados nas paisaxes das contornas que os acollen e que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais.
3C_3. Uns bosques nas serras nos cales se protexa a riqueza e a variedade ecolóxica, afianzando a presenza de especies autóctonas e compatibilizando isto con actividades produtivas sustentables.
4C_3. Uns terreos de cultivo nas serras que preserven a relación entre o espazo cultivado e o de habitación, conservando a súa diversidade textural e estrutural, e tendo en conta as condicións xeomorfolóxicas e edafolóxicas.
7C_3. Uns agrosistemas extensivos nas serras conformados por combinacións harmónicas de pastos e prados, áreas de matogueira, rochedos e bosques, nos cales se conserven os valores ecolóxicos e produtivos dos prados e os sistemas de delimitación tradicionais.
10B_4. Uns conxuntos históricos cunha estrutura e elementos característicos ben xestionados e planificados, nos cales se desenvolva unha variedade de usos que favoreza a súa conservación e habitabilidade.
9B_4. Uns espazos urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á súa compactidade e integración paisaxística.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
5B_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) ordenado, no cal se harmonice a presenza das plantacións forestais cos usos agrarios, organizando os cultivos segundo a vocación e capacidade produtiva da terra para acadar un modelo produtivo sustentable. Un mosaico estruturado internamente e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, co fin de evitar contrastes abruptos.
5B_2_2. Un mosaico agroforestal en que se recupere a variedade estética e textural, e os valores ecolóxicos asociados, con transicións harmónicas entre usos que respecten a vexetación e os sistemas de peche existentes nos lindes e no cal se promova a consolidación e expansión de especies autóctonas variadas que doten o mosaico de diversidade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
6B_4_1. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva cunha paisaxe de calidade estética (mestura de especies, plantacións de diferente idade, bordos harmónicos, etc.) e que estean ben adaptadas á orografía propia dos espazos chairos e dos vales. Uns espazos forestais xestionados polos instrumentos de planificación forestal, tendo en conta criterios paisaxísticos e buscando unha diversidade de usos e valores, expresión dun sistema de explotación sustentable.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema extensivo en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
7B_3_1. Un agrosistema extensivo que conserve altos valores ecolóxicos e paisaxísticos e sexa sustento dunha matriz paisaxística variada e non uniforme, cunha diversidade textural característica das paisaxes agrogandeiras. Uns espazos agrarios que manteñan o seu uso e se integren de xeito harmónico cos bosques e espazos de valor estético e natural circundantes.
7B_3_2. Un agrosistema extensivo nas chairas harmonizado con bosquetes conservados e protexidos de frondosas autóctonas, dentro dun modelo produtivo sustentable. Unhas novas pradarías en que se conserven ou creen novas sebes, muras, aliñamentos de árbores e outros sistemas de delimitación tradicionais da paisaxe ligados ao uso.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (cultivo) en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
4B_3_1. Un agrosistema intensivo (superficie de cultivo) ben conservado fronte ao abandono, no cal se compaxine o mantemento do valor natural, cultural e estético das paisaxes agrarias tradicionais (sistemas de cultivos, infraestruturas tradicionais, etc.) co valor produtivo dentro dun modelo sustentable e economicamente rendible. Un modelo sustentable que compatibilice cultivos e pradarías cunha alta produtividade coa conservación da vexetación tradicional dos bordos das parcelas para o mantemento da estrutura de mosaico e da diversidade textural. A protección da paisaxe agraria orientarase á xeración de valor ao redor dos produtos e aos ámbitos produtivos agrícolas e, por tanto, á mellora da calidade de vida da poboación rural.
4B_3_2. Unhas superficies de cultivo en que se preserve a harmonía e calidade da paisaxe, tanto na estruturación interna do espazo cultivado como na súa relación cos usos circundantes, atendendo especialmente aos agrosistemas forestais e extensivos e aos espazos de habitación propios das chairas e vales. Unha estrutura histórica ben preservada en que se conserven as agras e outros espazos abertos que os caracterizan.
4B_3_3. Uns terreos de cultivo nos cales se conserven os diversos elementos que os configuran e que outorgan diversidade de valores naturais, estéticos e patrimoniais a estas paisaxes produtivas, como poden ser o modelo parcelario, sistemas de peches, regadíos tradicionais, arquitectura popular propia de ámbitos agrarios e gandeiros, edificacións auxiliares, rede de vías tradicionais e, en xeral, todos aqueles elementos configuradores da paisaxe e que teñen vinculación, directa ou indirecta, coas prácticas agrarias.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: láminas de auga en chairas e vales interiores, vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
1B_3_1. Unhas láminas de auga nas chairas e vales e as súas ribeiras e zonas húmidas asociadas, protexidas como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns ríos en bo estado, conservados de xeito que se manteña o seu percorrido, e nos cales se protexan os elementos construídos tradicionais como parte da cultura fluvial.
1B_3_2. Uns cursos fluviais integrados nas tramas urbanas e considerados como un elemento paisaxístico no planeamento urbanístico, establecendo zonas de transición para amortecer o impacto da cidade e permitindo a maior visibilidade posible entre a paisaxe fluvial e os espazos públicos da cidade.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: extractivo en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
12B_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12B_2_2. Unhas explotacións extractivas ben integradas na paisaxe da contorna e nas que se leven a cabo labores de mellora e recuperación de xeito simultáneo á explotación, así como tras o cesamento da actividade, empregando, sempre que sexa posible e de acordo coa vexetación da contorna, especies autóctonas.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: rururbano (diseminado) en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido, no cal as funcionalidades estean claras, de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme a asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_3_2_a. Uns asentamentos rurais que conserven as súas características tradicionais de xeito que se manteña o carácter propio do núcleo preexistente e a vinculación á súa contorna. As edificacións tradicionais estarán conservadas e valorizadas, cos seus materiais preservados, así como cos seus volumes e formas propios.
11B_3_2_b. Uns núcleos rurais tradicionais preservados de intervencións que desvirtúen a estrutura ou tipoloxía en que reside o seu carácter, incluíndo nestas os desenvolvementos urbanísticos, e que manteñan a súa individualidade ben definida sobre o continuo natural e agrario do territorio, como unidades produtivas e sociais que son.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
2B_3_1. Unhas matogueiras, turbeiras e rochedos ben conservadas a través dunha actividade agropecuaria que manteña espazos vivos e resilientes ante as dinámicas de abandono e a proliferación de especies invasoras, mediante criterios produtivos ecoloxicamente viables e contribuíndo a unha paisaxe de calidade natural e variedade textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: bosque en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
3B_3_1. Uns bosques en que se preserven as masas arbóreas e a fauna autóctonas fronte á proliferación de especies alóctonas, procurando unha correcta integración entre os espazos de valor natural e os usos agrarios, gandeiros e forestais, que garanta o seu desfrute social. Os seus compoñentes florísticos e faunísticos garantirán o mantemento da súa funcionalidade ecolóxica, patrimonial, estética e produtiva como medio para evitar os incendios e para a súa boa conservación.
3B_3_2. Uns bosques en chairas e vales que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais, e que manteñan unha conectividade que permita a estruturación da paisaxe. Uns bosques de ribeira que coexistan cos prados e pastos propios dos vales e que contribúan a evitar os procesos erosivos dos cursos fluviais.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: bosque en serras.
3C_3_1. Uns bosques nas serras en que se conserve unha elevada diversidade ecolóxica, atendendo á variedade de ambientes xeomorfolóxicos e bioclimáticos, e nos cales se tenda a unha conservación e/ou expansión da súa superficie mediante especies autóctonas que outorguen variedade ecolóxica e textural compatible con actividades produtivas sustentables e complementarias.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (cultivo) en serras.
4C_3_1. Un agrosistema intensivo de cultivo nas serras que conserve a súa diversidade produtiva e textural, mantendo a heteroxeneidade estrutural de cultivos, peches e parcelario e a combinación harmoniosa cos espazos agrarios extensivos e forestais, e de habitación circundantes, tendo en conta as condicións xeomorfolóxicas e topográficas co fin de preservar os cultivos de montaña, coidando as condicións edafolóxicas e hidrográficas da súa contorna para evitar procesos erosivos.
4C_3_2. Uns cultivos nas serras que manteñan a estrutura histórica do territorio, co fin de preservar a relación entre os asentamentos e os espazos de monte, evitando grandes extensións de cultivo ou outros usos que rachen a integración cos asentamentos, as agras e outros espazos abertos que os caracterizan.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema extensivo en serras.
7C_3_1. Un agrosistema extensivo na serra con valores produtivos e estéticos, que deben ser obxecto de conservación e nos cales se manteñan e melloren os seus elementos estruturais, respectando a flora e fauna, e evitando a súa sobreexplotación e os incendios forestais.
7C_3_2. Unha combinación harmónica dos pastos e prados naturais das serras, as áreas de matogueira, os rochedos e os bosques, evitando a proliferación arbustiva ou o monte residual xerados polos procesos de abandono e cun mantemento do ciclo ecolóxico que permita a configuración do pasto natural, nomeadamente o sistema hídrico dentro das brañas.
7C_3_3. Un agrosistema extensivo nas serras cunhas delimitacións e marxes das parcelas acordes coa contorna, baseadas no mantemento axeitado dos peches tradicionais, sebes e arboredas ou novos sistemas de cerramento integrados na paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: conxunto histórico en vales sublitorais.
10B_4_1. Conxuntos históricos xestionados con criterios de mantemento da estrutura e dos elementos orixinais, priorizando a recuperación das edificacións existentes fronte a novas construcións e cunha vertebración a través dos espazos públicos. Uns espazos urbanos vivos, habitados e con diversidade de usos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: urbano en chairas e vales interiores ou vales sublitorais.
9B_4_1. Uns centros urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á compactidade e á diversidade de usos compatibles co residencial, integrando as edificacións contemporáneas coa conservación dos valores propios do núcleo.
9B_4_2. Unhas urbanizacións xestionadas adecuadamente, con crecementos proporcionados, de escala axeitada ao territorio sobre o cal se insiren, e mantidas e xestionadas con criterios de mellora paisaxística.
1.5.8. OCP para Rías Baixas.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para as Rías Baixas.
5B_2. Un mosaico agroforestal ordenado, estruturado internamente segundo un modelo produtivo sustentable e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, no cal se recupere a variedade estética e textural propia do mosaico.
6B_4. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva, xestionada polos instrumentos de planificación forestal, cunha paisaxe de calidade.
2B_3. Unhas matogueiras en que se compaxine a actividade produtiva agropecuaria propia das chairas e dos vales coa preservación do seu ecosistema e a protección dos ámbitos de alto valor ecolóxico.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
1C_3. Unhas láminas de auga e a súa vexetación de ribeira ben conservados como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, conservando as características topográficas dos espazos de serra.
1B_3. Unhas láminas de augas en chairas e vales e a súa vexetación de ribeira ben conservadas como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, e ben integradas nos ámbitos urbanos.
13_3. Un bordo litoral protexido e en bo estado de conservación, no cal se conxuguen os valores naturais, estéticos e patrimoniais que conviven neste ámbito coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute, na procura do mantemento das paisaxes características. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos propios destas.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque a compactidade e defina a funcionalidade dos espazos, xerando unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
8B_3. Uns espazos de viña nas chairas e nos vales conservados e mantidos en boas condicións, seguindo criterios produtivos, estéticos e identitarios, de xeito que se maximice a integración paisaxística das infraestruturas.
9B_4. Uns espazos urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á súa compactidade e integración paisaxística.
10B_4. Uns conxuntos históricos cunha estrutura e elementos característicos ben xestionados e planificados, nos cales se desenvolva unha variedade de usos que favoreza a súa conservación e habitabilidade.
7B_1. Uns prados e cultivos extensivos nas chairas e nos vales xestionados para evitar o abandono e integrados cos espazos de valor natural circundantes.
5C_4. Uns mosaicos agroforestais nas serras que manteñan unha paisaxe agraria de calidade variada.
6C_4. Unhas plantacións forestais nas serras con diversidade textural e de especies, xestionadas por instrumentos de xestión forestal que contribúan á súa riqueza paisaxística.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
5B_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) ordenado, no cal se harmonice a presenza das plantacións forestais cos usos agrarios, organizando os cultivos segundo a vocación e capacidade produtiva da terra para acadar un modelo produtivo sustentable. Un mosaico estruturado internamente e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, co fin de evitar contrastes abruptos.
5B_2_2. Un mosaico agroforestal en que se recupere a variedade estética e textural, e os valores ecolóxicos asociados, con transicións harmónicas entre usos que respecten a vexetación e os sistemas de peche existentes nos lindes, e no cal se promova a consolidación e expansión de especies autóctonas variadas que doten o mosaico de diversidade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
6B_4_1. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva cunha paisaxe de calidade estética (mestura de especies, plantacións de diferente idade, bordos harmónicos, etc.) e que estean ben adaptadas á orografía propia dos espazos chairos e dos vales. Uns espazos forestais xestionados polos instrumentos de planificación forestal, tendo en conta criterios paisaxísticos e buscando unha diversidade de usos e valores, expresión dun sistema de explotación sustentable.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou tubeiras e queirogais húmidos en vales sublitorais e litoral cántabro-atlántico.
2B_3_1. Unhas matogueiras, turbeiras e rochedos ben conservadas a través dunha actividade agropecuaria que manteña espazos vivos e resilientes ante as dinámicas de abandono e a proliferación de especies invasoras, mediante criterios produtivos ecoloxicamente viables e contribuíndo a unha paisaxe de calidade natural e variedade textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e brezais húmidos en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como, por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: láminas de auga en serras.
1C_3_1. Unhas láminas de auga nas serras, así como as súas contornas, protexidas como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns cursos fluviais e os seus elementos construídos tradicionais en bo estado de conservación e sen afeccións.
1C_3_2. Unhas contornas dos cursos fluviais nas serras conservadas polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal, que manteñan as características topográficas dos espazos de serra, evitando procesos de erosión ou arrastres e respectando os bosques de ribeira.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: láminas de auga en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
1B_3_1. Unhas láminas de auga nas chairas e vales e as súas ribeiras e zonas húmidas asociadas, protexidos como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns ríos en bo estado, conservadas de xeito que se manteña o seu percorrido, e nos que se protexan os elementos construídos tradicionais como parte da cultura fluvial.
1B_3_2. Uns cursos fluviais integrados nas tramas urbanas e considerados como un elemento paisaxístico no planeamento urbanístico, establecendo zonas de transición para amortecer o impacto da cidade e permitindo a maior visibilidade posible entre a paisaxe fluvial e os espazos públicos da cidade.
Unidades de paisaxe litorais.
13_3_1. Un bordo litoral ben conservado, no cal se protexan os valores naturais e ecolóxicos (tanto bióticos como abióticos) e se respecten os procesos naturais dos sistemas areosos, dunares e cantís (incluíndo os seus hábitats anexos). Un litoral en que se compatibilice a conservación destes valores naturais e doutros valores estéticos e patrimoniais coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute deste ámbito, atendendo a principios de sustentabilidade e na procura de paisaxes resilientes que manteñan as súas características.
13_3_2. Un bordo litoral con calidade ambiental e paisaxística mediante actuacións de conservación do medio natural, conxuntamente coa ordenación das edificacións de xeito que se preserven da ocupación as áreas precisas e nas de ocupación necesaria se favoreza a compactidade e a integración da contorna natural.
13_3_3. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos naturais, panorámicos, estéticos e de uso propios destas.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: rururbano (diseminado) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido, no que as funcionalidades estean claras, de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme a asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_3_2_a. Uns asentamentos rurais que conserven as súas características tradicionais de xeito que se manteña o carácter propio do núcleo preexistente e a vinculación á súa contorna. As edificacións tradicionais estarán conservadas e valorizadas, cos seus materiais preservados, así como cos seus volumes e formas propios.
11B_3_2_b. Uns núcleos rurais tradicionais preservados de intervencións que desvirtúen a estrutura ou tipoloxía en que reside o seu carácter, incluíndo nestas os desenvolvementos urbanísticos, e que manteñan a súa individualidade ben definida sobre o continuo natural e agrario do territorio, como unidades produtivas e sociais que son.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: viña en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
8B_3_1. Unhas viñas nas zonas de chaira e vales en que se preserven os elementos construídos tradicionais que os dotan de funcionalidade e carácter. Todo iso co fin de potenciar unha cultura e imaxe do viño asociadas á paisaxe e ao territorio.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: urbano en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
9B_4_1. Uns centros urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á compactidade e á diversidade de usos compatibles co residencial, integrando as edificacións contemporáneas coa conservación dos valores propios do núcleo.
9B_4_2. Unhas urbanizacións xestionadas adecuadamente, con crecementos proporcionados, de escala axeitada ao territorio sobre o que se insiren, e mantidas e xestionadas con criterios de mellora paisaxística.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: conxunto histórico en vales sublitorais e litoral cántabro-atlántico.
10B_4_1. Conxuntos históricos xestionados con criterios de mantemento da estrutura e dos elementos orixinais, priorizando a recuperación das edificacións existentes fronte a novas construcións e cunha vertebración a través dos espazos públicos. Uns espazos urbanos vivos, habitados e con diversidade de usos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema extensivo en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
7B_1_1. Un agrosistema extensivo nas chairas e vales xestionado de modo que sexan sustento dunha matriz paisaxística variada e non uniforme, cunha diversidade textural característica das paisaxes agrogandeiras. Uns espazos agrarios extensivos que manteñan o seu uso fronte ao abandono e a repoboación forestal, respectando o sistema hidrolóxico tradicional, que se integren de xeito harmónico cos bosques e espazos de valor estético e natural circundantes.
7B_1_2. Uns prados e pastos harmonizados coas manchas de frondosas dentro dun modelo produtivo sustentable. Unhas novas pradarías que conserven ou creen novas sebes, muras, aliñamentos de árbores e outros sistemas de delimitación que eviten a monotonía das grandes superficies gandeiras.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en serras.
5C_4_1. Un agrosistema intensivo de mosaico agroforestal na serra en que os diferentes usos se localicen nas zonas máis aptas para eles tendo en conta criterios de aptitude e garantindo simultaneamente unha paisaxe agraria de calidade. Ámbitos en que coexistan harmonicamente os diferentes usos, flora e fauna, mantendo os elementos estruturantes propios da xestión tradicional destes espazos.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en serras.
6C_4_1. Uns agrosistemas intensivos de plantación forestal nas serras con masas mixtas que favorezan a diversidade textural, xestionados por instrumentos de xestión forestal que, tendo en conta criterios paisaxísticos, establezan medidas para a súa ordenación, uso e mantemento. A diversidade textural e de especies destas plantacións forestais planificarase tendo en conta a altitude, as especies propias da zona, a conformación de masas mixtas con especies acompañantes da principal e a multifuncionalidade dos montes.
1.5.9. OCP para chairas e fosas occidentais.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para chairas e fosas occidentais.
5B_2. Un mosaico agroforestal ordenado, estruturado internamente segundo un modelo produtivo sustentable e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, no cal se recupere a variedade estética e textural propia do mosaico.
6B_4. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva, xestionada polos instrumentos de planificación forestal, cunha paisaxe de calidade.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque a compactidade e defina a funcionalidade dos espazos, xerando unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
2B_3. Unhas matogueiras en que se compaxine a actividade produtiva agropecuaria propia das chairas e dos vales coa preservación do seu ecosistema e a protección dos ámbitos de alto valor ecolóxico.
9B_3. Uns espazos urbanos ben conservados, nos cales se conserven os seus elementos con maior valor paisaxístico e escénico.
9B_4. Uns espazos urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á súa compactidade e integración paisaxística.
10B_4. Uns conxuntos históricos cunha estrutura e elementos característicos ben xestionados e planificados, nos cales se desenvolva unha variedade de usos que favoreza a súa conservación e habitabilidade.
4B_3. Uns terreos de cultivo en chairas e vales que conserven unha paisaxe agraria viva e variada, na cal se compaxinen os valores produtivos cos naturais e estéticos e permita fixar poboación no medio rural mediante un modelo sustentable que leve á conservación dos diversos elementos das paisaxes agrarias.
13_3. Un bordo litoral protexido e en bo estado de conservación, no cal se conxuguen os valores naturais, estéticos e patrimoniais que conviven neste ámbito coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute, na procura do mantemento das paisaxes características. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos propios destas.
12B_2. Unhas explotacións extractivas localizadas onde o seu impacto visual sexa mínimo, ben integradas paisaxisticamente e nas cales se leven a cabo actuacións de mellora e restauración da paisaxe.
1B_3. Unhas láminas de augas en chairas e vales e a súa vexetación de ribeira ben conservadas como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, e ben integradas nos ámbitos urbanos.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
5B_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) ordenado, no cal se harmonice a presenza das plantacións forestais cos usos agrarios, organizando os cultivos segundo a vocación e capacidade produtiva da terra para acadar un modelo produtivo sustentable. Un mosaico estruturado internamente e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, co fin de evitar contrastes abruptos.
5B_2_2. Un mosaico agroforestal en que se recupere a variedade estética e textural, e os valores ecolóxicos asociados, con transicións harmónicas entre usos que respecten a vexetación e os sistemas de peche existentes nos lindes, e no cal se promova a consolidación e expansión de especies autóctonas variadas que doten o mosaico de diversidade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
6B_4_1. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva cunha paisaxe de calidade estética (mestura de especies, plantacións de diferente idade, bordos harmónicos, etc.) e que estean ben adaptadas á orografía propia dos espazos chans e dos vales. Uns espazos forestais xestionados polos instrumentos de planificación forestal, tendo en conta criterios paisaxísticos e buscando unha diversidade de usos e valores, expresión dun sistema de explotación sustentable.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: rururbano (diseminado) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido, no cal as funcionalidades estean claras, de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme a asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_3_2_a. Uns asentamentos rurais que conserven as súas características tradicionais de xeito que se manteña o carácter propio do núcleo preexistente e a vinculación á súa contorna. As edificacións tradicionais estarán conservadas e valorizadas, cos seus materiais preservados, así como cos seus volumes e formas propios.
11B_3_2_b. Uns núcleos rurais tradicionais preservados de intervencións que desvirtúen a estrutura ou tipoloxía nas que reside o seu carácter, incluíndo nestas os desenvolvementos urbanísticos, e que manteñan a súa individualidade ben definida sobre o continuo natural e agrario do territorio, como unidades produtivas e sociais que son.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueria e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
2B_3_1. Unhas matogueiras, turbeiras e rochedos ben conservadas a través dunha actividade agropecuaria que manteña espazos vivos e resilientes ante as dinámicas de abandono e a proliferación de especies invasoras, mediante criterios produtivos ecoloxicamente viables e contribuíndo a unha paisaxe de calidade natural e variedade textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: urbano en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
9B_3_1. Unhas urbanizacións mantidas e conservadas adecuadamente con criterios de mellora paisaxística.
9B_4_1. Uns centros urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á compactidade e á diversidade de usos compatibles co residencial, integrando as edificacións contemporáneas coa conservación dos valores propios do núcleo.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: conxunto histórico en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
10B_4_1. Conxuntos históricos xestionados con criterios de mantemento da estrutura e dos elementos orixinais, priorizando a recuperación das edificacións existentes fronte a novas construcións e cunha vertebración a través dos espazos públicos. Uns espazos urbanos vivos, habitados e con diversidade de usos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (cultivo) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
4B_3_1. Un agrosistema intensivo (superficie de cultivo) ben conservado fronte ao abandono, en que se compaxine o mantemento do valor natural, cultural e estético das paisaxes agrarias tradicionais (sistemas de cultivos, infraestruturas tradicionais, etc.) co valor produtivo dentro dun modelo sustentable e economicamente rendible. Un modelo sustentable que compatibilice cultivos e pradarías cunha alta produtividade coa conservación da vexetación tradicional dos bordos das parcelas para o mantemento da estrutura de mosaico e da diversidade textural. A protección da paisaxe agraria orientarase á xeración de valor ao redor dos produtos e aos ámbitos produtivos agrícolas e, por tanto, á mellora da calidade de vida da poboación rural.
4B_3_2. Unhas superficies de cultivo en que se preserve a harmonía e calidade da paisaxe, tanto na estruturación interna do espazo cultivado como na súa relación cos usos circundantes, atendendo especialmente aos agrosistemas forestais e extensivos e aos espazos de habitación propios das chairas e vales. Unha estrutura histórica ben preservada en que se conserven as agras e outros espazos abertos que os caracterizan.
4B_3_3. Uns terreos de cultivo en que se conserven os diversos elementos que os configuran e que outorgan diversidade de valores naturais, estéticos e patrimoniais a estas paisaxes produtivas, como poden ser o modelo parcelario, sistemas de peches, regadíos tradicionais, arquitectura popular propia de ámbitos agrarios e gandeiros, edificacións auxiliares, rede de vías tradicionais e, en xeral, todos aqueles elementos configuradores da paisaxe e que teñen vinculación, directa ou indirecta, coas prácticas agrarias.
Unidades de paisaxe litorais.
13_3_1. Un bordo litoral ben conservado, en que se protexan os valores naturais e ecolóxicos (tanto bióticos como abióticos) e se respecten os procesos naturais dos sistemas areosos, dunares e cantís (incluíndo os seus hábitats anexos). Un litoral en que se compatibilice a conservación destes valores naturais e doutros valores estéticos e patrimoniais coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute deste ámbito, atendendo a principios de sustentabilidade e na procura de paisaxes resilientes que manteñan as súas características.
13_3_2. Un bordo litoral con calidade ambiental e paisaxística mediante actuacións de conservación do medio natural, conxuntamente coa ordenación das edificacións de xeito que se preserven da ocupación as áreas precisas e nas de ocupación necesaria se favoreza a compactidade e a integración da contorna natural.
13_3_3. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos naturais, panorámicos, estéticos e de uso propios destas.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: extractivo en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
12B_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12B_2_2. Unhas explotacións extractivas ben integradas na paisaxe da contorna e nas que se leven a cabo labores de mellora e recuperación de xeito simultáneo á explotación, así como tras o cesamento da actividade empregando, sempre que sexa posible e de acordo coa vexetación da contorna, especies autóctonas.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema extensivo en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
4B_3_1. Un agrosistema intensivo (superficie de cultivo) ben conservado fronte ao abandono, en que se compaxine o mantemento do valor natural, cultural e estético das paisaxes agrarias tradicionais (sistemas de cultivos, infraestruturas tradicionais, etc.) co valor produtivo dentro dun modelo sustentable e economicamente rendible. Un modelo sustentable que compatibilice cultivos e pradarías cunha alta produtividade coa conservación da vexetación tradicional dos bordos das parcelas para o mantemento da estrutura de mosaico e da diversidade textural. A protección da paisaxe agraria orientarase á xeración de valor ao redor dos produtos e aos ámbitos produtivos agrícolas e, por tanto, á mellora da calidade de vida da poboación rural.
4B_3_2. Unhas superficies de cultivo en que se preserve a harmonía e a calidade da paisaxe, tanto na estruturación interna do espazo cultivado como na súa relación cos usos circundantes, atendendo especialmente aos agrosistemas forestais e extensivos e aos espazos de habitación propios das chairas e vales. Unha estrutura histórica ben preservada en que se conserven as agras e outros espazos abertos que os caracterizan.
4B_3_3. Uns terreos de cultivo en que se conserven os diversos elementos que os configuran e que outorgan diversidade de valores naturais, estéticos e patrimoniais a estas paisaxes produtivas, como poden ser o modelo parcelario, sistemas de peches, regadíos tradicionais, arquitectura popular propia de ámbitos agrarios e gandeiros, edificacións auxiliares, rede de viarios tradicionais e, en xeral, todos aqueles elementos configuradores da paisaxe e que teñen vinculación directa ou indirecta coas prácticas agrarias.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: láminas de auga en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
1B_3_1. Unhas láminas de auga nas chairas e vales e as súas ribeiras e zonas húmidas asociadas, protexidos como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns ríos en bo estado, conservados de xeito que se manteña o seu percorrido, e nos cales se protexan os elementos construídos tradicionais como parte da cultura fluvial.
1B_3_2. Uns cursos fluviais integrados nas tramas urbanas e considerados como un elemento paisaxístico no planeamento urbanístico, establecendo zonas de transición para amortecer o impacto da cidade e permitindo a maior visibilidade posible entre a paisaxe fluvial e os espazos públicos da cidade.
1.5.10. OCP para o Golfo Ártabro.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para o Golfo Ártabro.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque compactidade e defina a funcionalidade dos espazos, xerando unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
5B_2. Un mosaico agroforestal ordenado, estruturado internamente segundo un modelo produtivo sustentable e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, no cal se recupere a variedade estética e textural propia do mosaico.
6B_1. Unhas plantacións forestais xestionadas e planificadas na procura de explotacións forestais eficientes que teñan en conta criterios de integración paisaxística.
2B_3. Unhas matogueiras en que se compaxine a actividade produtiva agropecuaria propia das chairas e dos vales coa preservación do seu ecosistema e a protección dos ámbitos de alto valor ecolóxico.
9B_2. Uns espazos urbanos cun crecemento controlado, nos cales se promova a compactidade urbana, a integración paisaxística e a conservación dos elementos con valor paisaxístico.
10B_4. Uns conxuntos históricos cunha estrutura e elementos característicos ben xestionados e planificados, nos cales se desenvolva unha variedade de usos que favoreza a súa conservación e habitabilidade.
3A_3. Uns bosques nos canóns que manteñan a súa biodiversidade, procurando a continuidade ou o aumento da superficie con presenza de especies autóctonas, atendendo ás formas, pendentes e solos propios dos canóns.
13_3. Un bordo litoral protexido e en bo estado de conservación, no cal se conxuguen os valores naturais, estéticos e patrimoniais que conviven neste ámbito coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute, na procura do mantemento das paisaxes características. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos propios destas.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
1A_3. Unhas láminas de auga nos canóns e os seus bosques de ribeira ben conservados e que actúen como corredores ecolóxicos, paisaxísticos e territoriais, grazas a unha xestión que teña en conta as especiais condicións edafolóxicas e orográficas.
6A_4. Unhas plantacións forestais que teñan en conta os condicionantes orográficos e morfolóxicos dos canóns, na procura de harmonía paisaxística e dun modelo produtivo xestionado de maneira sustentable e que outorgue valor social á relevancia ecolóxica e estética dos espazos forestais.
5A_2. Uns mosaicos agroforestais nos canóns nos cales se estruturen internamente os diversos usos forestais e agrogandeiros segundo as condicións morfoestruturais propias dos canóns, que sexan explotados con medios respectuosos coa contorna e nos cales se favoreza o incremento de especies autóctonas.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: rurubano (diseminado) en vales sublitorais.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido, no cal as funcionalidades estean claras, de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme a asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_3_2_a. Uns asentamentos rurais que conserven as súas características tradicionais de xeito que se manteña o carácter propio do núcleo preexistente e a vinculación á súa contorna. As edificacións tradicionais estarán conservadas e valorizadas, cos seus materiais preservados, así como cos seus volumes e formas propios.
11B_3_2_b. Uns núcleos rurais tradicionais preservados de intervencións que desvirtúen a estrutura ou tipoloxía en que reside o seu carácter, incluíndo nestas os desenvolvementos urbanísticos, e que manteñan a súa individualidade ben definida sobre o continuo natural e agrario do territorio, como unidades produtivas e sociais que son.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
5B_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) ordenado, en que se harmonice a presenza das plantacións forestais cos usos agrarios, organizando os cultivos segundo a vocación e capacidade produtiva da terra para acadar un modelo produtivo sustentable. Un mosaico estruturado internamente e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, co fin de evitar contrastes abruptos.
5B_2_2. Un mosaico agroforestal en que se recupere a variedade estética e textural, e os valores ecolóxicos asociados, con transicións harmónicas entre usos que respecten a vexetación e os sistemas de peche existentes nos lindes, e no cal se promova a consolidación e expansión de especies autóctonas variadas que doten o mosaico de diversidade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
6B_1_1. Un agrosistema intensivo (plantación forestal) xestionado e planificado na procura de explotacións forestais eficientes e sustentables, que teñan en conta criterios de calidade paisaxística (mestura de especies, incorporación de especies autóctonas, plantacións de diferente idade, bordos harmónicos, diversidade de usos, etc.)
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
2B_3_1. Unhas matogueiras, turbeiras e rochedos ben conservadas a través dunha actividade agropecuaria que manteña espazos vivos e resilientes ante as dinámicas de abandono e a proliferación de especies invasoras, mediante criterios produtivos ecoloxicamente viables, e que contribúa a unha paisaxe de calidade natural e variedade textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: urbano en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
9B_2_1. Uns núcleos urbanos ordenados en que se promova a compactidade do núcleo, a diversidade de usos compatibles co residencial e a ordenación dos valores paisaxísticos como os elementos construídos con valor histórico, cultural ou patrimonial. Buscarase a integración das edificacións contemporáneas cos valores propios do núcleo e a creación de zonas de transición coa contorna agrícola e natural axeitadas.
9B_2_2. Unhas urbanizacións ordenadas e localizadas adecuadamente, con crecementos proporcionados, de escala axeitada ao territorio sobre o cal se insiren, nas cales se leven a cabo actuacións de mellora e integración paisaxística, e deseñadas con criterios de integración na paisaxe da contorna.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: conxunto histórico en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
10B_4_1. Conxuntos históricos xestionados con criterios de mantemento da estrutura e dos elementos orixinais, priorizando a recuperación das edificacións existentes fronte a novas construcións e cunha vertebración a través dos espazos públicos. Uns espazos urbanos vivos, habitados e con diversidade de usos.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: bosque en canóns.
3A_3_1. Uns bosques nos canóns en que se conserve a riqueza natural, nos cales predominen as especies autóctonas, mantendo a biodiversidade e fomentando a continuidade ecolóxica alén do espazo de canón, respectando as condicións orográficas e morfolóxicas propias do canón e facéndoo compatible coas actividades produtivas sustentables propias destes espazos, co fin de conservar o valor ecolóxico, estético, produtivo e, se for o caso, patrimonial deste tipo de paisaxe.
Unidades de paisaxe litorais.
13_3_1. Un bordo litoral ben conservado, no cal se protexan os valores naturais e ecolóxicos (tanto bióticos como abióticos) e se respecten os procesos naturais dos sistemas areosos, dunares e cantís (incluíndo os seus hábitats anexos). Un litoral en que se compatibilice a conservación destes valores naturais e doutros valores estéticos e patrimoniais coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute deste ámbito, atendendo a principios de sustentabilidade e na procura de paisaxes resilientes que manteñan as súas características.
13_3_2. Un bordo litoral con calidade ambiental e paisaxística mediante actuacións de conservación do medio natural, conxuntamente coa ordenación das edificacións de xeito que se preserven da ocupación as áreas precisas e nas de ocupación necesaria se favoreza a compactidade e a integración da contorna natural.
13_3_3. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos naturais, panorámicos, estéticos e de uso propios destas.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: matogueiras e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: láminas de auga en canóns.
1A_3_1. Unhas láminas de auga en canóns cos seus bosques de ribeira e as súas contornas ben conservadas e postas en valor como corredores naturais que manteñen a conectividade ecolóxica, paisaxística e territorial entre os diferentes ámbitos por que discorren. Uns espazos con valores ecolóxicos e estéticos protexidos e compatibles coas actividades produtivas, deportivas e de lecer mediante o establecemento de medidas que teñan en conta as condicións orográficas e edafolóxicas propias dos canóns.
1A_3_2. Uns ríos protexidos e postos en valor como espazos singulares de relevancia estética e natural mediante actuacións que atendan a criterios de sustentabilidade e respecto coa contorna.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en canóns.
6A_4_1. Un agrosistema intensivo (plantación forestal) nos canóns xestionado na procura da integración paisaxística deste tipo de paisaxe, adaptándose á xeomorfoloxía, mantendo a diversidade ecolóxica e funcional e evitando procesos erosivos e de fragmentación de hábitat.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en canóns.
5A_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) nos canóns ordenado e no cal se estruturen internamente os diversos usos forestais e agrogandeiros que conforman o mosaico, tendo en conta as condicións morfoestruturais destas unidades, adaptando as plantacións ás variedades orográficas existentes e procurando o aumento de superficie ocupada por especies autóctonas que substitúan as especies alóctonas e/ou as invasoras na procura de resiliencia ambiental e paisaxística e recuperando aqueles espazos afectados por procesos erosivos, incendios ou incidencias ambientais.
1.5.11. OCP para Galicia setentrional.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para a Galicia setentrional.
5B_2. Un mosaico agroforestal ordenado, estruturado internamente segundo un modelo produtivo sustentable e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, no cal se recupere a variedade estética e textural propia do mosaico.
6B_4. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva, xestionada polos instrumentos de planificación forestal, cunha paisaxe de calidade.
5C_2. Uns mosaicos agroforestais nas serras ordenados e que recuperen o esquema organizativo propio dos espazos de serra, acadando unha estrutura na cal os diferentes usos ocupen os espazos aptos para eles.
6C_4. Unhas plantacións forestais nas serras con diversidade textural e de especies, xestionadas por instrumentos de xestión forestal que contribúan á súa riqueza paisaxística.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
2B_4. Unha paisaxe con matogueiras ou turbeiras xestionada con criterios de sustentabilidade, de xeito que se evite a súa degradación e a da súa contorna, así como afeccións ecolóxicas ou paisaxísticas.
12C_2. Unhas explotacións extractivas nas serras planificadas segundo criterios de explotación acordes cos valores paisaxísticos da contorna, dimensionadas axeitadamente, minimizando o seu impacto visual e tendo presente desde o inicio da explotación a conservación do valor paisaxístico da súa contorna e a restauración ambiental, topográfica e paisaxística do lugar.
13_3. Un borde litoral protexido e en bo estado de conservación, no cal se conxuguen os valores naturais, estéticos e patrimoniais que conviven neste ámbito coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute, na procura do mantemento das paisaxes características. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos propios destas.
3B_3. Uns bosques nas chairas e vales ben conservados, integrados nas paisaxes das contornas que os acollen e que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais.
7B_1. Uns prados e cultivos extensivos nas chairas e nos vales xestionados para evitar o abandono e integrados cos espazos de valor natural circundantes.
3C_3. Uns bosques nas serras nos cales se protexa a riqueza e a variedade ecolóxica, afianzando a presenza de especies autóctonas e compatibilizando isto con actividades produtivas sustentables.
12B_2. Unhas explotacións extractivas localizadas onde o seu impacto visual sexa mínimo, ben integradas paisaxisticamente e nas cales se leven a cabo actuacións de mellora e restauración da paisaxe.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
5B_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) ordenado, no cal se harmonice a presenza das plantacións forestais cos usos agrarios, organizando os cultivos segundo a vocación e capacidade produtiva da terra para acadar un modelo produtivo sustentable. Un mosaico estruturado internamente e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, co fin de evitar contrastes abruptos.
5B_2_2. Un mosaico agroforestal en que se recupere a variedade estética e textural, e os valores ecolóxicos asociados, con transicións harmónicas entre usos que respecten a vexetación e os sistemas de peche existentes nos lindes, e no que se promova a consolidación e expansión de especies autóctonas variadas que doten o mosaico de diversidade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
6B_4_1. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva cunha paisaxe de calidade estética (mestura de especies, plantacións de diferente idade, bordos harmónicos, etc.) e que estean ben adaptadas á orografía propia dos espazos chairos e dos vales. Uns espazos forestais xestionados polos instrumentos de planificación forestal, tendo en conta criterios paisaxísticos e buscando unha diversidade de usos e valores, expresión dun sistema de explotación sustentable.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en serras.
5C_2_1. A combinación de usos agrarios e forestais propia do agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) nas serras ordenarase en función das condicións edafolóxicas e topográficas dos espazos de serra, tendo en conta as pendentes e recuperando a estrutura interna deste tipo de mosaicos co fin de manter as súas capacidades produtivas e a súa variedade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en serras.
6C_4_1. Uns agrosistemas intensivos de plantación forestal nas serras con masas mixtas que favorezan a diversidade textural, xestionados por instrumentos de xestión forestal que, tendo en conta criterios paisaxísticos, establezan medidas para a súa ordenación, uso e mantemento. A diversidade textural e de especies destas plantacións forestais planificarase tendo en conta a altitude, as especies propias da zona, a conformación de masas mixtas con especies acompañantes da principal e a multifuncionalidade dos montes.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
2B_4_1. Unhas matogueiras ou turbeiras nas chairas e vales localizadas nos espazos entre as áreas cultivadas e o bosque natural, como zonas de transición garantes da continuidade paisaxística e ecolóxica, e xestionadas con criterios de sustentabilidade que eviten a súa degradación e a da súa contorna.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: extractivo en serras.
12C_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12C_2_2. Unhas explotacións extractivas ben integradas na paisaxe da contorna e nas que se leven a cabo labores de mellora e recuperación de xeito simultáneo á explotación, así como tras o cesamento da actividade. Un modelo extractivo en que se preste especial atención á integración na contorna e á conservación do valor da paisaxe orixinal, así como á creación dunha nova paisaxe de calidade tras a súa vida útil, de xeito que se manteñan os valores primixenios das áreas propias e estremeiras.
Unidades de paisaxe litorais.
13_3_1. Un bordo litoral ben conservado, no cal se protexan os valores naturais e ecolóxicos (tanto bióticos como abióticos) e se respecten os procesos naturais dos sistemas areosos, dunares e cantís (incluíndo os seus hábitats anexos). Un litoral en que se compatibilice a conservación destes valores naturais e doutros valores estéticos e patrimoniais coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute deste ámbito, atendendo a principios de sustentabilidade e na procura de paisaxes resilientes que manteñan as súas características.
13_3_2. Un bordo litoral con calidade ambiental e paisaxística mediante actuacións de conservación do medio natural, conxuntamente coa ordenación das edificacións de xeito que se preserven da ocupación as áreas precisas, e nas de ocupación necesaria se favoreza a compactidade e a integración da contorna natural.
13_3_3. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos naturais, panorámicos, estéticos e de uso propios destas.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: láminas de auga en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
1B_3_1. Unhas láminas de auga nas chairas e vales e as súas ribeiras e zonas húmidas asociadas, protexidas como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns ríos en bo estado, conservados de xeito que se manteña o seu percorrido, e nos cales se protexan os elementos construídos tradicionais como parte da cultura fluvial.
1B_3_2. Uns cursos fluviais integrados nas tramas urbanas e considerados coma un elemento paisaxístico no planeamento urbanístico, establecendo zonas de transición para amortecer o impacto da cidade e permitindo a maior visibilidade posible entre a paisaxe fluvial e os espazos públicos da cidade.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: bosque en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
3B_3_1. Uns bosques en que se preserven as masas arbóreas e a fauna autóctonas fronte á proliferación de especies alóctonas, procurando unha correcta integración entre os espazos de valor natural e os usos agrarios, gandeiros e forestais, que garanta o seu desfrute social. Os seus compoñentes florísticos e faunísticos garantirán o mantemento da súa funcionalidade ecolóxica, patrimonial, estética e produtiva como medio para evitar os incendios e para a súa boa conservación.
3B_3_2. Uns bosques en chairas e vales que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais, e que manteñan unha conectividade que permita a estruturación da paisaxe. Uns bosques de ribeira que coexistan cos prados e pastos propios dos vales e que contribúan a evitar os procesos erosivos dos cursos fluviais.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema extensivo en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
7B_1_1. Un agrosistema extensivo nas chairas e vales xestionado de modo que sexan sustento dunha matriz paisaxística variada e non uniforme, cunha diversidade textural característica das paisaxes agrogandeiras. Uns espazos agrarios extensivos que manteñan o seu uso fronte ao abandono e a repoboación forestal, respectando o sistema hidrolóxico tradicional e que se integren de xeito harmónico cos bosques e espazos de valor estético e natural circundantes.
7B_1_2. Uns prados e pastos harmonizados coas manchas de frondosas dentro dun modelo produtivo sustentable. Unhas novas pradarías que conserven ou creen novas sebes, muros, aliñamentos de árbores e outros sistemas de delimitación que eviten a monotonía das grandes superficies gandeiras.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: bosque en serras.
3C_3_1. Uns bosques nas serras nos cales se conserve unha elevada diversidade ecolóxica, atendendo á variedade de ambientes xeomorfolóxicos e bioclimáticos, e nos cales se tenda a unha conservación e/ou expansión da súa superficie mediante especies autóctonas que outorguen variedade ecolóxica e textural compatible con actividades produtivas sustentables e complementarias.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: extractivo en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
12B_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12B_2_2. Unhas explotacións extractivas ben integradas na paisaxe da contorna e nas cales se leven a cabo labores de mellora e recuperación de xeito simultáneo á explotación, así como tras o cesamento da actividade empregando, sempre que sexa posible e de acordo coa vexetación da contorna, especies autóctonas.
1.5.12. OCP para A Mariña-Baixo Eo.
Obxectivos de calidade paisaxística xenéricos para A Mariña-Baixo Eo.
5B_2. Un mosaico agroforestal ordenado, estruturado internamente segundo un modelo produtivo sustentable e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, no cal se recupere a variedade estética e textural propia do mosaico.
6B_2. Unhas plantacións forestais ordenadas con criterios de sustentabilidade e eficiencia, localizadas nas áreas máis propicias, sen invadiren as áreas propias doutros usos, e compostas por masas mixtas que fornezan variedade textural e ecolóxica.
5C_2. Uns mosaicos agroforestais nas serras ordenados e que recuperen o esquema organizativo propio dos espazos de serra, acadando unha estrutura en que os diferentes usos ocupen os espazos aptos para eles.
6C_2. Unhas paisaxes forestais nas serras ordenadas de xeito que se compatibilicen as súas funcións ecolóxica e produtiva, procurando espazos de diversidade textural e a protección fronte a procesos erosivos.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
3B_3. Uns bosques nas chairas e vales ben conservados, integrados nas paisaxes das contornas que os acollen e que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque a compactidade e defina a funcionalidade dos espazos, xerando unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
4B_3. Uns terreos de cultivo en chairas e vales que conserven unha paisaxe agraria viva e variada, na cal se compaxinen os valores produtivos cos naturais e estéticos e que permitan fixar poboación no medio rural mediante un modelo sustentable que leve á conservación dos diversos elementos das paisaxes agrarias.
3C_3. Uns bosques nas serras nos cales se protexa a riqueza e a variedade ecolóxica, afianzando a presenza de especies autóctonas e compatibilizando isto con actividades produtivas sustentables.
1B_3. Unhas láminas de augas en chairas e vales e a súa vexetación de ribeira ben conservadas como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, e ben integradas nos ámbitos urbanos.
13_3. Un bordo litoral protexido e en bo estado de conservación, no cal se conxuguen os valores naturais, estéticos e patrimoniais que conviven neste ámbito coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute, na procura do mantemento das paisaxes características. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos propios destas.
Obxectivos de calidade paisaxística específicos para as unidades de paisaxe.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en vales sublitorais ou litoral cántabro-alántico.
5B_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) ordenado, no cal se harmonice a presenza das plantacións forestais cos usos agrarios, organizando os cultivos segundo a vocación e a capacidade produtiva da terra para acadar un modelo produtivo sustentable. Un mosaico estruturado internamente e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, co fin de evitar contrastes abruptos.
5B_2_2. Un mosaico agroforestal en que se recupere a variedade estética e textural, e os valores ecolóxicos asociados, con transicións harmónicas entre usos que respecten a vexetación e os sistemas de peche existentes nos lindes, e no cal se promova a consolidación e a expansión de especies autóctonas variadas que doten o mosaico de diversidade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
6B_2_1. Un agrosistema intensivo de plantacións forestais ordenadas polas normas e instrumentos de planificación forestal, localizadas de xeito controlado e compatible coa diversidade de usos, cun sistema de pistas forestais adecuadas e planificadas, e composto por unha variedade de especies en que predominen as autóctonas.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) en serras.
5C_2_1. A combinación de usos agrarios e forestais propia do agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) nas serras ordenarase en función das condicións edafolóxicas e topográficas dos espazos de serra, tendo en conta as pendentes e recuperando a estrutura interna deste tipo de mosaicos co fin de manter as súas capacidades produtivas e a súa variedade ecolóxica e textural.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: agrosistema intensivo (plantación forestal) en serras.
6C_2_1. Unhas paisaxes forestais nas serras ordenadas que teñan como obxectivo acadar unha máxima biodiversidade, adaptándose ás condicións orográficas dos espazos montañosos co fin de evitar procesos erosivos e preservar os trazos edafolóxicos e compatibilizando a función ecolóxica e produtiva. Procuraranse masas arbóreas variadas e irregulares que fornezan heteroxeneidade de texturas e formas, con bordos que eviten aspectos lonxitudinais.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: matogueira e rochedo ou turbeiras e queirogais húmidos en serras.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como, por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: bosque en vales sublitorais.
3B_3_1. Uns bosques en que se preserven as masas arbóreas e a fauna autóctonas fronte á proliferación de especies alóctonas, procurando unha correcta integración entre os espazos de valor natural e os usos agrarios, gandeiros e forestais que garanta o seu desfrute social. Os seus compoñentes florísticos e faunísticos garantirán o mantemento da súa funcionalidade ecolóxica, patrimonial, estética e produtiva como medio para evitar os incendios e para a súa boa conservación.
3B_3_2. Uns bosques en chairas e vales que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais e que manteñan unha conectividade que permita a estruturación da paisaxe. Uns bosques de ribeira que coexistan cos prados e pastos propios dos vales e que contribúan a evitar os procesos erosivos dos cursos fluviais.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: rururbano (diseminado) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido, no cal as funcionalidades estean claras, de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme á asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_3_2_a. Uns asentamentos rurais que conserven as súas características tradicionais de xeito que se manteña o carácter propio do núcleo preexistente e a vinculación á súa contorna. As edificacións tradicionais estarán conservadas e valorizadas, cos seus materiais preservados, así como cos seus volumes e formas propios.
11B_3_2_b. Uns núcleos rurais tradicionais preservados de intervencións que desvirtúen a estrutura ou tipoloxía en que reside o seu carácter, incluíndo nestas os desenvolvementos urbanísticos, e que manteñan a súa individualidade ben definida sobre o continuo natural e agrario do territorio, como unidades produtivas e sociais que son.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: agrosistema intensivo (cultivo) en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
4B_3_1. Un agrosistema intensivo (superficie de cultivo) ben conservado fronte ao abandono, no cal se compaxine o mantemento do valor natural, cultural e estético das paisaxes agrarias tradicionais (sistemas de cultivos, infraestruturas tradicionais, etc.) co valor produtivo dentro dun modelo sustentable e economicamente rendible. Un modelo sustentable que compatibilice cultivos e pradarías cunha alta produtividade coa conservación da vexetación tradicional dos bordos das parcelas para o mantemento da estrutura de mosaico e da diversidade textural. A protección da paisaxe agraria orientarase á xeración de valor ao redor dos produtos e aos ámbitos produtivos agrícolas e, por tanto, á mellora da calidade de vida da poboación rural.
4B_3_2. Unhas superficies de cultivo en que se preserve a harmonía e calidade da paisaxe, tanto na estruturación interna do espazo cultivado como na súa relación cos usos circundantes, atendendo especialmente aos agrosistemas forestais e extensivos e aos espazos de habitación propios das chairas e vales. Unha estrutura histórica ben preservada en que se conserven as agras e outros espazos abertos que a caracterizan.
4B_3_3. Uns terreos de cultivo en que se conserven os diversos elementos que os configuran e que outorgan diversidade de valores naturais, estéticos e patrimoniais a estas paisaxes produtivas, como poden ser o modelo parcelario, sistemas de peches, regadíos tradicionais, arquitectura popular propia de ámbitos agrarios e gandeiros, edificacións auxiliares, rede de vías tradicionais e, en xeral, todos aqueles elementos configuradores da paisaxe e que teñen vinculación directa ou indirecta coas prácticas agrarias.
Unidades de paisaxe con tipo de paisaxe: bosque en serras.
3C_3_1. Uns bosques nas serras nos cales se conserve unha elevada diversidade ecolóxica, atendendo á variedade de ambientes xeomorfolóxicos e bioclimáticos, e nos cales se tenda a unha conservación e/ou expansión da súa superficie mediante especies autóctonas que outorguen variedade ecolóxica e textural compatible con actividades produtivas sustentables e complementarias.
Unidades de paisaxe con tipos de paisaxe: láminas de auga en vales sublitorais ou litoral cántabro-atlántico.
1B_3_1. Unhas láminas de auga nas chairas e vales e as súas ribeiras e zonas húmidas asociadas, protexidos como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns ríos en bo estado, conservados de xeito que se manteña o seu percorrido, e nos cales se protexan os elementos construídos tradicionais como parte da cultura fluvial.
1B_3_2. Uns cursos fluviais integrados nas tramas urbanas e considerados como un elemento paisaxístico no planeamento urbanístico, establecendo zonas de transición para amortecer o impacto da cidade e permitindo a maior visibilidade posible entre a paisaxe fluvial e os espazos públicos da cidade.
Unidades de paisaxe litorais.
13_3_1. Un bordo litoral ben conservado en que se protexan os valores naturais e ecolóxicos (tanto bióticos como abióticos) e se respecten os procesos naturais dos sistemas areosos, dunares e cantís (incluíndo os seus hábitats anexos). Un litoral en que se compatibilice a conservación destes valores naturais e doutros valores estéticos e patrimoniais coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute deste ámbito, atendendo a principios de sustentabilidade e na procura de paisaxes resilientes que manteñan as súas características.
13_3_2. Un bordo litoral con calidade ambiental e paisaxística mediante actuacións de conservación do medio natural, conxuntamente coa ordenación das edificacións de xeito que se preserven da ocupación as áreas precisas, e nas de ocupación necesaria se favoreza a compactidade e a integración da contorna natural.
13_3_3. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos naturais, panorámicos, estéticos e de uso propios destas.
1.6. OCP para as restantes unidades de paisaxe.
Os OCP xenéricos para cada grande área paisaxística definíronse para os tipos de paisaxe máis representativos da área a partir do escenario resultante da participación pública para ese tipo de paisaxe e grande área paisaxística. Para os restantes tipos de paisaxe existentes nesa grande área paisaxística aplicaranse os seguintes OCP (correspondentes ao escenario resultante para ese tipo de paisaxe a nivel de Galicia):
1A_3. Unhas láminas de auga nos canóns e os seus bosques de ribeira ben conservados e que actúen como corredores ecolóxicos, paisaxísticos e territoriais grazas a unha xestión que teña en conta as especiais condicións edafolóxicas e orográficas.
1B_3. Unhas láminas de augas en chairas e vales e a súa vexetación de ribeira ben conservadas como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, e ben integradas nos ámbitos urbanos.
1C_3. Unhas láminas de auga e a súa vexetación de ribeira ben conservados como valores paisaxísticos en si mesmos e como conectores ecolóxicos, conservando as características topográficas dos espazos de serra.
2A_3. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nos canóns que contribúan a conservar a morfoloxía sobre a cal se asentan, a composición da cobertoira vexetal e o seu substrato, como imaxe característica dos canóns e preservada de xeito global ante intervencións agresivas.
2B_3. Unhas matogueiras en que se compaxine a actividade produtiva agropecuaria propia das chairas e dos vales coa preservación do seu ecosistema e a protección dos ámbitos de alto valor ecolóxico.
2C_3. Unhas matogueiras e turbeiras nas serras que, no caso de atesouraren un especial valor natural, conserven as súas condicións ecolóxicas e topográficas primixenias. Unha variedade morfolóxica, textural e cromática preservada na procura do mantemento dos seus valores naturais, estéticos e produtivos ligados ao ámbito de serra.
3A_3. Uns bosques nos canóns que manteñan a súa biodiversidade, procurando a continuidade ou o aumento da superficie con presenza de especies autóctonas, atendendo ás formas, pendentes e solos propios dos canóns.
3B_3. Uns bosques nas chairas e vales ben conservados, integrados nas paisaxes das contornas que os acollen e que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais.
3C_3. Uns bosques nas serras nos cales se protexa a riqueza e a variedade ecolóxica, afianzando a presenza de especies autóctonas e compatibilizando isto con actividades produtivas sustentables.
4A_X*. Uns cultivos nos canóns con diversidade textural e estrutural, explotados mediante sistemas rendibles e sustentables acordes coas condicións topográficas, edafolóxicas e hidrográficas, que manteñan as estruturas agrarias características e preserven a relación entre o espazo cultivado e o ocupado.
4B_3. Uns terreos de cultivo en chairas e vales que conserven unha paisaxe agraria viva e variada, na cal se compaxinen os valores produtivos cos naturais e estéticos e permitan fixar poboación no medio rural mediante un modelo sustentable que leve á conservación dos diversos elementos das paisaxes agrarias.
4C_3. Uns terreos de cultivo nas serras que preserven a relación entre o espazo cultivado e o de habitación, conservando a súa diversidade textural e estrutural e tendo en conta as condicións xeomorfolóxicas e edafolóxicas.
5A_2. Uns mosaicos agroforestais nos canóns nos cales se estruturen internamente os diversos usos forestais e agrogandeiros segundo as condicións morfoestruturais propias dos canóns, que sexan explotados con medios respectuosos coa contorna e nos cales se favoreza o incremento de especies autóctonas.
5B_2. Un mosaico agroforestal ordenado, estruturado internamente segundo un modelo produtivo sustentable e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, no cal se recupere a variedade estética e textural propia do mosaico.
5C_2. Uns mosaicos agroforestais nas serras ordenados e que recuperen o esquema organizativo propio dos espazos de serra e que acaden unha estrutura en que os diferentes usos ocupen os espazos aptos para eles.
6A_4. Unhas plantacións forestais que teñan en conta os condicionantes orográficos e morfolóxicos dos canóns, na procura de harmonía paisaxística e dun modelo produtivo xestionado de maneira sustentable e que outorgue valor social á relevancia ecolóxica e estética dos espazos forestais.
6B_4. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva, xestionada polos instrumentos de planificación forestal, cunha paisaxe de calidade.
6C_4. Unhas plantacións forestais nas serras con diversidade textural e de especies, xestionadas por instrumentos de xestión forestal que contribúan á súa riqueza paisaxística.
7A_X. Uns prados e cultivos extensivos localizados nos canóns que manteñan os seus valores produtivos e estéticos, así como os seus elementos estruturais, protexidos de alteracións topográficas e procesos erosivos.
7B_3. Un agrosistema extensivo que conserve os seus valores naturais, ecolóxicos e paisaxísticos, con diversidade textural e integrado cos espazos de valor natural circundantes.
7C_3. Uns agrosistemas extensivos nas serras conformados por combinacións harmónicas de pastos e prados, áreas de matogueira, rochedos e bosques, nos cales se conserven os valores ecolóxicos e produtivos dos prados e os sistemas de delimitación tradicionais.
8A_3. Canóns con usos vitivinícolas tradicionais ben conservados a través dun modelo de produción sustentable e respectuoso coa contorna, que recupere e integre paisaxisticamente os elementos configuradores da paisaxe tradicional.
8B_3. Uns espazos de viña nas chairas e nos vales conservados e mantidos en boas condicións, seguindo criterios produtivos, estéticos e identitarios, de xeito que se maximice a integración paisaxística das infraestruturas.
8C_X. Unhas viñas nas serras cun modelo de produción sustentable e respectuoso coa contorna, nas cales se preserven os elementos tradicionais que as dotan de carácter.
9A_X. Uns espazos urbanos compactos e integrados na topografía dos canóns, que contribúan positivamente á configuración da paisaxe mediante a harmonía entre os seus elementos e as pendentes dos canóns.
9B_4. Uns espazos urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á súa compactidade e integración paisaxística.
9C_X. Uns espazos urbanos compactos e implantados axeitadamente na topografía das serras e que contribúan positivamente á configuración da paisaxe mediante a harmonía entre seus elementos e a contorna da serra.
10B_4. Uns conxuntos históricos cunha estrutura e elementos característicos ben xestionados e planificados, nos cales se desenvolva unha variedade de usos que favoreza a súa conservación e habitabilidade.
10C_X. Uns conxuntos históricos ben integrados nos espazos de serra, xestionados e planificados, nos cales se favoreza a súa conservación e habitabilidade.
11A_X. Uns núcleos rurais en serras integrados no modelo de asentamento propio das serras, compactos e con crecementos ben planificados, que xeren unha paisaxe de asentamentos ordenados nos cales se conserven as edificacións e características tradicionais.
11B_1/3. Un espazo rururbano cun crecemento planificado, que busque a compactidade e defina a funcionalidade dos espazos e xere unha paisaxe de núcleos ordenados. Uns núcleos rurais que conserven as súas características tradicionais e estean integrados na paisaxe.
11C_1/3. Uns ámbitos rururbanos e núcleos rurais nas serras que se integren no modelo de asentamento propio do ámbito adaptando as novas edificacións ás tipoloxías arquitectónicas propias de cada zona montañosa e conservando en bo estado a arquitectura popular e os elementos de valor patrimonial e cultural.
12A_X. Unhas explotacións extractivas nos canóns planificadas segundo criterios de explotación acordes cos valores paisaxísticos da contorna, dimensionadas axeitadamente, minimizando o seu impacto visual e tendo presente desde o inicio da explotación a conservación do valor paisaxístico da súa contorna e a restauración ambiental, topográfica e paisaxística do lugar.
12B_2. Unhas explotacións extractivas localizadas onde o seu impacto visual sexa mínimo, ben integradas paisaxisticamente e nas cales se leven a cabo actuacións de mellora e restauración da paisaxe.
12C_2. Unhas explotacións extractivas nas serras planificadas segundo criterios de explotación acordes cos valores paisaxísticos da contorna, dimensionadas axeitadamente, minimizando o seu impacto visual e tendo presente desde o inicio da explotación a conservación do valor paisaxístico da súa contorna e a restauración ambiental, topográfica e paisaxística do lugar.
13_3. Un bordo litoral protexido e en bo estado de conservación, no cal se conxuguen os valores naturais, estéticos e patrimoniais que conviven neste ámbito coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute, na procura do mantemento das paisaxes características. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos propios destas.
Os OCP específicos para as unidades de paisaxe establecéronse nos puntos anteriores para as unidades de paisaxe cos tipos de paisaxe máis representativos. Para as unidades de paisaxe con tipos de paisaxe que non figuren dentro dos principais da grande área paisaxística e, por tanto, non conten con OCP específicos establecidos no punto anterior, aplicaranse subsidiariamente os seguintes OCP:
1A_3_1. Unhas láminas de auga en canóns cos seus bosques de ribeira e as súas contornas ben conservadas e postas en valor como corredores naturais que manteñen a conectividade ecolóxica, paisaxística e territorial entre os diferentes ámbitos polos que discorren. Uns espazos con valores ecolóxicos e estéticos protexidos e compatibles coas actividades produtivas, deportivas e de lecer mediante o establecemento de medidas que teñan en conta as condicións orográficas e edafolóxicas propias dos canóns.
1A_3_2. Uns ríos protexidos e postos en valor como espazos singulares de relevancia estética e natural mediante actuacións que atendan a criterios de sustentabilidade e respecto coa contorna.
1B_3_1. Unhas láminas de auga nas chairas e vales e as súas ribeiras e zonas húmidas asociadas, protexidos como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns ríos en bo estado, conservados de xeito que se manteña o seu percorrido, e nos cales se protexan os elementos construídos tradicionais como parte da cultura fluvial.
1B_3_2. Unhas láminas de auga nas chairas e vales integradas nas tramas urbanas e consideradas como un elemento paisaxístico no planeamento urbanístico, establecendo zonas de transición para amortecer o impacto da cidade e que permitan a maior visibilidade entre a paisaxe fluvial e os espazos públicos da cidade.
1C_3_1. Unhas láminas de auga nas serras, así como as súas contornas, protexidas como espazo de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal. Uns cursos fluviais e os seus elementos construídos tradicionais en bo estado de conservación e sen afeccións.
1C_3_2. Unhas contornas dos cursos fluviais nas serras conservadas polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal, que manteñan as características topográficas dos espazos de serra que eviten procesos de erosión ou arrastres, e respectando os bosques de ribeira.
2A_3_1. Matogueiras, turbeiras e rochedos nos canóns que conserven a súa superficie de ocupación e a topografía sobre a cal se asentan, especialmente os afloramentos rochosos, e protexidas da erosión e de actuacións que modifiquen a configuración física da contorna.
2B_3_1. Unhas matogueiras, turbeiras e rochedos ben conservadas a través dunha actividade agropecuaria que manteña espazos vivos e resilientes ante as dinámicas de abandono e a proliferación de especies invasoras, mediante criterios produtivos ecoloxicamente viables e que contribúan a unha paisaxe de calidade natural e variedade textural.
2C_3_1. Unhas matogueiras, rochedos e turbeiras nas serras ben estruturadas ecoloxicamente, resilientes, sen procesos erosivos e que conserven a morfoloxía e vexetación propia do seu ambiente, sen presenza de especies alóctonas e invasoras. Uns ámbitos naturais que compatibilicen a súa función ecolóxica co mantemento dos seus valores estéticos e produtivos fronte ás principais ameazas deste tipo de paisaxe: abandono, incendios, erosión e especies invasoras.
2C_3_2. Unha integración axeitada entre os espazos de matogueira ou turbeira e outros usos orientados á produtividade forestal, enerxética ou agrogandeira, especialmente no caso dos hábitats asociados, como, por exemplo, o bosque húmido en ambientes hidrófilos.
3A_3_1. Uns bosques nos canóns nos cales se conserve a riqueza natural, nos cales predominen as especies autóctonas, mantendo a biodiversidade e fomentando a continuidade ecolóxica alén do espazo de canón, respectando as condicións orográficas e morfolóxicas propias do canón e facéndoo compatible coas actividades produtivas sustentables propias destes espazos, a fin de conservar o valor ecolóxico, estético, produtivo e, se for o caso, patrimonial deste tipo de paisaxe.
3B_3_1. Uns bosques en que se preserven as masas arbóreas e a fauna autóctonas fronte á proliferación de especies alóctonas, procurando unha correcta integración entre os espazos de valor natural e os usos agrarios, gandeiros e forestais, que garanta o seu desfrute social. Os seus compoñentes florísticos e faunísticos garantirán o mantemento da súa funcionalidade ecolóxica, patrimonial, estética e produtiva como medio para evitar os incendios e para a súa boa conservación.
3B_3_2. Uns bosques en chairas e vales que formen parte de corredores ecolóxicos e territoriais, e que manteñan unha conectividade que permita a estruturación da paisaxe. Uns bosques de ribeira que coexistan cos prados e pastos propios dos vales, e que contribúan a evitar os procesos erosivos dos cursos fluviais.
3C_3_1. Uns bosques nas serras nos cales se conserve unha elevada diversidade ecolóxica, atendendo á variedade de ambientes xeomorfolóxicos e bioclimáticos, e nos cales se tenda a unha conservación e/ou expansión da súa superficie mediante especies autóctonas que outorguen variedade ecolóxica e textural compatible con actividades produtivas sustentables e complementarias.
4A_X_1. Uns cultivos nos canóns con diversidade textural e estrutural, explotados mediante sistemas rendibles e sustentables acordes coas condicións topográficas, edafolóxicas e hidrográficas, que manteñan as estruturas agrarias características e preserven a relación entre o espazo cultivado e o ocupado.
4B_3_1. Un agrosistema intensivo (superficie de cultivo) ben conservado fronte ao abandono, no cal se compaxine o mantemento do valor natural, cultural e estético das paisaxes agrarias tradicionais (sistemas de cultivos, infraestruturas tradicionais, etc.) co valor produtivo dentro dun modelo sustentable e economicamente rendible. Un modelo sustentable que compatibilice cultivos e pradarías cunha alta produtividade coa conservación da vexetación tradicional dos bordos das parcelas para o mantemento da estrutura de mosaico e da diversidade textural. A protección da paisaxe agraria orientarase á xeración de valor ao redor dos produtos e aos ámbitos produtivos agrícolas e, por tanto, á mellora da calidade de vida da poboación rural.
4B_3_2. Unhas superficies de cultivo nas cales se preserve a harmonía e calidade da paisaxe, tanto na estruturación interna do espazo cultivado como na súa relación cos usos circundantes, atendendo especialmente aos agrosistemas forestais e extensivos e aos espazos de habitación propios das chairas e vales. Unha estrutura histórica ben preservada en que se conserven as agras e outros espazos abertos que os caracterizan.
4B_3_3. Uns terreos de cultivo nos cales se conserven os diversos elementos que os configuran e que outorgan diversidade de valores naturais, estéticos e patrimoniais a estas paisaxes produtivas, como poden ser o modelo parcelario, sistemas de peches, regadíos tradicionais, arquitectura popular propia de ámbitos agrarios e gandeiros, edificacións auxiliares, rede de vías tradicionais e, en xeral, todos aqueles elementos configuradores da paisaxe e que teñen vinculación, directa ou indirecta, coas prácticas agrarias.
4C_3_1. Un agrosistema intensivo de cultivo nas serras que conserve a súa diversidade produtiva e textural, mantendo a heteroxeneidade estrutural de cultivos, peches e parcelario e a combinación harmoniosa cos espazos agrarios extensivos e forestais, e de habitación circundantes, tendo en conta as condicións xeomorfolóxicas e topográficas co fin de preservar os cultivos de montaña, coidando as condicións edafolóxicas e hidrográficas da súa contorna para evitar procesos erosivos.
4C_3_2. Uns cultivos nas serras que manteñan a estrutura histórica do territorio, a fin preservar a relación entre os asentamentos e os espazos de monte, evitando grandes extensións de cultivo ou outros usos que rachen a integración cos asentamentos, as agras e outros espazos abertos que os caracterizan.
5A_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) nos canóns ordenado e no cal se estruturen internamente os diversos usos forestais e agrogandeiros que conforman o mosaico, tendo en conta as condicións morfoestruturais destas unidades, adaptando as plantacións ás variedades orográficas existentes e procurando o aumento de superficie ocupada por especies autóctonas que substitúan as especies alóctonas e/ou as invasoras na procura de resiliencia ambiental e paisaxística e recuperando aqueles espazos afectados por procesos erosivos, incendios ou incidencias ambientais.
5B_2_1. Un agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) ordenado, no cal se harmonice a presenza das plantacións forestais cos usos agrarios, organizando os cultivos segundo a vocación e capacidade produtiva da terra para acadar un modelo produtivo sustentable. Un mosaico estruturado internamente e integrado cos diversos usos circundantes na procura de harmonía paisaxística, co fin de evitar contrastes abruptos.
5B_2_2. Un mosaico agroforestal en que se recupere a variedade estética e textural, e os valores ecolóxicos asociados, con transicións harmónicas entre usos que respecten a vexetación e os sistemas de peche existentes nos lindes, e no cal se promova a consolidación e expansión de especies autóctonas variadas que doten o mosaico de diversidade ecolóxica e textural.
5C_2_1. A combinación de usos agrarios e forestais propia do agrosistema intensivo (mosaico agroforestal) nas serras ordenarase en función das condicións edafolóxicas e topográficas dos espazos de serra, tendo en conta as pendentes e recuperando a estrutura interna deste tipo de mosaicos co fin de manter as súas capacidades produtivas e a súa variedade ecolóxica e textural propia dos seus valores naturais e estéticos.
6A_4_1. Un agrosistema intensivo (plantación forestal) nos canóns xestionado na procura da integración paisaxística deste tipo de paisaxe, que se adapte á xeomorfoloxía e manteña a diversidade ecolóxica e funcional e evite procesos erosivos e de fragmentación de hábitat.
6B_4_1. Unhas plantacións forestais en que se harmonice unha silvicultura produtiva cunha paisaxe de calidade estética (mestura de especies, plantacións de diferente idade, bordos harmónicos, etc.) e que estean ben adaptadas á orografía propia dos espazos chans e dos vales. Uns espazos forestais xestionados polos instrumentos de planificación forestal, tendo en conta criterios paisaxísticos e buscando unha diversidade de usos e valores, expresión dun sistema de explotación sustentable.
6C_4_1. Uns agrosistemas intensivos de plantación forestal nas serras con masas mixtas que favorezan a diversidade textural, xestionados por instrumentos de xestión forestal que, tendo en conta criterios paisaxísticos, establezan medidas para a súa ordenación, uso e mantemento. A diversidade textural e de especies destas plantacións forestais planificarase tendo en conta a altitude, as especies propias da zona, a conformación de masas mixtas con especies acompañantes da principal e a multifuncionalidade dos montes.
7A_X_1. Uns prados e cultivos extensivos localizados nos canóns que manteñan os seus valores produtivos e estéticos, así como os seus elementos estruturais, protexidos de alteracións topográficas e procesos erosivos.
7B_3_1. Un agrosistema extensivo que conserve altos valores ecolóxicos e paisaxísticos, e sexa sustento dunha matriz paisaxística variada e non uniforme, cunha diversidade textural característica das paisaxes agrogandeiras. Uns espazos agrarios que manteñan o seu uso e se integren de xeito harmónico cos bosques e espazos de valor estético e natural circundantes.
7B_3_2. Un agrosistema extensivo nas chairas harmonizado con bosquetes conservados e protexidos de frondosas autóctonas, dentro dun modelo produtivo sustentable. Unhas novas pradarías en que se conserven ou creen novas sebes, muras, aliñamentos de árbores e outros sistemas de delimitación tradicionais da paisaxe ligados ao uso.
7C_3_1. Un agrosistema extensivo na serra con valores produtivos e estéticos, que deben ser obxecto de conservación e nos cales se manteñan e melloren os seus elementos estruturais, respectando a flora e fauna e evitando a súa sobreexplotación e os incendios forestais.
7C_3_2. Unha combinación harmónica dos pastos e prados naturais das serras, as áreas de matogueira, os rochedos e os bosques, evitando a proliferación arbustiva ou o monte residual xerados polos procesos de abandono e cun mantemento do ciclo ecolóxico que permita a configuración do pasto natural, nomeadamente o sistema hídrico dentro das brañas.
7C_3_3. Un agrosistema extensivo nas serras cunhas delimitacións e marxes das parcelas acordes coa contorna, baseadas no mantemento axeitado dos peches tradicionais, sebes e arboredas ou novos sistemas de cerramento integrados na paisaxe.
8A_3_1. Unhas viñas nos canóns que respecten as morfotipoloxías tradicionais de adaptación a espazos singulares, como poden ser bancais e socalcos. Para eiso respectarase o parcelario tradicional adaptado ás pendentes propias do canóns, evitando alteracións topográficas que xeren procesos erosivos e grandes explotacións uniformes que deriven en paisaxes de viño monótonas, a fin de preservar o seu valor estético.
8A_3_2. Un modelo de produción sustentable e respectuoso coa contorna, con viñas que primen o cultivo tradicional co fin de ser respectuosos cos valores naturais propios dos espazos de canóns. Unha cultura vitivinícola potenciada e cunha imaxe de alta calidade, desenvolvida nos seus aspectos produtivos, económicos, turísticos, educativos e sociais.
8A_3_3. Unhas viñas nos canóns nos que se xestione de modo integral a paisaxe cultural que conforma o proceso de elaboración do viño, atendendo ás diversidades de cada demarcación xeográfica: plantación e colleita da vide, morfotipoloxías, edificacións, experiencias prácticas vinculadas, eventos e celebracións.
8B_3_1. Unhas viñas nas zonas de chaira e vales nas cales se preserven os elementos construídos tradicionais que os dotan de funcionalidade e carácter. Todo iso co fin de potenciar unha cultura e imaxe do viño asociadas á paisaxe e ao territorio.
8C_X_1. Unhas viñas nas serras cun modelo de produción sustentable e respectuoso coa contorna, nas que se preserven os elementos tradicionais que as dotan de carácter.
9A_X_1. Uns espazos urbanos compactos e integrados na topografía dos canóns, que contribúan positivamente á configuración da paisaxe mediante a harmonía entre os seus elementos e as pendentes dos canóns.
9B_4_1. Uns centros urbanos xestionados mediante instrumentos que conduzan á compactidade e á diversidade de usos compatibles co residencial, integrando as edificacións contemporáneas coa conservación dos valores propios do núcleo.
9B_4_2. Unhas urbanizacións xestionadas adecuadamente, con crecementos proporcionados, de escala axeitada ao territorio sobre o cal se insiren, e mantidas e xestionadas con criterios de mellora paisaxística.
9C_X_1. Uns espazos urbanos compactos e implantados axeitadamente na topografía das serras, que contribúan positivamente á configuración da paisaxe mediante a harmonía entre seus elementos e a contorna da serra.
10B_4_1. Conxuntos históricos xestionados con criterios de mantemento da estrutura e dos elementos orixinais, priorizando a recuperación das edificacións existentes fronte a novas construcións, e cunha vertebración a través dos espazos públicos. Uns espazos urbanos vivos, habitados e con diversidade de usos.
10C_X_1. Uns conxuntos históricos ben integrados nos espazos de serra, xestionados e planificados, nos cales se favoreza a súa conservación e habitabilidade.
11A_X_1. Uns núcleos e diseminados recentes localizados nas serras integrados no modelo de asentamento propio das serras, compactos e con crecementos ben planificados, que xeren unha paisaxe de asentamentos ordenados nos cales se conserven as edificacións e características tradicionais.
11B_1_1. Un espazo rururbano en que os asentamentos e as construcións se integren na paisaxe, planificados segundo as necesidades de desenvolvemento e buscando a súa compactidade, seguindo un esquema básico da estrutura territorial do solo rústico e do espazo construído ben definido, no cal as funcionalidades estean claras, de xeito que se xere unha paisaxe de núcleos ordenados urbanisticamente e cunha visión de conxunto conforme a asunción dun patrón de asentamento claro.
11B_1_2. Núcleos rurais tradicionais planificados segundo as necesidades de desenvolvemento, seguindo un modelo compacto e integrado na paisaxe, sen construcións que desvirtúen a súa identidade e con novas edificacións acordes coa súa imaxe, adaptadas á topografía e ás vías existentes, de xeito que se manteña e reforce a súa configuración característica.
11B_3_2A. Uns asentamentos rurais que conserven as súas características tradicionais de xeito que se manteña o carácter propio do núcleo preexistente e a vinculación á súa contorna. As edificacións tradicionais estarán conservadas e valorizadas, cos seus materiais preservados, así como os volumes e as formas propios.
11B_3_2B. Uns núcleos rurais tradicionais preservados de intervencións que desvirtúen a estrutura ou tipoloxía en que reside o seu carácter, incluíndo nestas os desenvolvementos urbanísticos que desvirtúen a súa estrutura paisaxística. Manterán a súa individualidade ben definida sobre o continuo natural e agrario do territorio, como as unidades produtivas e sociais que son, sen prexuízo dos elementos agrarios construídos acordes coa topografía e o sistema agrario.
11C_1_1. Unhas edificacións diseminadas nas serras xestionadas de forma orgánica co espazo construído preexistente e que se integren no modelo de asentamento propio do seu ámbito. Os desenvolvementos necesarios planificaranse atendendo aos valores patrimoniais e estéticos dos asentamentos, adaptando volumes, alturas, materiais e tipoloxías ás edificacións previas e ás características morfolóxicas e topográficas dos espazos de serra en que se asentan. Unhas transicións entre espazos de habitación e outros usos ben definidas e harmoniosas e unha definición clara das funcionalidades dos diferentes espazos e do patrón de asentamentos.
11C_3_1. Uns núcleos rurais tradicionais nas serras nos cales se manteña en bo estado a arquitectura popular e os elementos construídos de valor patrimonial e significación etnográfica. A morfoloxía dos núcleos será respectada tendo en conta a súa adaptación aos espazos de serra en que se asenta e a relación co espazo circundante de valor produtivo e/ou natural.
12A_X_1. Unhas explotacións extractivas nos canóns planificadas segundo criterios de explotación acordes cos valores paisaxísticos da contorna, dimensionadas axeitadamente, minimizando o seu impacto visual e tendo presente desde o inicio da explotación a conservación do valor paisaxístico da súa contorna e a restauración ambiental, topográfica e paisaxística do lugar.
12B_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12B_2_2. Un modelo extractivo no cal se preste especial atención á integración na contorna e á conservación do valor da paisaxe orixinal, así como á creación dunha nova paisaxe de calidade tras a súa vida útil, de xeito que se manteñan os valores primixenios das áreas propias e estremeiras.
12C_2_1. Unhas explotacións extractivas localizadas de xeito que se minimice o seu impacto visual e se teña en conta o seu efecto acumulativo na paisaxe.
12C_2_2. Un modelo extractivo en que se preste especial atención á integración na contorna e á conservación do valor da paisaxe orixinal, así como á creación dunha nova paisaxe de calidade tras a súa vida útil, de xeito que se manteñan os valores primixenios das áreas propias e estremeiras.
13_3_1. Un bordo litoral ben conservado, no cal se protexan os valores naturais e ecolóxicos (tanto bióticos como abióticos) e se respecten os procesos naturais dos sistemas areosos, dunares e cantís (incluíndo os seus hábitats anexos). Un litoral en que se compatibilice a conservación destes valores naturais e doutros valores estéticos e patrimoniais coa funcionalidade habitacional, produtiva e de desfrute deste ámbito, atendendo a principios de sustentabilidade e na procura de paisaxes resilientes que manteñan as súas características.
13_3_2. Un bordo litoral con calidade ambiental e paisaxística mediante actuacións de conservación do medio natural,conxuntamente coa ordenación das edificacións de xeito que se preserven da ocupación as áreas precisas e, nas de ocupación necesaria, se favoreza a compactidade e a integración da contorna natural.
13_3_3. Unhas vistas das paisaxes mariñas e das rías que conserven as características e os valores paisaxísticos naturais, panorámicos, estéticos e de uso propios destas.
ANEXO II
Medidas e accións específicas para acadar os obxectivos de calidade
e de recuperación para os ámbitos de especial atención paisaxística
ÍNDICE.
2. Medidas e accións para os ámbitos de especial atención paisaxística.
2.1. Introdución.
2.1.1. Obxecto.
2.1.2. Alcance.
2.2. Medidas e accións para os ámbitos de especial atención paisaxística.
A. Paisaxes urbanas degradadas.
B. Liñas eléctricas de alta tensión e parques eólicos.
C. Explotacións mineiras, canteiras e extracción de areas ou terras.
D. Áreas degradadas por outros impactos ambientais e paisaxísticos.
E. Actividades industriais ou empresariais mal integradas na paisaxe.
F. Zonas abandonadas.
G. Repoboacións forestais con especies alóctonas.
2. Medidas e accións para os ámbitos de especial atención paisaxística.
2.1. Introdución.
2.1.1. Obxecto.
A Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, establece no seu artigo 10.3.b) como contido para as Directrices de paisaxe:
«Unha proposta de medidas e accións específicas para acadar os obxectivos de calidade e de recuperación daquelas áreas en que existen ámbitos degradados».
O Catálogo das paisaxes de Galicia definiu os ámbitos de especial atención paisaxística (AEAP), como «aquelas zonas en que se produciron alteracións ou impactos en relación coa paisaxe, é dicir, nas que diversas actuacións xeraron transformacións que deterioraron o carácter ou a calidade da paisaxe».
Concretamente, identificou sete tipos a través dunha metodoloxía que incluíu un proceso de participación cidadá: paisaxes urbanas degradadas, liñas eléctricas de alta tensión e parques eólicos en áreas de especial interese paisaxístico (AEIP), explotacións mineiras, canteiras e de extracción de areas ou terras, actividades industriais ou empresariais mal integradas na paisaxe, zonas abandonadas, repoboacións forestais con especies alóctonas en AEIP e áreas degradadas por outros impactos ambientais ou paisaxísticos.
As presentes Directrices de paisaxe definiron obxectivos de calidade paisaxística (OCP) para estes ámbitos, os cales se describen a seguir.
AEAP_1: Uns asentamentos de poboación compactos, continuos e planificados, con construcións e edificacións rematadas, acordes coa súa contorna e respectuosas coa paisaxe.
AEAP_2: Unhas instalacións enerxéticas planificadas e deseñadas segundo as propostas máis respectuosas coa paisaxe, previstas co menor impacto visual posible e nas cales se leven a cabo as medidas correctoras precisas para a minimización do seu impacto en AEIP.
AEAP_3: Unhas explotacións extractivas integradas na contorna, nas cales se apliquen os sistemas de explotación que impliquen un menor impacto paisaxístico e se adopten solucións que reduzan a súa visibilidade.
AEAP_4: Unha paisaxe libre de impactos ambientais (incendios forestais, contaminacións e deterioración dos cursos fluviais, rías e zonas húmidas, vertedoiros incontrolados, etc.) que a deterioren e supoñan unha perda ou diminución dos valores paisaxísticos propios do lugar.
AEAP_5: Unhas áreas de actividades industriais ou empresariais planificadas e deseñadas con criterios paisaxísticos, respectuosas cos elementos de valor ecolóxico, natural ou patrimonial, e integradas na estrutura territorial da súa contorna.
AEAP_6: Unha paisaxe libre de elementos que se atopen en situación de abandono e deterioración, tanto construcións de todo tipo como aldeas, viñas, infraestruturas ou calquera outro que non se atope en condicións adecuadas.
AEAP_7: Unhas plantacións forestais con especies alóctonas reguladas e planificadas cos instrumentos axeitados de ordenación e xestión e que minimicen a súa incidencia en AEIP.
En desenvolvemento do punto 3.b) do referido artigo 10 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, deseñouse un conxunto de medidas e accións para acadar os OCP destes AEAP.
2.1.2. Alcance.
As medidas e accións identificadas nas Directrices de paisaxe inclúen tanto actuacións en execución como previsións para o futuro, de maneira que se trata dun conxunto dinámico que se deberá actualizar segundo a evolución do seu desenvolvemento e da súa contribución ao cumprimento dos obxectivos de calidade paisaxística para os AEAP.
Estas medidas e accións nútrense de actuacións dos diferentes organismos con competencia en materias que teñen incidencia na paisaxe e, especialmente, nos AEAP identificados. Por este motivo, o seu desenvolvemento e implantación supón un exercicio compartido e coordinado da Administración autonómica e da estatal, principalmente.
O tránsito da paisaxe actual á desexada realízase mediante as formas de actuación marcadas nas Directrices de paisaxe (art. 10.3 LPP): medidas e accións e normas e recomendacións. Deste xeito, as medidas e accións articularanse a través dunha serie de propostas directas.
En consecuencia, e segundo o art. 10.3.b) LPP podemos falar de dúas clases de actuacións para acadar os obxectivos de calidade e de recuperación daquelas áreas en que existen ámbitos degradados: medidas específicas e accións específicas.
Ambas as dúas establécense coa finalidade de «acadar os obxectivos de calidade e de recuperación daquelas áreas en que existen ámbitos degradados». O contexto destas propostas directas queda circunscrito a aquelas situacións onde a intervención paisaxística se fai máis perentoria, o que lle confire unha categoría de excepcionalidade. As medidas suxiren unha eficacia directa e o establecemento de actuacións concretas, que non necesiten de desenvolvemento por parte doutra Administración.
O adxectivo «específico» e o feito de estaren asociados a ámbitos degradados concretos require que ambas estean descritas de forma precisa e que non necesite dun acto administrativo posterior que a singularice, así como que resulte concretado o suxeito ou suxeitos destinatarios da norma, sexan particulares ou administracións.
En canto á diferenciación entre medidas e accións, estas poden ser tratadas como sinónimas, ben que a medida prescribe un comportamento xeral (positivo ou prohibitivo) sostido no tempo, mentres que a acción ten unha vixencia puntual en relación co suposto a que se refire. En definitiva, trátase de actuacións de choque para endereitar os supostos máis gravosos que prexudican ou degradan a paisaxe, tanto no nivel estético como ecolóxico.
2.2. Medidas e accións para os ámbitos de especial atención paisaxística.
A. Paisaxes urbanas degradadas.
Obxectivo de calidade paisaxística (AEAP_1): Uns asentamentos de poboación compactos, continuos e planificados, con construcións e edificacións rematadas, acordes coa súa contorna e respectuosas coa paisaxe.
Medidas e accións Instrumento Marco Organismo Prazo
A.1. Elaboración de ferramentas de referencia sobre criterios de integración paisaxística
Elaboraranse documentos de carácter técnico que conxuguen funcións técnicas, educativas e divulgativas para favorecer a integración paisaxística das actuacións en asentamentos urbanos e rurais con paisaxes degradadas. Esta medida desenvolverase coas seguintes accións: Guías Estratexia da paisaxe galega Instituto de Estudos do Territorio
A.1.1. Realizar recomendacións para as intervencións en espazos urbanos
Elaborarase unha guía de boas prácticas paisaxísticas para as diversas intervencións realizadas en espazos públicos. Guía para as actuacións de urbanización e humanización dos espazos públicos Estratexia da paisaxe galega Instituto de Estudos do Territorio En realización
A.2. Actuacións derivadas de instrumentos relacionados coa rehabilitación e a renovación urbana
Trátase da acción dos instrumentos relacionados coa rehabilitación e a renovación urbana que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_1. Identifícanse as seguintes accións: Varios Varios Varios
A.2.1. Impulsar a rehabilitación como medio para conservar o parque de vivendas, dinamizar o sector e protexer a paisaxe.
Esta acción estase a desenvolver a través do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (Plan rehaVita). O dito instrumento contén un conxunto de actuacións e axudas tanto en zonas rurais como en áreas urbanas, con especial incidencia nos conxuntos históricos e nos Camiños de Santiago. Destínanse a actuacións que teñen como obxectivo principal a mellora das condicións de habitabilidade das vivendas pero que, ao mesmo tempo, inflúen de forma decisiva sobre a súa contorna, xa que unha parte importante das actuacións se realizan sobre fachadas, cubertas e carpintarías exteriores das vivendas e edificios de vivendas, incluíndo nalgúns casos actuación de urbanización e reurbanización da contorna.
Os destinatarios principais son as persoas propietarias das vivendas e as comunidades de propiedade. Asemade, a propia Administración (o Instituto Galego da Vivenda e Solo, ben directamente ben con préstamos sen xuros aos concellos), procede á recuperación de vivendas e espazos residenciais abandonados ou degradados para introducilos no mercado a través do rexistro de demandantes de vivenda baixo algún réxime de protección.
Por outra parte, aprobouse a Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, a cal busca facilitar a rehabilitación aproveitando o patrimonio construído e respectando o seu carácter histórico, cando o teña. Establécese un marco administrativo propicio para a rehabilitación edificatoria e a rexeneración urbana, especialmente nos conxuntos históricos, establecendo normas e criterios para promover a súa sustentabilidade. Os seus obxectivos máis específicos son:
• Promover a coordinación entre administracións.
• Suprimir as trabas e dificultades para quen acomete estas actuacións.
• Impulsar que sexa atractivo vivir nestas áreas.
• Garantir planificación e cualificación técnica nas intervencións.
• Asentar as bases para unha xestión pública decidida e para facilitar a participación cidadá.
• Ser un motor de desenvolvemento para a contorna.
• Xerar, por si mesmas, actividade económica e emprego. Plan RehaVita Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda
Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia Instituto Galego da Vivenda e Solo
Instituto Galego da Vivenda e Solo En realización
Aprobada
A.2.2. Revitalizar os núcleos históricos de pequenas cidades e vilas.
O obxectivo fundamental é a recuperación e conservación destes núcleos ao tempo que se promove a fixación de poboación neles.
Para iso o Plan estratéxico de dinamización de pequenos núcleos históricos de Galicia procurará a mellora da calidade de vida a través de diversas accións como son a mellora da planificación urbana a través de plans especiais, incentivos fiscais, rehabilitación de vivendas, apoio ao comercio local, melloras nos servizos de comunicación e enerxía e establecemento de políticas de conservación, así como a definición dunha rede de conxuntos históricos de pequenas cidades e vilas.
Por outra parte, a Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia contribuirá a facer máis áxil e viable a recuperación e conservación dos núcleos históricos. Plan estratéxico de dinamización de pequenos núcleos históricos de Galicia Plan estratéxico de dinamización de pequenos cascos históricos de Galicia
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia D.X. do Patrimonio Cultural
Instituto Galego da Vivenda e Solo En realización
Aprobada
A.2.3. Fortalecer a base para as actuacións de renovación urbana desde a Administración publica.
A declaración das áreas de rehabilitación integral vén definida pola conxunción de intereses arquitectónicos, culturais e sociais. A relevancia para a paisaxe radica na xestión integrada destas iniciativas en que participan os tres niveis administrativos: estatal, autonómico e local. Áreas de Rehabilitación Integral
Áreas Rexurbe Decreto 18/2014, do 13 de febreiro
Lei 1/2019, do 22 de abril Instituto Galego da Vivenda e Solo
Instituto Galego da Vivenda e Solo En realización permanente
Curto
A.2.4. Mellorar as contornas urbanas e os equipamentos.
Estas actuacións permiten o reequilibrio territorial e colaboran no desenvolvemento social e cultural. As diversas intervencións neste ámbito xeran unha mellora do espazo público, o que supón unha mellor integración social, ambiental e paisaxística. Plan Hurbe Programas de actuación da DX de Ordenación do Territorio e Urbanismo (Hurbe) D.X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo En realización permanente
A.2.5. Impulsar as actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago.
Esta acción inclúese no marco do programa de rexeneración e renovación urbanas do plan estatal, pola súa relevancia en relación cos valores paisaxísticos. Área de rehabilitación dos Camiños de Santiago. Programa Vivendas no Camiño Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas. Plan estatal
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia Instituto Galego da Vivenda e Solo
D.X. do Patrimonio Cultural En realización permanente
A.2.6. Poñer en valor o patrimonio do Camiño de Santiago, incluíndo o patrimonio construído.
O fin é preservar os valores patrimoniais e culturais do Camiño de Santiago entendido como un territorio histórico, garantindo a integridade patrimonial e fortalecendo especialmente a cidade de Santiago de Compostela como meta do Camiño. Plan Director e Plan Estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021 Plan director e Plan estratéxico do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia Axencia Turismo de Galicia
D.X. do Patrimonio Cultural En realización
A.3. Promoción das boas prácticas e recoñecemento da excelencia en arquitectura, rehabilitación e renovación dos espazos urbanos e rurais.
Preténdese contribuír ao reforzo positivo que supón o recoñecemento das actuacións que se poden considerar exemplarizantes polo seu bo facer. Desta maneira divúlganse os valores da súa contribución á integración paisaxística das actuacións no territorio. Premios Varios Varios
A.3.1. Recoñecer as iniciativas e actuacións públicas que teñen como obxectivo a mellora paisaxística e a integración harmónica dos elementos arquitectónicos.
Trátase de acadar a sensibilización da cidadanía en relación cos valores da paisaxe e fomentar a colaboración entre administracións públicas. Premios Galicia Parabéns Accións de promoción de produtos turísticos Axencia Turismo de Galicia En realización
A.3.2. Recoñecer a excelencia en arquitectura e rehabilitación.
Premiarase a calidade das obras e a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co ambiente en consonancia con outras políticas públicas e cos programas europeos do Horizonte Europa 2020.
Concretamente, o órgano competente en materia de vivenda convoca, con periodicidade bienal, os Premios de arquitectura e rehabilitación de Galicia co obxectivo de incentivar unha arquitectura de calidade tanto en proxectos de obra nova como en rehabilitación, nos cales unha das categorías premia a arquitectura sustentable. Premios de arquitectura e rehabilitación de Galicia Lei 8/2012, do 29 de xuño Instituto Galego da Vivenda e Solo En realización
B. Liñas eléctricas de alta tensión e parques eólicos.
Obxectivo de calidade paisaxística (AEAP_2): Unhas instalacións enerxéticas planificadas e deseñadas segundo as propostas máis respectuosas coa paisaxe, previstas co menor impacto visual posible e nas cales se leven a cabo as medidas correctoras precisas para a minimización do seu impacto en AEIP.
Medidas e accións Instrumento Marco Organismo Prazo
B.1. Mellora da integración paisaxística dos parques eólicos.
Os parques eólicos actuais e potenciais previstos na súa planificación sectorial poden mellorar a súa integración paisaxística a través dalgunhas accións viables para os axentes implicados, como son as seguintes: Varios Varios Dirección Xeral de Enerxía e Minas.
B.1.1. Incorporar novas tecnoloxías nos parques eólicos para a súa repotenciación.
Unha maior potencia por unidade de produción pode levar a reducir o número de aeroxeradores. Esta acción permite o mantemento da potencia producida cunha menor afección paisaxística, aspecto este especialmente relevante nas contornas de maior sensibilidade como poden ser as áreas de especial interese paisaxístico (AEIP). Proxectos de repotenciación de parques eólicos Lei 8/2009, de 22 de decembro, do sector eólico. Dirección Xeral de Enerxía e Minas. En realización
B.1.2. Revisar o Plan sectorial eólico.
A revisión realizarase considerando a mellora da integración paisaxística das infraestruturas dos parques eólicos, dado que a regulación do sector eólico debe garantir a inserción das infraestruturas necesarias dos parques eólicos no territorio. Revisión do Plan sectorial eólico Plan sectorial eólico de Galicia Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Medio
B.2. Actuacións derivadas da planificación da rede de transporte de electricidade.
Trátase da consideración da acción que supón o desenvolvemento da planificación da rede de transporte de electricidade 2015-2020 que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_2. Identifícase a seguinte acción: Planificación da rede de transporte de electricidade 2021-2026, – Ministerio para a Transición Ecolóxica
B.2.1. Incorporar criterios de integración paisaxística no desenvolvemento das novas infraestruturas.
Trátase de acadar a máxima integración paisaxística das novas actuacións previstas en Galicia tanto na planificación da rede de transporte de electricidade 2015-2020, como na nova planificación da rede de transporte de electricidade 2021-2026, en desenvolvemento. Planificación da rede de transporte de electricidade 2021-2026, – Ministerio para a Transición Ecolóxica En realización
C. Explotacións mineiras, canteiras e extracción de areas ou terras.
Obxectivo de calidade paisaxística (AEAP_3): unhas explotacións extractivas integradas na contorna, nas cales se apliquen os sistemas de explotación que impliquen un menor impacto paisaxístico e nas cales se adopten solucións que reduzan a súa visibilidade.
Medidas e accións Instrumento Marco Organismo Prazo
C.1. Elaboración dunha ferramenta de referencia sobre criterios de integración paisaxística.
Elaborarase un documento de carácter técnico que conxugue funcións técnicas, educativas e divulgativas para favorecer a integración paisaxística das explotacións de recursos mineiros e xeolóxicos. Esta medida desenvolverase coa seguinte acción: Guía Varios Instituto de Estudos do Territorio
C.1.1. Realizar recomendacións para a integración paisaxística das explotacións de recursos mineiros e xeolóxicos.
No marco da determinación 3.3.20 das Directrices de ordenación do territorio (DOT), a cal propón a elaboración de estudos co obxecto de ponderar as diversas circunstancias e tecnoloxías que concorren no aproveitamento dos recursos minerais e xeolóxicos coas técnicas de rehabilitación dos terreos afectados e cos requirimentos que derivan das características da contorna natural e social, elaborarase un manual de boas prácticas que recolla estratexias de integración paisaxística e de minimización de impactos para as explotacións de recursos mineiros e xeolóxicos. Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas DOT/Estratexia da paisaxe galega Instituto de Estudos do Territorio/D.X. de Enerxía e Minas En realización
C.2. Actuacións relativas a instrumentos de planificación de actividades extractivas.
Trátase da consideración da acción dos instrumentos relacionados coa planificación das actividades extractivas que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_3. Identifícanse as seguintes accións: Varios Varios D.X. de Enerxía e Minas
C.2.1. Aproveitar os recursos mineiros e xeolóxicos de forma sustentable.
Trátase de establecer os principios e directrices para a ordenación das actividades extractivas de Galicia de forma compatible coa protección do medio, incluíndo a paisaxe e os seus valores asociados. Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia Lei 3/2008, do 23 de maio/DOT D.X. de Enerxía e Minas Medio
C.2.2 Establecer medidas preventivas e correctoras para as afeccións da actividade extractiva sobre a paisaxe.
Trátase de impulsar proxectos sectoriais ou outro tipo de instrumentos que establezan medidas co fin de paliar a afección actual e resultante da actividade extractiva sobre a paisaxe dunha zona.
Así por exemplo, en relación coas explotacións de extracción de areas na zona da Limia, o plan sectorial actualmente en tramitación propón diversas medidas tales como a minimización da altura das acumulacións de area, creación de pantallas arbóreas, recuperación parcial da formación húmida da lagoa, restauración final do perímetro da lagoa, adecuación de pendentes e revexetación arbórea, arbustiva e lacustre. Proxecto sectorial Areeiras da Limia Lei 3/2008, do 23 de maio D.X. de Enerxía e Minas En realización
D. Áreas degradadas por outros impactos ambientais e paisaxísticos.
Obxectivo de calidade paisaxística (AEAP_4): unha paisaxe libre de impactos ambientais (incendios forestais, contaminacións e deterioración dos cursos fluviais, vertedoiros incontrolados, etc.) que deterioren e supoñan unha perda ou diminución dos valores paisaxísticos propios do lugar.
Medidas e accións Instrumento Marco Organismo Prazo
D.1. Prevención e, se for o caso, control da presenza e dispersión de especies vexetais exóticas invasoras pola alteración que supoñen para a matriz paisaxística.
A invasión de especies exóticas invasoras é un dos problemas ambientais identificados neste grupo de AEAP. O órgano competente na materia está levando a cabo un conxunto de actuacións que se sintetizan na presente medida e as súas accións: Varios Varios D.X. de Patrimonio Natural
D.1.1. Avaliar a situación en Galicia e planificar as estratexias que afrontar en relación coas especies exóticas invasoras.
O establecemento de prioridades para afrontar a xestión do problema dun xeito transversal na Administración, sobre a base da prevención, xorde tras unha primeira fase de análise da situación para despois ser abordado mediante unha proposta técnica de Plan estratéxico para a xestión das especies exóticas invasoras en Galicia. Entre as prioridades propostas figura a elaboración dun sistema de información coa identificación de especies e a súa localización que permita unha análise e vixilancia sistemática da problemática e a avaliación dos avances acadados; o fortalecemento da relación entre as administracións e a creación de códigos de conduta que serán difundidos como manuais de boas prácticas. Plan estratéxico galego de xestión das especies exóticas invasoras e para o desenvolvemento dun sistema estandarizado de análise de riscos para as especies exóticas en Galicia Lei 42/2007, do 13 de decembro/Real decreto 630/2013, do 2 de agosto/Regulamento (UE) 1143/2014, do 22 de outubro de 2014 D.X. de Patrimonio Natural En realización permanente
D.1.2. Previr a entrada e a colonización de especies exóticas invasoras.
A prevención é a solución máis eficaz e con menor custo para loitar contra este problema. Neste sentido, as principais actuacións que desenvolver son:
a) A divulgación mediante campañas de información dirixidas a distintos sectores sociais e o fomento do voluntariado que permitan dar a coñecer as especies invasoras e os problemas que orixinan.
b) O desenvolvemento de sistemas estandarizados, que constitúen unha ferramenta técnica fundamental para adoptar decisións relativas a novas especies exóticas ou á xestión das especies exóticas invasoras xa introducidas.
c) A consideración desta problemática na avaliación ambiental de plans e proxectos
d) A creación dunha rede de alerta destinada a detectar a entrada de especies invasoras nas primeiras fases, o que permite en ocasións unha erradicación tamén temperá. Varios Lei 42/2007, do 13 de decembro/Real decreto 630/2013, do 2 de agosto/Regulamento (UE) 1143/2014, do 22 de outubro de 2014 D.X. de Patrimonio Natural En realización permanente
D.1.3. Erradicar e controlar as poboacións de especies exóticas invasoras existentes.
Como resultado do establecemento de prioridades para a xestión das invasións biolóxicas de acordo coa proposta de Plan estratéxico de xestión de especies exóticas invasoras, desenvólvense dous eixes de actuación:
a) A erradicación de focos de invasións de especies animais e vexetais de alto risco recentemente naturalizados, como o mapache (Procyon lotor) ou o bambú xaponés (Fallopia japonica).
b) Para as especies exóticas con alto impacto para as cales non é factible actualmente a erradicación, accións dirixidas a limitar a expansión (contención) ou limitar os danos que producen en hábitats ou especies sensibles (control), considerando principalmente a Rede Natura 2000. Pódense citar, por exemplo, as campañas dirixidas a eliminar o visón americano no P. N. Illas Atlánticas, ao control da uña de gato (Carpobrotus sp.) e a herba da Pampa (Cortaderia selloana) nos espazos naturais costeiros, ou ao control da falsa acacia (Robinia pseudoacacia) no sistema fluvial Ulla-Deza. Campañas de erradicación e control Lei 42/2007, do 13 de decembro/Real decreto 630/2013, do 2 de agosto/Regulamento (UE) 1143/2014, do 22 de outubro de 2014 D.X. de Patrimonio Natural En realización permanente
D.2. Prevención dos lumes forestais e, en caso de que se produzan, minimización dos seus efectos como vía para preservar as paisaxes forestais.
Os lumes forestais son un dos impactos ambientais con maior nivel de alcance no territorio e na paisaxe. O órgano competente na materia está levando a cabo diversas actuacións que se encadran no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) e nas disposicións da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Sintetízanse na presente medida e as súas accións: Varios Varios D.X. de Defensa do Monte
D.2.1. Previr os lumes a través de actuacións coa poboación.
Esta acción lévase a cabo a través da regulación das autorizacións e comunicacións de queimas, accións sociolóxicas e de educación ambiental (aulas forestais e outras), sistemas de alerta preventiva e desenvolvemento normativo. Pladiga Lei 3/2007, do 9 de abril D.X. de Defensa do Monte En realización permanente
D.2.2. Previr os lumes a través de actuacións dirixidas ao territorio.
O Plan de prevención do Pladiga establece 3 liñas de actuación:
a) De compoñente produtiva e de xestión forestal: tarefas de reforestación e mellora das condicións silvícolas, creación de áreas de frondosas caducifolias nas valgadas, marxes de pista ou devasas, actuacións conxuntas de aproveitamento ordenado dos pastos, caza ou pesca, mellora das masas produtoras de froitos, etc.
b) Control selectivo do combustible forestal: traballos que se encamiñan a romper a continuidade horizontal e vertical do combustible forestal cunha largura suficiente para deter ou servir de apoio aos medios terrestres de extinción.
c) Construción e mantemento das infraestruturas preventivas de defensa: trátase de acadar unha densidade óptima de infraestruturas forestais, mellorar os tempos de reacción mediante unha rede de pistas que posibiliten un acceso rápido e seguro á extinción do lume, rompendo a continuidade horizontal e vertical do combustible, capitalizar o monte, e facilitar a súa activación económica e o seu uso social: devasas, vías e pistas forestais, puntos de auga, bases de medios e puntos de vixilancia. Pladiga Lei 3/2007, do 9 de abril D.X. de Planificación e Ordenación Forestal En realización permanente
D.2.3 Previr os lumes a través de actuacións de colaboración e cooperación administrativa.
A Xunta de Galicia formaliza a súa colaboración coas entidades locais na prevención e defensa contra incendios forestais a través dun convenio de colaboración para a articulación de medios de prevención e defensa, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), que inclúe algunha/s das seguintes actuacións:
a) Participación na defensa contra incendios forestais mediante a actuación de vehículos motobomba de propiedade municipal.
b) Realización de tratamentos preventivos de xeito mecanizado.
c) Contratación de brigadas para o desenvolvemento de labores de vixilancia e defensa e para a realización de traballos de prevención de forma manual. Pladiga Lei 3/2007, do 9 de abril D.X. de Defensa do Monte En realización permanente
D.2.4. Restaurar as zonas queimadas.
Nos casos que se consideren de interese xeral, a Administración establecerá medidas de obrigado cumprimento encamiñadas a restaurar os montes afectados por lumes forestais ou outros eventos catastróficos. O órgano con competencias en materia de montes poderá prestar apoio técnico e económico na elaboración e desenvolvemento do proxecto correspondente.
Por outra parte, existen axudas para levar a cabo esta acción que foron identificadas como unha submedida do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020. Concretamente, trátase da submedida 8.4-Axuda para a reparación dos danos causados aos bosques por lumes, desastres naturais e catástrofes. PDR Lei 7/2012, do 28 de xuño D.X. de Defensa do Monte e D.X. de Planificación e Ordenación Forestal En realización permanente
D.3. Prevención e corrección dos procesos de contaminación das augas continentais e costeiras para a preservación e restauración das paisaxes.
A deterioración dos sistemas fluviais e a contaminación das rías son os principais impactos identificados neste grupo de AEAP. Os órganos competentes na materia están levando a cabo un conxunto de actuacións que se sintetizan na presente medida e a súa acción: Varios Varios Organismos de bacía
D.3.1. Previr e corrixir a contaminación de todos os tipos de masas de auga.
Os instrumentos de planificación hidrolóxica das catro demarcacións presentes en Galicia inclúen un programa de medidas para o cumprimento dos obxectivos ambientais que perseguen e para a satisfacción das demandas identificadas. Estes obxectivos son coherentes co OCP-4 en relación cos impactos identificados sobre os sistemas fluviais e as rías.
As medidas incluídas nestes plans hidrolóxicos propóñense para a redución da contaminación puntual e difusa, a redución da presión por extracción de auga, a mellora das condicións morfolóxicas e hidrolóxicas, a conservación e mellora da estrutura e funcionamento dos ecosistemas acuáticos, así como outros impactos, problemas e demandas identificadas. Trátase de accións sobre infraestruturas de abastecemento, saneamento e depuración, planificación hidrolóxica e xestión do dominio público hidráulico, fenómenos extremos, presas, redes de control, restauración fluvial, portos, costas, gobernanza e outros.
A metodoloxía para a súa identificación supón a análise das medidas propostas por todas as administracións con incidencia no estado das augas e a súa consideración na configuración do programa. Augas de Galicia, como organismo de bacía da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, que é a que abrangue a maior superficie de Galicia e como Administración hidráulica de Galicia, é o que intervén na maior parte da planificación e desenvolvemento destas medidas. Plan hidrolóxicos das demarcacións de Galicia-Costa, Cantábrico Occidental, Miño-Sil e Douro Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo
Directiva Marco de Auga Organismos de bacía En realización permanente
D.3.2. Apoiar iniciativas de concienciación, educación e participación cidadá para a conservación e mellora dos sistemas fluviais.
A Xunta de Galicia vén apoiando como entidade colaboradora o Proxecto Ríos promovido pola asociación Adega. Trátase dunha iniciativa que abrangue toda Galicia con 10 anos de experiencia custodiando os ríos. Proxecto Ríos Directiva Marco de Auga Augas de Galicia/Instituto de Estudos do Territorio En realización
D.4. Redución dos impactos asociados ás vías de comunicación.
A afección paisaxística derivada das infraestruturas de comunicación ten diversas compoñentes. A compoñente física é máis complexa de reducir, pero outras como as asociadas á contaminación acústica e atmosférica poden ter solucións máis doadas. A este respecto, o órgano competente na materia está levando a cabo un conxunto de actuacións que se sintetizan na primeira acción desta medida. Así mesmo, inclúese outra acción sobre o Camiño de Santiago polo seu carácter simbólico como vía de comunicación. Varios Varios Axencia Galega de Infraestruturas
D.4.1. Desenvolver solucións de mobilidade alternativa aos vehículos privados motorizados para reducir as afeccións da intensidade do tráfico.
En 2016 elaborouse a Estratexia en materia de mobilidade alternativa cuxos obxectivos se achan aliñados cos establecidos no programa operativo Feder Galicia e coa Estratexia española de mobilidade sustentable. A partir dela, definíronse as estratexias comarcais en materia de mobilidade alternativa para as 11 comarcas que resultaron ser prioritarias para o cumprimento dos obxectivos, segundo a metodoloxía empregada, que son: Vigo, Ferrol, A Coruña, O Salnés, Santiago, Terra Chá, Bergantiños, Pontevedra, Ourense, Lugo e O Morrazo.
As actuacións desenvolverán traxectos de sendas para peóns e ciclistas en cada unha das comarcas. Estratexias comarcais de mobilidade alternativa DOT/Estratexia de mobilidade alternativa Axencia Galega de Infraestruturas En realización
D.4.2. Desenvolver obras de mellora e integración paisaxística das entradas do camiño de Santiago en Santiago de Compostela.
O Camiño de Santiago, ademais dos seus valores patrimoniais, constitúe un referente simbólico das vías de comunicación, pero presenta no seu tramo final dentro do concello de Santiago de Compostela algúns problemas paisaxísticos que debe ser afrontados.
Trátase dunha acción conxunta para as entradas dos diferentes Camiños en Santiago que debe abordarse cunha visión integral dos aspectos urbanísticos, culturais, ambientais e infraestruturais para as distintas intervencións que se executen tanto na zona rural como nos barrios ou na cidade histórica. Entre os seus obxectivos figura acadar un sinal de identidade a nivel internacional, así como a consecución de directrices de intervención que se poidan despois estender aos diferentes Camiños de Santiago, de modo que sirvan de referencia para que vaian adquirindo unha identidade recoñecible.
Esta acción realízase como resultado do labor do grupo de traballo do Protocolo de colaboración entre a Axencia galega de Infraestruturas (AXI), o Concello de Santiago de Compostela, a Axencia de Turismo de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Proxectos de obras de mellora e integración paisaxística Protocolo de colaboración entre a Axencia galega de Infraestruturas (AXI), o Concello de Santiago de Compostela, a Axencia de Turismo de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Axencia Galega de Infraestruturas
D.X. do Patrimonio Cultural En realización
D.4.3. Recomendacións técnicas para o tratamento de travesías urbanas.
Unha proposta de medidas, técnicas ou solucións para mellorar a convivencia e a integración entre a mobilidade rodada, a mobilidade peonil e por medios non motorizados, e a calidade paisaxística dos espazos urbanos. Axencia Galega de Infraestruturas
D.5. Corrección dos impactos paisaxísticos provocados por residuos urbanos e industriais.
A afección paisaxística asociada aos residuos deriva na súa maior parte das súas infraestruturas de tratamento e xestión, incluíndo entre elas os vertedoiros. O órgano competente na materia está levando a cabo distintas actuacións asociadas a estas infraestruturas, coa finalidade de corrixir os efectos ambientais e paisaxísticos, as cales se sintetizan na presente medida e a súa acción: Plans de xestións de residuos Lei 22/2011, do 28 de xullo/Lei 10/2008, do 3 de novembro D.X. de Calidade Ambiental e Cambio Climático
D.5.1. Corrección dos impactos paisaxísticos xerados por residuos urbanos.
Esta acción estase a desenvolver a través do programa de actuacións do vixente Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRSUG). Concretamente, en relación coa corrección dos impactos derivados da xeración de residuos inclúense as seguintes actuacións:
a) Mellora das plantas de tratamento de residuos existentes en canto aos seus impactos ambientais, en especial cheiros, ruídos e augas residuais de proceso.
b) Adecuación, clausura e selaxe de vertedoiros de residuos sólidos urbanos non utilizados (actuación practicamente completada).
c) Clausura de puntos de vertedura incontrolada. PXRSUG Lei 10/2008, do 3 de novembro D.X. de Calidade Ambiental e Cambio Climático En realización
D.5.2. Corrección dos impactos paisaxísticos xerados por residuos industriais e restauración de solos contaminados.
Esta acción estase a desenvolver a través do programa de actuación do vixente Plan de xestión de residuos industriais de Galicia 2016-2022 (PXRIG). En relación coa corrección dos impactos relacionados coa xeración das distintas tipoloxías de residuos que abrangue esta categoría, inclúense as seguintes actuacións:
a) Elaboración de guías de boas prácticas en relación coa xestión de residuos agrarios e desenvolvemento de campañas de sensibilización e información de persoas agricultoras, organizacións profesionais agrarias e outros axentes económicos.
b) Deseño, en colaboración co órgano ambiental, de medidas específicas para incorporar nas autorizacións de restauración de tipoloxía de residuos metálicos que mitiguen calquera impacto ambiental que puider producirse.
c) Cuantificación das instalacións de residuos mineiros fechadas, abandonadas e activas en Galicia.
d) Adecuación e mellora das celas e selaxes do depósito de seguridade de residuos perigosos do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG).
e) Reforzo das actuacións para avanzar na aprobación dos plans de recuperación de solos contaminados.
f) Control e seguimento da calidade dos solos e das augas subterráneas dos polígonos industriais máis importantes de Galicia onde se concentra o maior número de actividades potencialmente contaminantes.
g) Reforzo da actividade inspectora para a correcta xestión da maior parte das tipoloxías de residuos incluídas. PXRIG Lei 22/2011, do 28 de xullo/Lei 10/2008, do 3 de novembro D.X. de Calidade Ambiental e Cambio Climático En realización
D.6. Medidas transversais en relación co patrimonio natural e coa posta en valor dos elementos de valor paisaxístico.
Ademais das medidas anteriores, específicas para os impactos identificados que constitúen os AEAP deste grupo, pódense establecer outras accións que tamén contribúen a previr e reducir algúns deses impactos, pero presentan un carácter máis transversal. Son as seguintes: Varios Varios Varios
D.6.1. Apoiar as iniciativas de custodia do territorio.
Co obxecto de establecer mecanismos de colaboración e cooperación para fomentar a conservación e uso sustentable do patrimonio natural e a participación social, atribuiranse ás entidades de custodia do territorio importantes funcións. Entre elas figura a posibilidade de desenvolver as medidas de conservación e xestión dos espazos protexidos da Rede Natura 2000, as reservas da biosfera e os espazos protexidos de carácter local (ENIL e EPIN). Acordos de colaboración Lei 5/2019, do 2 de agosto D.X. de Patrimonio Natural/Entidades de custodia do territorio Medio
D.6.2. Garantir a conectividade ecolóxica e a restauración do territorio galego.
Elaborarase a Estratexia galega de infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas en desenvolvemento da estratexia estatal na materia. O dito instrumento marcará as directrices para a identificación e conservación dos elementos do territorio que compoñen a infraestrutura verde de Galicia, terrestre e mariña, asegurando a conectividade ecolóxica e a funcionalidade dos ecosistemas, a mitigación e adaptación aos efectos do cambio climático, a desfragmentación de áreas estratéxicas para a conectividade e a restauración de ecosistemas degradados. Estratexia galega de infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas Lei 5/2019, do 2 de agosto DX de Patrimonio Natural/Instituto de Estudos do Territorio/Outros departamentos autonómicos En realización
D.6.3. Establecer regulacións de uso para os parques naturais que consideren a restauración paisaxística.
Os plans reitores de uso e xestión (PRUX) dos parque naturais de Galicia regularán os usos e actividades a través de plans de acción que leven a acadar os seus correspondentes obxectivos xerais, entre eles, a restauración paisaxística onde sexa necesaria. PRUX dos Parques naturais Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia/Lei 42/2007, do 13 de decembro D.X. de Patrimonio Natural En realización
D.6.4. Creación da Rede de itinerarios de interese paisaxístico.
Co fin de acadar unha posta en valor da paisaxe galega e en desenvolvemento da determinación 7.3.5. das DOT, deseñarase un sistema de itinerarios que constituirán a rede de Itinerarios de interese paisaxístico e ambiental, formando un conxunto de elementos lineais, que conecte entre si os diferentes compoñentes de interese paisaxístico, natural e cultural, e as áreas de interpretación da natureza. Entre os elementos de interese paisaxístico e cultural prestarase especial atención ás paisaxes agrarias tradicionais para a súa inclusión no sistema de itinerarios. Rede de itinerarios de interese paisaxístico DOT Instituto de Estudos do Territorio/Departamentos autonómicos de patrimonio cultural, natural e turismo En realización
D.6.5. Establecer estratexias de actuación conxunta entre Galicia e o Norte de Portugal en relación coa biodiversidade ameazada.
O contacto entre Administración e axentes resulta fundamental para a conservación da biodiversidade nun espazo ambiental e cultural uniforme.
Trátase do desenvolvemento dunha plataforma que permita o establecemento dunha rede transfronteiriza para a definición de estratexias de coñecemento, seguimento e difusión que reduzan as ameazas sobre o patrimonio natural. Acádase así unha mellor xestión da paisaxe mediante procesos de sensibilización, difusión e participación pública a través do voluntariado ambiental.
Esta acción estase desenvolvendo a través do proxecto Biodiversidade ameazada Galicia-Norte de Portugal (BIODIV_GNP), no cal participan as universidades de Santiago de Compostela e Porto, a Fundación Centro de Estudos Euro (Rexionais) Regionais, a Fundação Fernão Magalhães para o Desenvolvimento e a D.X. de Patrimonio Natural, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal. BIODIV_GNP Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal D.X. de Patrimonio Natural En realización
D.6.6. Promover a declaración de paisaxes culturais.
No marco da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, recoñeceuse a figura da paisaxe cultural como o lugar identificable por un conxunto de cualidades culturais materiais e inmateriais singulares, obras combinadas da natureza e o ser humano, que é o resultado do proceso da interacción e interpretación que unha comunidade fai do medio natural que a sustenta e que constitúe o soporte material da súa identidade. Con este obxecto trabállase na incorporación ao Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia das paisaxes culturais do arquipélago de Sálvora, así como o territorio da Ribeira Sacra, co obxectivo de establecer medidas específicas de protección, difusión e posta en valor do produto da actividade humana destacable polo seu valor sobranceiro e que promoven tanto as actividades económicas deslocalizadas e ligadas a un desenvolvemento sustentable como propician unhas condicións mellores para a cohesión social e a identidade cultural das comunidades que crearon estas paisaxes e que as manteñen na actualidade.
O sistema de protección incorporará os mecanismos para facilitar a xestión máis acaída das intervencións e a súa integración ambiental, de tal forma que colaboren no incremento do seu valor. Paisaxes culturais Lei 5/2016, do 4 de maio D.X. de Patrimonio Cultural En realización permanente
E. Actividades industriais ou empresariais mal integradas na paisaxe.
Obxectivo de calidade paisaxística (AEAP_5): unhas áreas de actividades industriais ou empresariais planificadas e deseñadas con criterios paisaxísticos, respectuosas cos elementos de valor ecolóxico, natural ou patrimonial, e integradas na estrutura territorial da súa contorna.
Medidas e accións Instrumento Marco Organismo Prazo
E.1. Elaboración de ferramentas de referencia sobre criterios de integración paisaxística.
Elaboraranse documentos de carácter técnico que conxuguen funcións técnicas, educativas e divulgativas para favorecer a integración paisaxística das actividades. Esta medida desenvolverase a través das seguintes accións: Guía Varios Instituto de Estudos do Territorio
E.1.1. Establecer un marco de referencia para a correcta integración paisaxística das actividades industriais e das actuacións vinculadas.
Elaborarase unha guía de integración con recomendacións e boas prácticas en materia de paisaxes industriais e empresariais. Guía de integración paisaxística para actividades industriais Estratexia da Paisaxe Galega Instituto de Estudos do Territorio/Instituto Galego da Vivenda e Solo/Consellería de Economía, Emprego e Industria Medio
E.1.2. Realizar recomendacións para a integración paisaxística das explotacións e industrias agrarias.
Crearase unha guía con recomendacións e boas prácticas en materia de integración paisaxística das explotacións e industrias agrarias. Guía de integración paisaxística para explotacións e industrias agrarias Estratexia da Paisaxe Galega Instituto de Estudos do Territorio/D.X. de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias Medio
E.2. Actuacións derivadas de instrumentos de planificación de actividades industriais e empresariais.
Trátase da consideración da acción dos instrumentos relacionados coa planificación dalgunhas actividades produtivas que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_5. Identifícanse as seguintes accións: Varios Varios Varios
E.2.1. Planificar e ordenar a acuicultura litoral de forma sustentable.
Trátase de elaborar a ordenación das actividades de acuicultura litoral de Galicia de forma compatible coa protección do medio, incluíndo a paisaxe e os seus valores asociados.
Para iso os criterios sobre os cales se fundamenta a ordenación da actividade acuícola litoral fomentan a prevención dos posibles impactos, cunha orde de prioridade na ocupación do espazo litoral de menor a maior probabilidade de impacto. Asemade, os parques e plantas de acuicultura poderán deseñarse seguindo as recomendacións da Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral. Plan director de acuicultura litoral de Galicia Estratexia galega de acuicultura D.X. de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica En realización
E.2.2. Procurar unha ordenación integral da zona marítima e da zona marítimo-terrestre que permita unha correcta xestión ambiental e paisaxística dos diversos cultivos e actividades produtivas.
Ordenación integral da zona marítimo-terrestre e marítima destinada ao desenvolvemento da acuicultura mediante a delimitación e caracterización das zonas aptas para os cultivos mariños, así como para a determinación das especies permitidas, compatibles e prohibidas. Plan de ordenación dos cultivos na zona marítima Estratexia galega de acuicultura D.X. de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica Medio
F. Zonas abandonadas.
Obxectivo de calidade paisaxística (AEAP_6): unha paisaxe libre de elementos que se atopen en situación de abandono e deterioración, tanto construcións de todo tipo como aldeas, viñas, infraestruturas ou calquera outro que non se atope en condicións adecuadas.
Medidas e accións Instrumento Marco Organismo Prazo
F.1. Actuacións derivadas de instrumentos relacionados coa rehabilitación e mellora do patrimonio construído e de espazos residenciais.
Trátase das accións dos instrumentos relacionados coa rehabilitación que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_6. Identifícanse as seguintes accións: Varios Varios Varios
F.1.1. Promover actuacións de rehabilitación dos bens culturais tanxibles en estado de deterioración ou abandono.
O órgano autonómico competente na materia promove actuacións de conservación do patrimonio cultural que atenden á execución de accións e medidas sobre os bens culturais tanxibles, de acordo coa programación anual de investimentos e de colaboracións con outras administracións ou coas persoas propietarias dos bens protexidos, ao abeiro dos convenios que se asinen para eses efectos.
A planificación destas actuacións inclúese como parte do desenvolvemento do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e responde ao obxectivo de «Conservación, promoción e difusión dos museos, o patrimonio cultural edificado, os sitios, o territorio e a paisaxe de valor cultural». Enmárcanse, así mesmo, nos plans de conservación establecidos con carácter nacional ou autonómico, como son o Plan de catedrais, o Plan da arquitectura defensiva, o Plan do patrimonio industrial, o Plan de abadías, mosteiros e conventos ou o Plan de arquitectura tradicional. Programación de actuacións de rehabilitación/Varios plans nacionais e autonómicos Lei 5/2016, do 4 de maio/PO Feder Galicia D.X. do Patrimonio Cultural En realización permanente
F.1.2. Impulsar a rehabilitación como medio para revitalizar espazos residenciais deteriorados ou abandonados (coincide coas accións A.2.1 e A.2.3 do grupo A. Paisaxes urbanas degradadas).
A intervención pública en espazos construídos urbanos e rurais é fundamental para dotalos de habitabilidade, mellorando así a calidade de vida da cidadanía. Por unha parte, a acción pública contribúe á rehabilitación de vivendas de forma illada a través de axudas e subvencións. Por outra parte, a propia Administración procede á recuperación de espazos residenciais abandonados ou degradados para introducilos no mercado a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia baixo algún réxime de protección.
Nalgúns casos trátase de incentivar o remate de fachadas e cubertas das vivendas dos ámbitos rurais, históricos e dos Camiños de Santiago, co fin de paliar as posibles afeccións estéticas e a progresiva deterioración das edificacións. Noutros, a declaración das áreas de rehabilitación integral pode contribuír de forma integradora á rehabilitación e renovación de espazos residenciais, incluídos os asociados aos Camiños de Santiago. Plan RehaVita
Áreas Rexurbe
Outras disposicións
Áreas de Rehabilitación Integral Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda
Lei 1/2019, do 22 de abril
Decreto 18/2014, do 13 de febreiro Instituto Galego da Vivenda e Solo
Instituto Galego da Vivenda e Solo
Instituto Galego da Vivenda e Solo En realización
Curto
En realización
F.1.3. Procurar vilas e núcleos accesibles e habitables (coincide coa acción A.2.4 do grupo A. Paisaxes urbanas degradadas).
Trátase de desenvolver actuacións nas vilas e núcleos rurais orientadas a frear o despoboamento, potenciando as infraestruturas, servizos e equipamentos e, en definitiva, mellorando o benestar e a calidade de vida dos seus habitantes con criterios de sustentabilidade ambiental, social e económica. Para a consecución destes obxectivos desenvolveranse accións nas seguintes áreas de actuación: equipamentos públicos, humanización de rúas e urbanización e mellora de espazos públicos. Plan Hurbe Programas de actuación da D.X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo D.X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo En realización
F.1.4. Actuacións en aldeas modelo.
Na parte urbana das aldeas modelo formularase un programa plurianual no cal se integran actuacións a nivel arquitectónico e tecnolóxico dirixidas a fomentar políticas de rehabilitación de edificios e de vivendas e á mellora do espazo público con outras a nivel económico, ambiental e social. Estes programas coordinarán as actuacións públicas e privadas destinadas á dinamización e á rexeneración destes ámbitos, co impulso da recuperación da actividade económica e a innovación tecnolóxica, o fomento da mellora da habitabilidade das vivendas, atendendo a técnicas de rehabilitación de edificacións rurais tradicionais con criterios de eficiencia enerxética e de integración paisaxística, e das condicións de vida das persoas residentes, a procura de atraer novos habitantes e máis a garantía da conservación dos valores patrimoniais do conxunto e dos seus elementos singulares, o desenvolvemento de sistemas alimentarios locais e canles curtas de comercialización, a promoción de estratexias para xeración de valor engadido nos produtos agroalimentarios, así como o deseño de modelos de negocio local sustentables, optando por solucións baseadas na natureza Aldeas modelo Lei 6/2011, do 13 de outubro
Anteproxecto de Lei de recuperación da terra agraria de Galicia AGADER En realización
F.2. Actuacións derivadas de instrumentos de planificación do medio rural no seu conxunto.
Trátase da consideración da acción dos instrumentos relacionados coa ordenación do medio rural que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_6. Identifícanse as seguintes accións: Varios Varios Varios
F.2.1. Promover un desenvolvemento do territorio ordenado e eficiente que considere as características singulares locais de posibles áreas funcionais subrrexionais.
O órgano competente en ordenación do territorio promoverá plans territoriais integrados (PTI) para as posibles áreas funcionais que máis os precisen. Tal e como recolle a determinación 10.1.6 das DOT, os PTI no seu ámbito territorial impulsarán, igual que as DOT un desenvolvemento do territorio ordenado e eficiente que contribúa a unha planificación racional do uso do solo, identificando as áreas funcionais presentes no seu ámbito territorial e definindo os usos máis idóneos en coherencia co modelo territorial que se formula e cos diagnósticos de partida. Para tal fin:
a) Delimitarán o ámbito concreto de actuación.
b) Orientarán os usos do solo de maneira racional en consonancia coas áreas funcionais que se identifiquen.
c) Establecerán relacións entre as paisaxes e as áreas funcionais identificadas.
d) Identificarán e analizarán as actividades económicas estratéxicas en consonancia coas áreas funcionais.
Polo momento estase a desenvolver o Plan territorial integrado da bacía do río Eume. Plans territoriais integrados Lei 10/1995, do 23 de novembro/DOT D.X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo En realización permanente
F.2.2. Aprobar os catálogos de solos agropecuarios e forestais.
O Catálogo de solos agropecuarios e forestais de Galicia configúrase como un documento técnico integrado que representa o instrumento marco para a ordenación e xestión do desenvolvemento dos usos destes solos sobre o territorio galego. O catálogo clasificará a totalidade dos terreos agroforestais en agropecuarios ou forestais en función da súa aptitude produtiva actual e potencial a partir da análise de factores físicos, ambientais, estruturais e socioeconómicos. Catálogo de solos agropecuarios e forestais Lei 2/2016 do solo de Galicia
Anteproxecto de lei de recuperación da terra agraria de Galicia AGADER Medio
F.2.3. Ordenar de maneira integrada os espazos de especiais características morfolóxicas, ecolóxicas ou paisaxísticas.
Desenvolveranse plans de ordenación do medio físico (POMF), os cales, segundo a determinación 10.1.16 das DOT, establecerán as determinacións e actuacións necesarias para a ordenación e xestión dos recursos rurais nos seus respectivos ámbitos, atendendo a obxectivos e características morfolóxicas, agrícolas, gandeiras, forestais, mineiras, paisaxísticas ou ecolóxicas diferenciadas que exixan tratamento unitario. Dado o modelo de asentamentos e a súa densidade, para un mellor logro dos seus obxectivos, os POMF poderán incluír determinacións para a ordenación das entidades de poboación incluídas dentro do seu perímetro. Plans de ordenación do medio físico Lei 10/1995, do 23 de novembro/DOT D.X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo Medio
F.3. Actuacións derivadas de instrumentos de xestión de terras.
Trátase da consideración da acción dos instrumentos relacionados coa mobilidade de terras que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_6. Identifícanse as seguintes accións: Varios Varios Varios
F.3.1. Procedementos e instrumentos de mobilización e recuperación da terra agraria de Galicia.
Estes instrumentos inclúen, entre outros, os polígonos agroforestais, instrumentos voluntarios de mobilización de terras que teñen por obxecto o aproveitamento e a recuperación produtiva de parcelas que se encontren en estado de abandono ou infrautilización ou susceptibles de optimización coa finalidade de constituír áreas de explotación que garantan a súa rendibilidade, contando coa existencia de axentes promotores públicos ou privados interesados no seu desenvolvemento, así como as agrupacións e actuacións agroforestais de xestión conxunta, destinadas á xestión e aproveitamento agroforestal de maneira conxunta durante o tempo de vixencia da correspondente actuación de xestión conxunta forestal ou agrogandeira. Procedementos e instrumentos de mobilización e recuperación da terra agraria de Galicia Anteproxecto de lei de recuperación da terra agraria de Galicia Varios Medio
F.3.2. Elaborar proxectos piloto de mobilización produtiva de terras para potenciar zonas agrícolas.
O órgano competente en materia de desenvolvemento rural, en colaboración coa Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela, está levando a cabo un proxecto piloto de mobilización produtiva de terras no Val de Lemos, que se desenvolve nesta contorna polas súas especiais características en canto a produtividade agraria e grao de abandono das terras.
Ten por obxectivo lograr a mobilización efectiva de terras agrarias para a súa posta en produción, tanto para potenciais demandantes locais como doutras zonas de Galicia. Para acadar estes obxectivos o proxecto formúlase en catro fases, que abranguen desde a identificación, caracterización e selección de zonas piloto potenciais ata a mobilización efectiva da oferta de terras en estado de abandono.
As zonas piloto identificadas abranguen preto de 300 ha e atópanse nos concellos lucenses de Monforte, Bóveda, A Pobra do Brollón, Pantón, O Saviñao e Sober. Na fase actual a Xunta terá que mediar entre as persoas propietarias e as interesadas con diferentes accións como arrendamentos, co obxectivo de ofrecer garantías xurídicas a todas as partes implicadas. Proxecto piloto de mobilización de terras Lei 6/2011, do 13 de outubro
Anteproxecto de lei de recuperación da terra agraria de Galicia Agader En realización
F.3.3. Promover a mobilización das terras da Administración xeral do Estado ou vacantes.
O órgano competente en materia de desenvolvemento rural e a Administración xeral do Estado están colaborando por un período de tempo indefinido, para a integración de predios de titularidade estatal no Banco de Terras de Galicia, así como daquelas nunha situación de presumible vacancia. A posta en uso de parcelas abandonadas ten efectos positivos sobre a economía local, a prevención de riscos e a xestión das paisaxes. Convenio de colaboración Agader Administración xeral do Estado Lei 6/2011, do 13 de outubro
Anteproxecto de lei de recuperación da terra agraria de Galicia Agader En realización permanente
F.3.4. Propiciar a mobilización e recuperación da terra agraria en situación de abandono ou infrautilización.
Está en procedemento de aprobación un Anteproxecto de lei de recuperación da terra agraria de Galicia
O obxecto desta lei é a xestión da terra agroforestal, a súa ordenación de usos, a loita contra o seu abandono e o fomento da súa recuperación, co fin de garantir a sustentabilidade do sector agroforestal e promover a recuperación produtiva das terras agroforestais de Galicia, desenvolvemento para iso Varios Anteproxecto de lei de recuperación da terra agraria de Galicia Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio rural En realización
F.4. Actuacións derivadas de instrumentos de promoción das explotacións do sector primario.
Trátase da consideración da acción dos instrumentos relacionados coa promoción do sector primario que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_6. Identifícanse as seguintes accións: Varios Varios Varios
F.4.1. Fomentar o desenvolvemento de plans de mellora de explotacións agrícolas e a incorporación de persoas mozas.
No marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDRG) 2014-2020, o órgano competente en materia de explotacións agrarias xestiona convocatorias anuais de axudas para tres submedidas: 1) incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións agrarias a través da elaboración dun plan de mellora; 2) favorecer a remuda xeracional e a creación de empresas para persoas agricultoras novas; 3) incrementar a competitividade do tecido agrario constituído por pequenas empresas. Ordes anuais de axudas PRDG D.X. de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias En realización
F.4.2. Promover a reestruturación e reconversión da viña en Galicia.
A Consellería do Medio Rural está a regular axudas para a reestruturación e reconversión da viña que se leve a cabo a través de plans colectivos (mínimo de 5 persoas viticultoras) e/ou individuais, sendo prioritarios os colectivos, ademais doutros criterios. Poderán subvencionarse unha ou varias das seguintes actuacións: reimplantación de viñas, reconversión varietal e mellora das técnicas de xestión de viñas.
A reestruturación e reconversión da viña é unha das medidas acordadas na política agrícola común (PAC), dentro da Organización Común dos Mercados (OCM única), no marco da aplicación do Programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español. Ordes de axudas para plans de estruturación e reconversión da viña Programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español D.X. de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias En realización
F.4.3. Fomentar a transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais.
O Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDRG) 2014-2020, inclúe unha medida denominada «Investimentos no desenvolvemento de zonas forestais e mellora da viabilidade dos bosques» que se desenvolve a través de varias submedidas. A última delas refírese ao establecemento dunha axuda para os investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais. Orde de axudas PRDG D.X. de Planificación e Ordenación Forestal En realización
F.5. Actuacións derivadas de instrumentos de promoción de recursos patrimoniais e turísticos.
Trátase da consideración da acción dos instrumentos relacionados coa xestión dos recursos patrimoniais e turísticos que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_6. Identifícanse as seguintes accións: Varios Varios Varios
F.5.1. Promocionar e poñer en valor o patrimonio natural de Galicia.
O órgano competente en materia de ambiente pon en marcha o primeiro Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, o cal levará a cabo ao longo de catro anos un total de 29 actuacións específicas divididas en tres grupos:
1) Posta en valor do patrimonio natural de Galicia, para o que se articulará unha nova oferta de actividades, recursos e melloras ao redor dos espazos, atendendo sempre á súa conservación, sustentabilidade, ao seu valor paisaxístico e á biodiversidade.
2) Promoción e comunicación do patrimonio, a través dos medios de comunicación, da presenza en feiras ou da elaboración de novos paquetes turísticos. Tamén se reforzará a presenza do patrimonio natural nas novas tecnoloxías.
3) Educación ambiental e divulgación dos recursos naturais de Galicia, co que se apostará pola difusión e investigación científica, desde un punto de vista didáctico.
Este plan supón a promoción de recursos naturais que se atopan en áreas que sofren procesos de despoboación, e constitúen unha ferramenta para a xeración de actividade económica de forma eficiente social e ambientalmente. Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia D.X. de Patrimonio Natural En realización
F.5.2. Fomentar a accesibilidade e sinalización de recursos turísticos no medio rural.
O órgano competente en materia de turismo está a xestionar axudas que teñen por obxecto o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural para a consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.
Incídese en que só serán subvencionables as obras que utilicen materiais construtivos que permitan a integración harmónica e respectuosa coa contorna en que se atopa o recurso. Resolución de axudas PDRG Axencia Turismo de Galicia En realización
F.6. Actuacións derivadas de instrumentos de planificación da actividade industrial e empresarial.
Trátase da consideración dunha acción da Axenda da competitividade Galicia Industria 4.0 (Plan director da industria de Galicia 2015-2020) que contribúe ao cumprimento do OCP AEAP_6: Axenda da competitividade Galicia Industria 4.0 Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial Consellería de Economía, Emprego e Industria
F.6.1. Dinamizar polígonos e parques industriais con baixa ocupación.
A terceira medida que establece o enfoque estratéxico «Solo industrial» do programa de impulso «Factores territoriais e competitividade» exprésase da seguinte forma: «3. Promover solo industrial accesible mediante distintas fórmulas e, acorde cos plans territoriais, os condicionamentos loxísticos e a demanda industrial». Unha das súas accións inclúe expresamente a «dinamización de polígonos e parques subocupados, evitando a deterioración de infraestruturas, mediante fórmulas de ocupación alternativas ou usos alternativos». Axenda da competitividade Galicia Industria 4.0 Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial Consellería de Economía, Emprego e Industria En realización
G. Repoboacións forestais con especies alóctonas.
Obxectivo de calidade paisaxística (AEAP_7): unhas plantacións forestais con especies alóctonas reguladas e planificadas cos axeitados instrumentos de ordenación e xestión e que minimicen a súa incidencia nas áreas de especial interese paisaxístico (AEIP).
Medidas e accións Instrumento Marco Organismo Prazo
G.1. Elaboración dunha ferramenta de referencia sobre criterios de integración paisaxística.
Elaborarase un documento de carácter técnico que conxugue funcións técnicas, educativas e divulgativas para favorecer a integración paisaxística das explotacións forestais. Esta medida desenvolverase coa seguinte acción: Guía Varios Instituto de Estudos do Territorio
G.1.1. Realizar recomendacións para a integración paisaxística das explotacións forestais.
Crearase unha guía con recomendacións e boas prácticas paisaxísticas no sector forestal, establecendo criterios e recomendacións para a mellora e restauración paisaxística no eido forestal. Guía de integración paisaxística para explotacións forestais Estratexia da paisaxe galega Instituto de Estudos do Territorio/D.X. de Planificación e Ordenación Forestal Medio
G.2. Actuacións derivadas de instrumentos de planificación dos montes e recursos forestais.
Trátase da consideración da acción dos instrumentos relacionados coa ordenación dos recursos forestais que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_7. Identifícanse as seguintes accións: Varios Lei 7/2012, do 28 de xuño Varios
G.2.1. Aproveitar os recursos forestais de Galicia de forma sustentable.
Acometerase a ordenación forestal de Galicia de forma sustentable de conformidade cos instrumento de planificación e ordenación forestal previstos na Lei 7/2012, do 28 de xuño Instrumento de planificación e ordenación forestal Lei 7/2012, do 28 de xuño D.X. de Planifiación e Ordenación Forestal En realización
G.2.2. Promover unha xestión forestal sustentable a través dun modelo produtivo viable e de calidade.
Desenvolveranse dous plans de ordenación dos recursos forestais (PORF) nos cales se integren criterios paisaxísticos. Estes PORF elaboraranse para dúas grandes áreas paisaxísticas (GAP) con diferentes características forestais. PORF pilotos Lei 7/2012, do 28 de xuño D.X. de Planificación e Ordenación Forestal Curto
G.3. Actuacións derivadas de instrumentos de xestión dos recursos forestais.
Trátase da consideración da acción dos instrumentos relacionados coa mobilidade de terras que contribúen ao cumprimento do OCP AEAP_7. Identifícanse as seguintes accións: Varios Varios Varios
G.3.1. Diversificar os cultivos forestais a través do fomento da plantación de especies autóctonas.
O Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDRG) 2014-2020, inclúe unha medida denominada «Investimentos no desenvolvemento de zonas forestais e mellora da viabilidade dos bosques» que se desenvolve a través de varias submedidas e que contribúe ao incentivo da plantación de especies autóctonas: 8.1. axuda á reforestación e/ou creación de sistemas agroforestais; 8.2. axuda para o establecemento e mantemento de sistemas agroforestais; 8.3. axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes; 8.4. axuda para a reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes; axuda para investimentos para incrementar a capacidade de adaptación e o valor ambiental dos ecosistemas forestais.
No marco desta medida, o órgano competente en materia de ordenación forestal está a convocar axudas para o establecemento de sistemas agroforestais fundamentados no castiñeiro. Orde de axudas PDRG D.X. de Planifición e Ordenación Forestal En realización
G.3.2. Fomentar unha xestión sustentable das masas de frondosas autóctonas.
O órgano competente en materia forestal rexistrará aquelas masas de frondosas cunha superficie en couto redondo de, polo menos, 15 ha e unha idade media de, polo menos, 20 anos (excluídas as plantacións forestais). Créase así o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.
O obxectivo para estas masas é fomentar a agrupación de persoas propietarias de terreos forestais a fin de facilitar a planificación e execución da súa adecuada xestión a través dun documento compartido aprobado polo órgano competente. Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas Lei 7/2012, do 28 de xuño D.X. de Planificación e Ordenación Forestal Curto
ANEXO III
Indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado
e da evolución das unidades de paisaxe
Na táboa seguinte recóllense os indicadores de calidade paisaxística propostos de acordo co proceso metodolóxico explicado na memoria. Estes indicadores incardinaranse nos procedementos e períodos de cálculo adoptados no Plan de seguimento das Directrices de ordenación do territorio e da sustentabilidade territorial (PSST). Polo carácter dinámico das paisaxes, debido á evolución constante das variables físicas e sociais, os indicadores terán un carácter flexible, co obxectivo de asegurar a súa maior eficacia. Por iso, no marco do seguimento do PSST, poderán engadirse outros indicadores, así como adoptar outras métricas ou fontes de datos distintos dos que se sinalan na memoria e nesta táboa.
Indicador Descrición Interpretación Fonte de datos
Índice de diversidade de coberturas agrícolas Índice de diversidade de Shannon (SHDI*) calculado sobre coberturas de agroecosistemas (excluíndo as plantacións forestais). Canto maior sexa o valor deste índice máis diversas serán as coberturas e máis mesturadas se atoparán entre elas, indicando que o mosaico agrícola é máis diverso. SIOSE
Área media das manchas agrícolas Media en hectáreas das manchas de coberturas agrosistema intensivo superficie de cultivo. Esta métrica utilizarase para analizar con maior detalle a evolución da diversidade das coberturas agrícolas. O valor desta métrica pode indicar procesos de intensificación ou extensificación da actividade agrícola. SIOSE
Área de superficies agrícolas que cambian de uso Área (ha) de superficies agrícolas (todos os agroecosistemas excluíndo as plantacións forestais) que cambian de uso. Interpretarase en conxunto co índice de diversidade de coberturas agrícolas. Servirá para analizar os tipos de cambios que diminúen ou aumentan a diversidade da paisaxe. SIOSE
Índice de diversidade de coberturas forestais Índice de diversidade de Shannon (SHDI*) calculado sobre coberturas forestais. Canto maior sexa o valor deste índice máis diversas serán as coberturas e máis mesturadas se atoparán entre elas, indicando que o mosaico é máis diverso. SIOSE
MFE
Área media das manchas forestais Media en hectáreas das manchas de coberturas agrosistema intensivo (plantación forestal e bosque). Esta métrica utilizarase para analizar con maior detalle a evolución da diversidade das coberturas forestais. O valor desta métrica pode indicar procesos de repoboación forestal ou de naturalización do territorio. SIOSE
Área de superficies forestais que cambian de uso Área (ha) de superficies forestais que cambian de uso. Interpretarase en conxunto co índice de diversidade de coberturas forestais. Servirá para analizar os tipos de cambios que diminúen ou aumentan a diversidade da paisaxe. SIOSE
MFE
Índice de diversidade agroforestal Índice de Shannon (SHDI*) calculado sobre coberturas agroforestais. Canto maior sexa o valor deste índice maior será a diversidade de manchas forestais e agrícolas e máis mesturadas estarán, o que indica unha maior integración entre usos (existencia de sebes, pequenas mouteiras ou bosques lineais, pastos permanentes en zonas forestais…). SIOSE
MFE
Índice de proximidade de manchas urbanas (PROX*) calculado considerando un raio de 2 km. Terase en conta a media e o coeficiente de variancia. A media ofrece un valor global; canto maior sexa o índice máis grandes serán as manchas e máis próximas se atoparán entre si. A varianza indica se os índices de proximidade calculados para cada veciñanza de 2 km varían moito ou son moi uniformes.
Considérase que canto máis pequenas e dispersas sexan as manchas urbanas, maiores serán os efectos negativos da dispersión urbana: maior uso do automóbil, maior impermeabilización de superficies, maior perda de identidade local, etc. Catastro
SIOSE
Índice de núcleo de manchas urbanas (CORE*) Mide a área do núcleo das manchas dunha cobertura sen ter en conta os píxeles do seu perímetro. Terase en conta a media e o coeficiente de varianza deste índice. A media ofrece un valor global do índice; canto maior sexa, máis grandes e uniformes serán as manchas. A variancia indica se as manchas teñen un tamaño uniforme ou tamaños moi diversos.
Considérase que canto máis grandes e uniformes sexan as manchas máis compactas serán. Débese analizar xunto co índice de proximidade de manchas urbanas. As manchas demasiado grandes e compactas non son interesantes porque xeran unha serie de problemas: conxestión, dificultade de acceso a zonas verdes, incremento dos prezos da vivenda, concentración da polución, etc. Catastro
SIOSE
Número de asentamentos abandonados Servirá de indicador sobre a degradación da paisaxe rural, na medida e que o abandono das casas adoita a ir da man do cesamento das actividades agrarias da súa contorna. Nomenclátor do INE
Índice de calidade visual (ICV) Calcúlase tendo en conta o índice de diversidade de Shannon e unha suma de coberturas ponderada con base no seu grao de naturalidade. A calidade estética está relacionada coa calidade de vida dos habitantes da zona. SIOSE
Índice de conectividade Índice de contaxio (CONTAG*) calculado tendo en conta coberturas urbanas, extractivas, vías de comunicación e o resto de coberturas agrupadas nunha soa categoría de coberturas verdes. Canto menor sexa o valor deste índice, maior será a adxacencia entre coberturas verdes e artificiais, e estas últimas constitúen barreiras para o desprazamento das especies. Catastro
SIOSE
Índice de conservación de hábitats Porcentaxe de hábitats prioritarios para a conservación dentro dun espazo natural protexido. Indicador do grao de protección dos hábitats. Mapa de ecosistemas de Galicia
Rede de espazos protexidos e mapa de hábitats
Índice de perda de hábitats Porcentaxe de hábitats prioritarios para a conservación que cambian de uso. Interpretado xunto co índice de conservación de hábitats, dá unha idea sobre a eficacia das figuras de protección e a degradación de hábitats con interese para a conservación. Así mesmo, estudando a porcentaxe dos hábitats que cambia con cada uso, pode obterse información sobre os procesos de degradación que orixinan este cambio. SIOSE
Mapa de hábitats e rede de espazos protexidos
ANEXO IV
Normas e recomendacións
Índice.
4. Normas e recomendacións.
4.1. Disposicións de carácter xeral.
4.2. Directrices xerais.
4.2.1. Directrices para o planeamento urbanístico.
4.2.2. Directrices para instrumentos de ordenación ou xestión do territorio.
4.2.3. Directrices para construcións en solo rústico .
4.2.4. Directrices para actuacións e elementos da paisaxe.
4.3. Directrices específicas.
4.3.1. Directrices específicas para grandes áreas paisaxísticas e unidades de paisaxe.
4.3.2. Directrices específicas para áreas de especial interese paisaxístico (AEIP).
4.3.3. Directrices específicas para ámbitos de especial atención p.aisaxística (AEAP).
4.1. Disposicións de carácter xeral.
Calquera plan, programa ou proxecto que se desenvolva en Galicia deberá tomar en consideración no seu deseño, na súa aplicación e na execución das actuacións que implique, os valores paisaxísticos e o carácter diferenciado das grandes áreas paisaxísticas e dos diferentes tipos de paisaxes, identificados e analizados no Catálogo das paisaxes de Galicia.
A consideración da paisaxe atenderá a todos os valores de tipo natural, cultural e perceptivo que a configuran.
Estas Directrices de paisaxe establécense sen prexuízo da restante normativa en materia de ordenación do territorio, urbanismo, conservación da natureza, patrimonio cultural, protección do dominio público ou calquera outra, ben teña por obxecto a protección de valores presentes no medio ben a regulación de infraestruturas, recursos ou actividades de calquera clase que poidan ter algún tipo de incidencia sobre a paisaxe.
O contido das directrices aplicarase cun carácter complementario á devandita normativa, coa finalidade de integrar a consideración da paisaxe en cada un dos sectores que poidan ter algunha incidencia sobre ela. Neste sentido, as Directrices de paisaxe aplicaranse en todos os proxectos ou actuacións que se desenvolvan ao abeiro da lexislación sectorial ou que estean reguladas por ela, como condicionantes ou orientacións engadidas ás que establece a devandita lexislación. Sen prexuízo das funcións específicas que corresponden ao órgano competente en materia de paisaxe, as entidades ou organismos que exercen competencias relativas á citada lexislación sectorial, en virtude das cales deban promover, autorizar, informar ou aprobar proxectos, deberán velar porque nestes se recollan adecuadamente as determinacións das Directrices de paisaxe.
Polo que atinxe ao seu alcance e ámbito de aplicación, establécense dous grupos de directrices que deben aplicarse de forma concorrente:
As directrices xerais aplícanse en función do obxecto a que se refiren, en todas as grandes áreas paisaxísticas e en calquera tipo de paisaxe.
As directrices específicas establécense en función dos tipos de paisaxe a que corresponden as unidades de paisaxe delimitadas polo Catálogo das paisaxes de Galicia. Ademais, fíxanse unhas directrices específicas para as áreas de especial interese paisaxístico e os ámbitos de especial atención paisaxística.
Para os efectos do artigo 10.3 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, as Directrices de paisaxe establecen dous tipos de determinacións, con distinto grao de vinculación:
As normas (sinaladas cun N en cada caso) terán carácter obrigatorio para os instrumentos de planificación sectorial e urbanística e para as estratexias rexionais e locais. A pesar de estaren formuladas en termos vinculantes, terán diferentes niveis de intensidade: ben expresando unha limitación ou condición directa non susceptible de variantes ou alternativas, ben deixando un maior grao de liberdade en canto ao modo de chegar ao resultado previsto.
As recomendacións (sinaladas cun R en cada caso), formuladas en termos orientativos, suxiren limitacións ou condicións de carácter xenérico, que poden ser acadadas de diversas formas, ben que o seu carácter de recomendación implica que carecen do carácter obrigatorio que é predicable das normas. En particular, as solucións ou orientacións expresadas nas recomendacións formúlanse coa condición de que sexan técnica e economicamente viables, que non condicionen a funcionalidade da actuación e que sexan acordes cos informes técnicos que emitan os órganos competentes, nos oportunos procedementos administrativos de autorización ou aprobación, consonte a correspondente normativa sectorial.
Os plans, programas ou proxectos deben xustificar, na súa memoria, o cumprimento destas Directrices de paisaxe. No caso das normas de carácter excluínte, mediante a oportuna acreditación ou descrición dos medios e do fin que se pretende acadar e, no caso das normas cun maior grao de flexibilidade en canto aos medios, dun xeito máis aberto, sen prexuízo do seu fin vinculante.
Finalmente, as directrices de carácter orientativo (recomendacións), ben que non obrigan a seguir as súas prescricións, si exixen que se deba describir e xustificar a solución concreta por que se opta para o caso de que non se cumpra con estas determinacións e se opte por separarse dos criterios recollidos nelas.
Deste xeito, o órgano autonómico competente en materia de paisaxe comprobará, nos informes que deba emitir consonte a Lei 7/2008, do 7 de xullo e con estas directrices, ou de acordo coa lexislación ambiental, territorial ou sectorial, o cumprimento das Directrices de paisaxe. En particular, en todos os supostos en que se exixa un estudo de impacto e integración paisaxística (EIIP), este deberá someterse a informe do órgano autonómico competente en materia de paisaxe, que velará pola súa integridade documental e pola adecuación das medidas de integración paisaxística adoptadas consonte o disposto no artigo 11.2, letra d, da Lei 7/2008.
Estas directrices prevén un conxunto de medidas e accións, encomendadas a departamentos concretos da Administración autonómica, para seren desenvolvidas ben de forma individual ben en colaboración con outras administracións, departamentos ou organismos, para o mellor cumprimento dos obxectivos de calidade paisaxística en que se fundamentan estas Directrices de paisaxe. Cando for preciso, os departamentos autonómicos promoverán os oportunos mecanismos de concertación con outros departamentos ou administracións.
4.2. Directrices xerais.
Este primeiro bloque de determinacións teñen un carácter xeral, na medida en que son aplicables, en función do obxecto a que se refiren, en todas as grandes áreas paisaxísticas e en calquera tipo de paisaxe.
4.2.1. Directrices para o planeamento urbanístico.
DX.01. (N) En virtude do mandato que expresa o artigo 5.2 da Lei 7/2008, o planeamento urbanístico debe tomar en consideración a paisaxe para establecer as súas determinacións. Para tal efecto, tendo presentes os fundamentos da Lei 7/2008 e do Convenio Europeo da Paisaxe, segundo os cales a paisaxe fai referencia á percepción de calquera parte do territorio por parte da poboación, aquela debe entenderse, ademais de como valor ambiental e cultural, como factor da calidade de vida das persoas, e poden sinalarse tres liñas básicas de atención:
a) A consideración na ordenación das paisaxes cotiás, é dicir, a paisaxe deberá ser tida en conta na ordenación de todas as clases de solo e zonas do territorio. Esta cuestión garda unha relación directa coa identificación dos elementos que compoñen as paisaxes e o estudo dos tipos de paisaxe presentes no territorio municipal.
b) A identificación e protección dos lugares ou elementos de especial valor ou significación paisaxística. Pode tratarse de elementos puntuais (fitos, miradoiros), lineais (carreiros, camiños) ou superficiais (áreas, recintos), así como combinacións de varios deles.
c) A identificación de ámbitos que presenten un especial estado de deterioración ou degradación paisaxística, así como de elementos que producen impactos paisaxísticos especialmente salientables, co obxecto de prever accións encamiñadas a mellorar as zonas degradadas ou corrixir os impactos.
DX.02. (N) Os plans xerais de ordenación municipal (en diante PXOM) estudarán a paisaxe do municipio, abordando, como mínimo, as seguintes cuestións:
a) A caracterización dos diferentes tipos e unidades de paisaxe presentes no municipio. Esta caracterización pode facerse por referencia ao contido do Catálogo das paisaxes de Galicia, aprobado polo Decreto 119/2016, do 28 de xullo, do Plan de ordenación do litoral de Galicia, aprobado definitivamente polo Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, ou doutros instrumentos de ordenación do territorio; pero o PXOM analizará a maior escala que nestes instrumentos as zonas do termo municipal que presentan unha composición ou tipoloxía paisaxística homoxénea. O obxectivo é identificar os elementos ou composicións só identificables nun traballo de maior escala e detalle, e que caracterizan cada ámbito dunha forma máis específica, co fin de que que sirvan de fundamento para a definición de determinacións de ordenación o máis concretas e desenvolvidas posible.
b) A identificación das zonas cunha maior exposición visual mediante unha análise de visibilidade que inclúa o estudo de bacías visuais. O grao de exposición visual das diferentes partes do territorio municipal debe ser tido en conta para o deseño da ordenación e para o establecemento, se for o caso, das oportunas normas e medidas de protección. Con este fin cómpre identificar as áreas do territorio expostas a un maior número de potenciais observadores, mediante o cálculo das bacías visuais desde puntos como as principais estradas, liñas de ferrocarril ou outras áreas de concentración de persoas (núcleos urbanos, lugares de festas, praias, etc.); a este respecto deben consultarse as zonas de maior exposición visual delimitadas no Catálogo das paisaxes de Galicia.
c) O plan debe identificar os miradoiros e sendas panorámicas existentes no municipio, así como os puntos que, aínda que non estean acondicionados para tal fin, ofrezan vistas panorámicas de interese. Tamén neste aspecto cómpre atender ao recollido no Catálogo das paisaxes de Galicia e no Plan de ordenación do litoral (miradoiros e puntos de observación), coa concreción e pormenorización propia da maior escala do PXOM.
d) Os lugares de especial interese paisaxístico, por presentaren valores destacados de tipo natural, cultural ou panorámico (fitos visuais, sendas panorámicas, recintos ou conxuntos de especial interese, miradoiros singulares, etc.). Probablemente algúns destes lugares coincidirán con ámbitos sometidos a protección en virtude da lexislación sobre protección do patrimonio ou de espazos naturais; pero ademais deses, deben identificarse outros lugares, que constitúen ou protagonizan escenas características, de singular beleza e/ou de especial aprecio por parte da poboación. Nesta cuestión cómpre recoller as áreas de especial interese paisaxístico identificadas polo Catálogo das paisaxes de Galicia e ter presentes os lugares de especial interese paisaxístico sinalados no proceso de elaboración do Catálogo, así como as áreas a que o Plan de ordenación do litoral recoñece valores paisaxísticos (espazos de interese, zonas de exposición visual e protección de ladeira). Ademais, cando na elaboración do plan urbanístico se leven a cabo procesos de participación pública previos á exposición pública do plan, poderá recollerse a opinión da poboación sobre a valoración da paisaxe e os lugares de especial interese paisaxístico, de xeito similar a como se fixo no Catálogo das paisaxes de Galicia.
e) Os ámbitos ou áreas que presentan unha degradación paisaxística salientable ou que merecen unha atención especial orientada á súa posible recuperación ou mellora deben tomarse como referencia os sete grandes tipos de ámbitos de especial atención paisaxística definidos no número 2.8 do Catálogo das paisaxes de Galicia.
f) De acordo co que establece a determinación 8.6 das Directrices de ordenación do territorio, aprobadas polo Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, o PXOM realizará un estudo da paisaxe urbana que se debe referir a aspectos como as tipoloxías edificatorias, os medianís vistos, os peches de parcelas, os materiais das fachadas e pavimentos dos espazos públicos, as zonas verdes e arboredas, o mobiliario urbano, a iluminación pública, os tendidos aéreos e o tráfico e aparcadoiros de vehículos. O estudo identificará as áreas urbanas de especial interese paisaxístico, analizará a fachada litoral ou fluvial do núcleo urbano, as vías de acceso aos núcleos urbanos e a transición entre os espazos abertos e as paisaxes urbanas. O estudo realizarase en atención ás características propias de cada núcleo urbano, evitando en todo caso as referencias xenéricas e procurando un grao de detalle que permita unha ordenación precisa e eficaz. Para a realización do estudo da paisaxe urbana poderá tomarse como referencia a guía que elabore a Consellería competente na materia.
DX.03. (N) Os restantes instrumentos de planeamento urbanístico estudarán a paisaxe seguindo o criterio de proporcionalidade, é dicir, axustarán o seu nivel de alcance á súa natureza e ao potencial impacto paisaxístico que poidan xerar.
DX.04 (N) En relación co disposto nos epígrafes 6 e 7 do anexo IV da Lei 21/2013, o estudo ambiental estratéxico deberá identificar os efectos que o planeamento pode ter sobre a paisaxe e describir as medidas adoptadas para evitar, reducir ou compensar tales efectos. En relación con isto corresponde apuntar o seguinte:
a) Debe xustificarse a congruencia das determinacións do planeamento coas características diferenciais de cada tipo de paisaxe identificado, no senso de que canto maior sexa esta congruencia menores serán os efectos negativos do plan.
b) Deben identificarse as previsións do planeamento (novos desenvolvementos urbanísticos, infraestruturas, instalacións ou dotacións) que poidan afectar a paisaxe, expresar os correspondentes efectos ou impactos estimados e recoller as oportunas medidas preventivas e correctoras. En particular, deben analizarse os efectos que poden ter sobre a paisaxe as delimitacións dos núcleos rurais e as previsións de solos urbanizables.
c) Deben especificarse, como efectos positivos, no caso de estaren previstas, as accións de recuperación ou mellora dos ámbitos paisaxisticamente degradados identificados no estudo da paisaxe.
DX.05. (N) A ordenación urbanística guiarase polas normas e recomendacións establecidas nos restantes puntos destas directrices, así como polos seguintes criterios xerais:
a) A ordenación debe ser congruente coas características diferenciais de cada tipo de paisaxe.
b) Establecerase o réxime de protección que requiran os lugares ou elementos de especial valor paisaxístico mediante a delimitación de solo rústico de protección paisaxística, a identificación de áreas urbanas ou núcleos rurais de especial interese paisaxístico, o establecemento de normas especificas, ou mesmo a previsión de plans especiais de protección.
c) Estableceranse as medidas necesarias para asegurar a protección da contorna dos fitos paisaxísticos e das vistas panorámicas, de conformidade co disposto no artigo 91 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Para tal fin, identificaranse os fitos, as sendas de interese panorámico e os miradoiros, incluíndo todos aqueles recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia. A protección das vistas dos miradoiros en solo rústico pode articularse mediante a delimitación do correspondente solo rústico de especial protección paisaxística ou da previsión dos oportunos plans especiais de protección.
d) Minimizaranse os futuros impactos perceptivos (principalmente visuais e sonoros) mediante as oportunas cautelas nas ordenanzas ou normas reguladoras.
e) Analizaranse os ámbitos degradados e os efectos ou impactos paisaxísticos diagnosticados e, sempre que sexa técnica e economicamente viable, preveranse as medidas necesarias para mellorar as áreas de paisaxe degradada e eliminar ou mitigar os impactos paisaxísticos. Esas medidas poderán consistir tanto no deseño de solucións concretas de ordenación como na previsión de accións específicas de intervención.
f) As condicións relativas á posición, forma ou deseño de calquera tipo de edificacións ou construcións establecidas nas diferentes normas ou ordenanzas reguladoras serán congruentes coas características dos elementos compositivos de cada tipo de paisaxe.
DX.06. O planeamento urbanístico terá en conta os seguintes criterios no solo urbano:
a) (N) Será un obxectivo completar a urbanización e edificación dos núcleos urbanos segundo a ordenación establecida, de tal modo que as escenas urbanas se caractericen por presentaren espazos públicos ben delimitados, percorridos peonís continuos e protexidos do tráfico rodado, espazos libres axardinados ou acondicionados de acordo co uso previsto para cada un deles, equipamentos públicos, iluminación pública, elementos de información, sinalización e regulación do tráfico, mobiliario urbano, redes de infraestruturas soterradas e áreas de aparcamento de vehículo ben planificadas.
b) (N) Outorgarase prioridade á colmataxe dos solos urbanos consolidados fronte a novos desenvolvementos. En todos os asentamentos de características urbanas concentraranse as posibilidades de edificación nas zonas baleiras interiores ou intersticiais, de tal modo que, no prazo máis curto posible, as accións de edificación ou urbanización que se poidan desenvolver leven a compactar e terminar as tramas urbanas.
c) (N) Promoverase a rehabilitación e renovación urbana antes que o desenvolvemento de novo solo urbano. Así mesmo, o planeamento debe prever as operacións de rexeneración urbana necesarias para recuperar as zonas que sufran unha degradación da calidade da paisaxe urbana.
d) (R) A delimitación dos núcleos urbanos tomará unha forma o máis compacta posible e así reducir a lonxitude do perímetro de contacto coa contorna rústica e acadar menores distancias para o acceso aos servizos propios das zonas urbanas.
e) (N) Dada a especial relevancia da imaxe exterior dos núcleos urbanos, nos puntos en que resultan visibles desde estradas ou desde o solo rústico da contorna, coidarase o deseño conxunto das fachadas urbanas, evitando que o exterior do núcleo quede conformado por fachadas posteriores de edificacións. Evitarase a aparición de novas paredes medianís vistas nos límites do solo urbano contra o medio rural circundante, ben sexa mediante unha adecuada definición das áreas edificables ben mediante a previsión de recuamentos para a definición de fachadas laterais. Tamén se evitarán as vías sen continuidade, é dicir, rúas pechadas ou que rematan bruscamente contra o solo rústico.
f) (R) Sempre que sexa posible, os límites exteriores do núcleo urbano quedarán definidos mediante vías ou ben solucións como zonas verdes, percorridos peonís ou para bicicletas ou similares.
g) (R) Na ordenación das zonas edificables deberán respectarse as perspectivas ou liñas visuais de interese ou significación social, orientadas, segundo os casos, a fitos do territorio (tales como montes, costas ou o horizonte) ou da propia trama urbana (edificios singulares, monumentos, árbores senlleiras ou análogos).
h) (N) As tipoloxías e as alturas de edificación estableceranse en atención ás características das edificacións existentes, de tal modo que se procuren dous obxectivos importantes: evitar a aparición de crebas bruscas de alturas, de fondos e de cubertas dentro do mesmo cuarteirón ou fronte de cuarteirón, e procurar o mantemento e respecto de edificacións de carácter tradicional, cuxo valor paisaxístico é importante na conformación dos núcleos de orixe. Para tal efecto estudarase con detalle a regulación de alturas, tipoloxías e fondos de edificación para que se axusten ás características das edificacións existentes en cada tramo, co fin de que as futuras edificacións se integren adecuadamente coas preexistentes, preserven os valores paisaxísticos dos núcleos, resolvan problemas de imaxe existentes e non provoquen novos impactos paisaxísticos.
i) (N) No caso das áreas urbanas de especial interese identificadas no estudo da paisaxe urbana, en particular nos cascos históricos, prestarase especial atención ás características construtivas e estéticas das novas edificacións (entre as cales destacan cor, materiais, formas, volumes ou ritmo de ocos).
j) (N) Debe perseguirse a uniformidade volumétrica e tipolóxica das edificacións, cando menos en cada recinto delimitado polo viario (cuarteirón) ou en partes del con entidade superficial suficiente. Para isto é determinante unha adecuada parcelación dos soares, en canto a forma, dimensión e disposición das parcelas. Resulta particularmente harmoniosa, nas tipoloxías de cuarteirón, a existencia de frontes de cuarteirón con alturas uniformes, así como a ausencia de medianís vistos.
k) (N) Nas zonas onde predomina a vivenda unifamiliar, limitarase a edificación residencial colectiva en cuarteirón pechado a aqueles casos onde deban resolverse problemas de medianís.
l) (N) Buscarase unha proporción adecuada entre a altura das edificacións e o espazo público que delimitan, co obxecto de garantir as mellores condicións de asollamento e ventilación natural, tanto dos propios espazos públicos como das edificacións.
m) (R) Os equipamentos públicos e outros edificios singulares localizaranse preferentemente vinculados ás prazas ou espazos públicos abertos, e dotados do protagonismo que lles corresponde pola súa función simbólica para a colectividade. Polas mesmas razóns, é factor de calidade urbana o coidado no deseño arquitectónico dos citados edificios.
n) (N) Incorporaranse na nova ordenación os elementos urbanos preexistentes de interese arquitectónico, cultural ou patrimonial para integralos en espazos urbanos de calidade.
o) (R) Procurarase a eliminación ou ocultación de medianís á vista, propoñendo actuacións para a transformación dos que xa estean consolidados, tales como a súa transformación en fachadas con ocos practicables, o emprego de materiais acordes co resto do edificio ou a realización de tratamentos especiais de revestimento (como solucións pictóricas ou xardíns verticais).
p) (N) Estableceranse unhas condicións tipolóxicas, estéticas e construtivas orientadas a que as edificacións presenten unha composición coidada. As ordenanzas de edificación poderán empregar como referencia a Guía de cor e materiais da grande área paisaxística correspondente como base para as súas determinacións.
q) (N) Prestarase unha especial atención ao deseño de itinerarios peonís que permitan o desfrute dos espazos urbanos de maior calidade paisaxística.
r) (N) Delimitarase unha superficie suficiente de zonas verdes, prazas e outros espazos públicos abertos de modo que articulen a malla urbana, en lugar de resultaren zonas marxinais. Resulta fundamental a súa localización en zonas de centralidade, a súa accesibilidade e a súa adecuada integración no trazado viario, en particular nas redes de itinerarios peonís, así como nas contornas dos bens do patrimonio cultural. Así mesmo, procurarase que exista unha boa conectividade entre os espazos verdes urbanos e os espazos abertos circundantes.
s) (N) O planeamento urbanístico conterá normas específicas en que se regulen as condicións en que deberán executarse os espazos libres ou zonas verdes, en canto á inserción topográfica, deseño dos percorridos peonís e áreas de descanso ou lecer, selección de pavimentos, especies vexetais tapizantes, arbustivas e arbóreas, iluminación, mobiliario, sistemas de rega, e calquera outro aspecto que poida incidir na calidade paisaxística dos devanditos espazos. As citadas condicións serán congruentes coas determinacións destas Directrices de paisaxe.
t) (N) O planeamento urbanístico regulará as condicións da publicidade, cartelaría e sinalética, planificándoa e deseñándoa de maneira conxunta, e para tal fin establecerá as condicións de localización, deseño, tamaño e cores, de xeito que os ditos elementos resulten harmoniosos coas características da paisaxe urbana en que se localizan.
u) (N) Os cursos fluviais que atravesen o solo urbano serán obxecto de especial atención para dar lugar a espazos de calidade paisaxística, integrándoos preferentemente no sistema de zonas verdes e espazos públicos.
v) (N) Nos núcleos costeiros apostarase por unha ordenación detallada da fronte urbana litoral, na cal se abordarán aspectos como os alzados edificatorios conxuntos cara ao mar, as aperturas visuais, a calidade e acondicionamento dos espazos públicos, os accesos e o tratamento do contorno das praias, os itinerarios peonís, etc. Merecen unha especial atención os tramos de costa menos edificados e moi sensibles polos seus valores, os tramos urbanos en que a fronte cara ao mar está conformada na actualidade por fachadas traseiras e as vistas panorámicas que ofrecen estradas e camiños, as cales serán consideradas de forma especial á hora de establecer as delimitacións dos núcleos, para evitar apantallamentos ou impactos negativos sobre as anteditas vistas. Ademais, a ordenación tomará en consideración os principios de integración e protección paisaxística que expresa o POL respecto dos núcleos de identidade do litoral.
w) (N) O planeamento xeral e os plans especiais de ordenación das zonas portuarias perseguirán a mellora da imaxe dos portos e a súa integración na trama urbana.
x) (R) Facilitarase o percorrido continuo con apertura visual ao mar ao longo de toda a fachada marítima.
DX.07. (N) O planeamento urbanístico terá en conta os seguintes criterios no solo rústico de especial protección paisaxística:
a) Conforme o disposto no artigo 34.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o planeamento urbanístico deberá clasificar como solo rústico de especial protección paisaxística as áreas de especial interese paisaxístico recoñecidas no Catálogo das paisaxes de Galicia, así como os espazos de interese paisaxístico delimitados polo Plan de ordenación do litoral. De acordo co artigo 3.2 do Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia, teñen a consideración de áreas de especial interese paisaxístico as paisaxes protexidas declaradas de conformidade co establecido na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, e o artigo 35 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, así como os ámbitos que delimiten os instrumentos de ordenación do territorio, de conformidade co previsto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.
b) De acordo co artigo 3.3 do Decreto 119/2016, e co artigo 15 do Plan de ordenación do litoral, o PXOM revisará a delimitación dos ámbitos citados, coa maior concreción e detalle propios dun plan a escala municipal.
c) Ademais dos indicados, o PXOM poderá propoñer outros ámbitos de solo rústico de especial protección paisaxística en que concorran valores que o xustifiquen. Neste caso, os ámbitos delimitados terán a consideración de área de especial interese paisaxístico, logo de informe favorable do organismo competente en materia de paisaxe, de conformidade co establecido no artigo 3.2.b) do Decreto 119/2016.
d) Para a delimitación do solo rústico de protección paisaxística, o planeamento urbanístico aplicará unha metodoloxía similar á empregada no Catálogo das paisaxes de Galicia, baseada, no caso de existiren, nos resultados da participación pública, así como na identificación dos diferentes tipos de valores paisaxísticos existentes (naturais ou ecolóxicos, culturais ou patrimoniais e estéticos ou panorámicos), buscando aquelas localizacións en que se dea a concorrencia de diferentes tipos de valores paisaxísticos relevantes. Unha vez identificadas estas localizacións, deberán delimitarse segundo criterios explicados en detalle e xustificados en función dos tipos de valores paisaxísticos existentes. A análise deberá ter en conta os lugares de especial interese paisaxístico incluídos no Catálogo das paisaxes de Galicia.
e) No solo rústico de especial protección paisaxística o plan deberá prestar unha especial atención á harmonización das novas edificacións coa contorna e incluirá as determinacións necesarias para preservar e favorecer as características singulares e os valores que motivaron esta clasificación.
DX.08. (N) O planeamento urbanístico terá en conta os seguintes criterios en solo rústico:
a) Conforme a lexislación urbanística, os PXOM deben establecer as normas e medidas de protección específicas para asegurar a conservación, protección e recuperación dos valores e potencialidades propias do medio rural, entre as cales se inclúen as paisaxísticas. Para tal fin, o PXOM, ou o plan especial se for o caso, con fundamento no estudo da paisaxe, deberá concretar na súa normativa as condicións de integración paisaxística dos usos e construcións que se poden implantar en calquera zona de solo rústico, que poden ser comúns a todo o municipio ou ser diferenciadas en función dos tipos de paisaxe identificados, entre elas:
1. Solucións construtivas e materiais e cores obrigatorios ou máis recomendables segundo a tipoloxía da construción ou edificación, e congruentes coas características da arquitectura tradicional de cada zona. Poderá empregarse como referencia a Guía de cor e materiais da grande área paisaxística correspondente como base para estas determinacións.
2. Condicións específicas para os peches de parcelas (materiais, alturas, criterios de deseño, etc.). Recoméndase limitar, na maior medida posible, a posibilidade de executar peches macizos, os cales poden constituír fragmentacións paisaxísticas innecesarias, sobre todo nas abas que ofrecen interesantes vistas panorámicas e nas chairas agrícolas de campos abertos. A este respecto cabe establecer un tratamento diferenciado para os peches que separan as parcelas dos camiños ou estradas de acceso, que pode ser menos restritivo, e para os que separan parcelas entre si, que debería ser máis restritivo. Resulta positivo que, dentro dunha mesma unidade de paisaxe, os peches teñan características e alturas similares, de modo que o seu deseño sexa congruente. Para isto o plan xeral deberá establecer normas concretas sobre os peches en cada zona. Poderá empregarse como referencia a Guía de caracterización e integración paisaxística de valados como base para estas normas.
3. Condicións específicas de protección relativas aos elementos ou valores paisaxísticos peculiares identificados no estudo da paisaxe.
b) Na medida do posible evitarase a apertura de novos camiños, aproveitando pistas forestais e a rede de camiños e corredoiras existente, sen prexuízo das operacións que exixen as reestruturacións parcelarias ou outras previstas nos proxectos aprobados pola Administración competente en materia de agricultura, minas, montes ou ambiente. De ser necesaria a apertura de novas vías de xeito temporal para calquera actuación, unha vez finalizadas as obras devolveranse os terreos ao seu estado orixinal. Deberá optarse por materiais de baixo impacto que eviten a selaxe masiva e a impermeabilización dos solos, agás que por razóns de seguridade ou para evitar filtracións contaminantes resulte preciso adoptar outra solución técnica.
c) Nas zonas agrícolas primarase a conservación dos elementos fundamentais que caracterizan a paisaxe rural, entre os cales destacan os bosquetes autóctonos, sebes e chousumes, as infraestruturas de rega tradicionais ou a paisaxe de viñas, evitando actuacións ou normas que repercutan negativamente na configuración destas escenas.
DX.09. (N) O planeamento urbanístico terá en conta os seguintes criterios no solo de núcleo rural:
a) Ten unha especial importancia a delimitación do solo de núcleo rural, pois é a garantía do respecto pola morfoloxía dos asentamentos e a súa peculiar relación coa contorna. A planificación deste solo garantirá a conservación da morfoloxía dos núcleos rurais tradicionais.
b) As delimitacións dos núcleos evitarán as formas forzadas que se derivan da inclusión de edificacións que non gardan unha relación funcional co núcleo.
c) Na delimitación dos núcleos recoñecerase o ámbito propio de cada asentamento, preservando da edificación ou desenvolvemento urbanístico as bolsas de solo agrario que conforman áreas intersticiais entre núcleos e que contribúen positivamente á estrutura paisaxística do territorio, posto que un dos trazos que caracteriza a paisaxe rural é, precisamente, a existencia dun sistema verde continuo (destinado a usos agrarios ou con presenza de arboreda), dentro do cal a excepción a constitúen os asentamentos. En caso de que resulte necesaria a urbanización dalgunha das anteditas áreas, os novos desenvolvementos serán congruentes coa morfoloxía tradicional do núcleo, incluíndo o patrón espacial das parcelas e o sistema viario, respectando os elementos construídos tradicionais e a arboreda autóctona e minimizando a ocupación do solo de alto valor ambiental e de alta capacidade produtiva agraria.
d) Os plans especiais en solo de núcleo rural deberán realizar un estudo da morfoloxía e as características básicas do núcleo (tales como inserción topográfica, trazado das vías, tipoloxías construtivas, materiais específicos, tamaño e morfoloxía das parcelas ou arboreda), co fin de que a ordenación que establezan sexa respectuosa coa paisaxe (especialmente cando se prevexan actuacións urbanísticas integrais), e mesmo mellore as condicións preexistentes.
e) As condicións de edificación, en canto á posición, inserción topográfica, tipoloxía, tamaño e proporcións das edificacións, asegurarán a mellor integración posible coa contorna. As novas edificacións evitarán modificar o perfil tradicional do núcleo, buscando unha implantación no terreo semellante á das edificacións tradicionais.
f) Outras características, como a xeometría, materiais e acabamentos das cubertas, ocos e carpintaría ou formalización dos paramentos exteriores manterán a referencia ás solucións tradicionais e ás edificacións existentes. Poderá empregarse a Guía de cor e materiais como referencia para estas determinacións.
g) Poderán empregarase como referencia os criterios establecidos na Guía de boas prácticas para a intervención nos núcleos rurais, elaborada pola Xunta de Galicia.
DX.10. O planeamento urbanístico terá en conta os seguintes criterios para os novos desenvolvementos urbanísticos:
a) Criterios xerais:
1. (N) As determinacións do PXOM evitarán novos desenvolvementos que non sexan realmente necesarios para atender a demanda e, en calquera caso, preverán que se activen só no momento en que sexan necesarios. En caso contrario, estenderíanse as áreas urbanizadas, sen que as áreas urbanas preexistentes acadasen uns mellores niveis de calidade urbana, co cal se duplicarían os efectos negativos sobre a paisaxe.
2. (N) Os novos desenvolvementos anexaranse ao tecido urbano existente para manter o carácter compacto do núcleo. Deste xeito, evítase a aparición de tramas urbanas descontinuas que fragmentan a paisaxe. Exclúese desta exixencia os desenvolvementos que teñan como obxecto a creación de solo industrial ou terciario, e que xustificadamente deban separarse de zonas urbanas existentes.
3. (N) Os lugares que se escollan para os desenvolvementos serán os que mellor equilibren a continuidade do tecido urbano e a súa imaxe coa minimización da ocupación dos espazos de alto valor natural e ecolóxico e dos solos de alta capacidade produtiva agraria, tendo en conta as condicións físicas (como topografía, insolación ou ventos).
4. (N) As delimitacións realizaranse axustándose á paisaxe preexistente: ás coberturas vexetais, ás redes de camiños ou estradas, ou a outras preexistencias naturais ou artificiais. En especial, o deseño da ordenación adaptarase á topografía e ás preexistencias xeográficas, evitando extensas explanacións do terreo e grandes movementos de terras, e utilizando a topografía como medio para a protección de vistas, a integración de edificios, a transición entre espazos, etc.
5. (N) A nova ordenación deberá evitar parcelas con formas moi irregulares que favorezan a aparición de edificacións ou construcións con formas de difícil integración.
6. (N) Tanto a delimitación como as condicións para a ordenación detallada terán en consideración os elementos de especial interese paisaxístico, e terán moi presente a visibilidade do ámbito, así como as aperturas panorámicas que poidan existir cara a fondos escénicos de interese.
7. (N) As condicións para a ordenación do ámbito, desde o trazado das vías ata as condicións estéticas das edificacións, estableceranse de tal modo que se asegure a máxima integración posible entre os tecidos preexistentes e os novos. Buscarase a consolidación da continuidade espacial entre a rede de espazos públicos, verdes e prazas existente, e a dos novos desenvolvementos.
8. (R) Procurarase que o crecemento urbano non modifique os perfís e escenarios urbanos tradicionais.
9. (N) A planificación dos crecementos urbanísticos contribuirá á consolidación e dotación de servizos das zonas máis urbanas.
b) Criterios particulares para os instrumentos de ordenación de desenvolvementos de uso industrial ou terciario:
1. (N) Nas actuacións non incluídas no plan sectorial de ordenación de áreas empresariais ou que non sexan ampliacións de parques existentes resulta de especial importancia a selección da súa localización, que minimizará a súa exposición visual e a ocupación de solo, sobre todo daquel de alto valor paisaxístico (áreas de especial interese paisaxístico ou outras zonas delimitadas polo planeamento urbanístico ou os instrumentos de ordenación territorial).
2. (N) Realizarase unha análise dos bordos perimetrais, co fin de establecer unha adecuada transición e amortecemento entre a área empresarial e as áreas naturais e unha boa conexión e integración cos asentamentos e a rede viaria existentes na contorna.
3. (R) Deben coidarse os límites do polígono co solo rústico, para evitar que a transición se produza nas partes traseiras de parcelas de uso industrial, sen as oportunas medidas de integración. Por tanto, sempre que sexa posible, o límite entre a zona industrial e a contorna resolverase mediante vías, sendas peonís, zonas verdes ou espazos libres, e regularanse unhas adecuadas condicións de tratamento das partes traseiras das parcelas edificables.
4. (N) As zonas verdes localizaranse nos lugares en que mellor exerzan as súas funcións de esparexemento e/ou de transición paisaxística coa contorna. Nos espazos libres públicos, ademais de realizar novas plantacións, nas cales se utilizarán, sempre que as condicións o permitan, especies vexetais autóctonas, conservarase a maior parte posible das masas arbóreas de interese existentes.
5. (N) O trazado do viario será congruente coas características do lugar, e para tal fin debe adaptarse á topografía, minimizando os movementos de terras e a súa visibilidade.
6. (R) O deseño do novo sistema viario respectará e integrará nos espazos públicos, sempre que sexa posible, os elementos de interese paisaxístico existentes (tales como arborado, muros, valados ou construcións etnográficas), e procurará unha adecuada conexión coa rede viaria existente na contorna do polígono. Os materiais das vías e os elementos de urbanización serán homoxéneos en cada polígono e utilizaranse preferiblemente pavimentos permeables, agás nas zonas en que existan riscos de infiltración de substancias contaminantes. Integrarase a vexetación no deseño das rúas.
7. (N) A organización das parcelas deseñarase procurando minimizar os movementos de terras para favorecer a adaptación das instalacións e edificacións á topografía, sen menoscabo da súa funcionalidade.
8. (R) No deseño da orientación e forma das parcelas edificables teranse en conta e respectaranse na maior medida posible as perspectivas visuais desde os núcleos de poboación e as estradas. Analizaranse tamén as formas e liñas da paisaxe para adaptar os volumes, as alturas, o trazado das rúas e a posición relativa das naves.
9. (N) A iluminación pública dos sectores industriais responderá ás súas necesidades pero sen xerar un punto de atracción lumínica para os posibles espectadores exteriores. Con este obxecto prestarase atención á intensidade, cor e dirección da iluminación, así como á utilización de tipos de luminarias acordes coa contorna.
10. (N) Na normativa do instrumento de ordenación pormenorizada do parque empresarial estableceranse as oportunas disposicións relacionadas cos seguintes aspectos:
i. As condicións de edificación orientadas a lograr unha certa homoxeneidade ou composición harmónica, en canto á volumetría xeral, á distancia ao eixo da rúa, ás tipoloxías, ás alturas e á organización das fachadas e cubertas, sen prexuízo da necesaria flexibilidade para edificacións ou instalacións especiais.
ii. As condicións para limitar as superficies metálicas brillantes, que aumentan a visibilidade do conxunto a longas distancias. Para evitar tal efecto cómpre elixir materiais e cores que suavicen o contraste coa contorna, para o cal pode empregarse como referencia a Guía de cor e materiais para a Grande Área Paisaxística correspondente.
iii. As condicións de deseño para os cerramentos das parcelas que procuren unha imaxe homoxénea, coherente coas edificacións e adaptable ás diferentes parcelas. Salvo que por exixencias da actividade se requiran cerramentos opacos, estes serán abertos, mediante redes metálicas ou reixas, e poderá integrarse vexetación no seu deseño.
iv. Os criterios para os elementos e rótulos publicitarios, paneis e sinalética, en canto á súa localización, tamaño e forma, co obxecto de asegurar unha certa homoxeneidade e mellorar a calidade do conxunto, compatible co emprego das imaxes corporativas dos titulares das actividades.
v. A disposición de barreiras vexetais para a ocultación de zonas de acumulación ou depósito permanente de materiais que poidan producir un impacto visual na contorna. Para iso empregaranse preferentemente especies arbóreas e arbustivas autóctonas de diferente porte, evitando as plantacións lineais e distribuíndo especies de maior porte naquelas zonas que teñan un maior impacto visual, co fin de mitigar a súa visibilidade.
vi. A preservación dos exemplares singulares de arborado que pola súa localización poidan ser compatibles co uso produtivo da parcela.
c) Outros criterios:
1. (N) Cada novo desenvolvemento urbanístico debe ser obxecto dun estudo de paisaxe no cal se analice a visualización da paisaxe urbana co desenvolvemento proxectado, establecendo criterios para a disposición e orientación dos edificios con base na súa visibilidade desde as vías de acceso e os puntos máis frecuentes de observación. Ademais, deberá analizar o impacto visual das construcións proxectadas sobre o medio que as rodea e o perfil da zona, así como a integración das formas, tipoloxías e materiais das edificacións na contorna.
2. (N) Con carácter xeral, as fichas normativas para os novos desenvolvementos urbanísticos previstos especificarán coa debida precisión as condicións de ordenación orientadas a garantir que se respecten, en cada caso, os factores ou elementos específicos que determinarán a integración paisaxística do desenvolvemento urbanístico. Pode tratarse, segundo o caso, da visibilidade exterior e veciñanza con áreas rústicas, a presenza de áreas arborizadas de interese, a existencia de diferentes tipoloxías de edificación nos bordos da actuación ou outros elementos singulares de interese.
4.2.2. Directrices para instrumentos de ordenación ou xestión do territorio.
DX.11. (N) Os instrumentos de ordenación do territorio deberán:
a) Estudar a paisaxe do seu ámbito territorial, en canto aos aspectos sinalados na determinación DX.01 que procedan en cada caso, en atención á natureza e ámbito territorial do instrumento en cuestión.
b) Incluír no estudo ambiental estratéxico ou, se for o caso, no estudo de impacto ambiental, regulados pola Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a identificación dos efectos do plan sobre a paisaxe e a descrición das medidas adoptadas para evitar, reducir ou compensar tales efectos. En relación con isto apúntase o seguinte:
1. Debe xustificarse a congruencia das determinacións do plan coas características diferenciais de cada tipo de paisaxe identificado, no senso de que canto maior sexa esta congruencia menores serán os efectos negativos do plan.
2. Deben analizarse os efectos que poidan ter sobre a paisaxe as previsións do plan (infraestruturas, instalacións, dotacións, desenvolvementos urbanísticos ou actuacións similares) e recoller as oportunas medidas preventivas e correctoras.
3. Deben especificarse, como efectos positivos, no caso de estaren previstas, as accións de recuperación ou mellora dos ámbitos paisaxisticamente degradados.
c) No caso de que inclúan entre as súas determinacións novos desenvolvementos urbanísticos, tanto residenciais como de uso industrial ou terciario, deberán ter en conta os criterios de integración paisaxística descritos na directriz DX.10.
d) Establecer, no marco das súas funcións específicas, as normas e medidas de protección necesarias para asegurar a protección e recuperación dos valores paisaxísticos propios do medio rural. Deberán concretar, con fundamento no estudo da paisaxe, as condicións de integración paisaxística de calquera instalación, infraestrutura, construción ou edificación en solo rústico.
e) Considerar, para a delimitación de áreas de especial interese paisaxístico segundo o disposto no artigo 3.2.d) do Decreto 119/2016, os resultados da participación pública se é que se realizou, os lugares de especial interese paisaxístico incluídos no Catálogo das paisaxes de Galicia e os diferentes tipos de valores paisaxísticos identificados. As áreas de especial interese paisaxístico corresponderán a localizacións en que se dea a concorrencia de diferentes tipos de valores paisaxísticos relevantes e deberán delimitarse segundo criterios explicados en detalle e xustificados en función dos tipos de valores paisaxísticos existentes.
f) Prestar especial atención ás determinacións que afecten as áreas de especial interese paisaxístico, asegurando a harmonización de calquera instalación, infraestrutura, construción ou edificación coa contorna e preservando e favorecendo os valores paisaxísticos existentes nesas áreas.
DX.12. En congruencia coa Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, segundo a cal as funcións produtivas do espazo rural han de convivir en harmonía coas de defensa do contorno, a paisaxe e o patrimonio, os procedementos de reestruturación parcelaria, así como outros instrumentos de xestión ou ordenación agraria, seguirán os seguintes criterios:
a) (N) De conformidade co artigo 22 da Lei 4/2015, as bases da reestruturación parcelaria deberán incluír un estudo de impacto e integración paisaxística que conteña o catálogo de elementos estruturais e funcionais, naturais ou artificiais para conservar durante o proceso, a fin de manter, na medida do posible, as características paisaxísticas máis relevantes e valiosas. O citado estudo deberá:
1. Ter en conta os tipos de paisaxe, valores paisaxísticos e lugares de especial interese paisaxístico identificados no Catálogo das paisaxes de Galicia.
2. Identificar os elementos tales como valos tradicionais de pedra, fontes, outras construcións etnográficas, sistemas de rega tradicionais, infraestruturas de paso de ríos e regatos (pontes, pontellas e pasos tradicionais), captacións de auga (pozas, presas, regos, levadas ou similares), árbores ou formacións senlleiras, masas de arboredo autóctono, afloramentos rochosos, mananciais, masas de auga ou calquera outro que, pola súa singularidade, mereza que se estude a viabilidade de mantelo para preservar o carácter da paisaxe.
3. Estudar as condicións particulares de integración paisaxística na zona a que se refire o procedemento de reestruturación, con base nos datos a que fan referencia as epígrafes anteriores, e concretar, xustificadamente, as solucións ou condicións por que se opte, de acordo coas normas e recomendacións que expresan os puntos seguintes.
b) (N) O plan de ordenación de predios de especial vocación agraria deberá ser coherente co establecido no estudo de impacto e integración paisaxística incluído nas bases da reestruturación parcelaria.
c) (R) O plan de ordenación de predios de especial vocación agraria estudará a posibilidade de favorecer os cultivos simbólicos, característicos e tradicionais da zona, sempre segundo a demanda e o diagnóstico. Unha ordenación dos usos que favoreza o mosaico agrario repercutirá nunha paisaxe agraria de maior calidade.
d) (R) Estudarase por parte das administracións competentes, de xeito coordinado co procedemento de reestruturación parcelaria, se o deseño da reestruturación parcelaria é acorde coa conservación e mellora de elementos construídos de interese etnográfico, arquitectónico ou cultural incluídos no perímetro do procedemento e no subperímetro de núcleo rural.
e) (R) Promoveranse as iniciativas agrarias ou explotacións en común respectuosas coa paisaxe e o ambiente.
f) (R) Sempre que sexan compatibles coas características técnicas (tales como dimensión ou valor) requiridas para os predios, buscaranse criterios de forma, distribución e orientación dos predios de substitución que proporcionen unhas características morfolóxicas acordes coa estrutura da paisaxe en que se atopan.
g) (R) Na distribución dos predios de substitución procurarase facer coincidir os novos lindes con:
1. Cómaros, valados ou muros de pedra tradicionais existentes.
2. Aliñamentos ou sebes vexetais de especies autóctonas.
h) (R) Cando non comprometa a viabilidade do proxecto e sexa tecnicamente viable, trasladaranse os muros ou valados tradicionais de pedra que teñan un singular interese aos novos lindes dos predios. En caso de que existan chousumes tradicionais sen separación entre as leiras afectadas, respectaranse todos os que non resulten incompatibles coa nova explotación agrícola.
i) (N) Limitaranse as obras de nivelación ás requiridas para mellorar o aproveitamento das parcelas, de modo que se evite alterar de forma substancial a topografía do territorio e se adapten os predios de substitución á topografía existente. Sempre que sexa posible, conservaranse os socalcos existentes á hora de configurar os predios de substitución.
j) (R) Sempre que sexa posible respectaranse as masas de arborada autóctona existentes, pola súa participación na composición da paisaxe e para que sirvan de refuxio á fauna («manchas ecolóxicas»). Para tal fin, cando resulte viable, poderán facerse coincidir sobre elas as reservas de terreos para masas comúns. Así mesmo, estudarase a posibilidade de realizar plantacións deste tipo de especies nas citadas masas comúns.
k) (R) Terase en conta no procedemento de reorganización da propiedade a necesidade de superficie ao redor das construcións das explotacións agrarias que permita acondicionar o seu perímetro para minimizar o impacto paisaxístico mediante a mellora paisaxística da parcela e/ou a plantación de barreiras vexetais sempre que sexa tecnicamente viable.
l) (N) O trazado da rede viaria, na medida do posible, adaptarase á existente antes de se iniciar o proceso de reestruturación parcelaria, primando en todo caso o acondicionamento e a modificación parcial sobre a execución de novos trazados.
m) (N) A largura dos camiños adaptarase á función que deban cumprir, ben sexa a comunicación coas redes exteriores ben o servizo ás parcelas. Nas víaso viario de nova apertura seguirase a morfoloxía do terreo e os seu cambios de nivel, sempre que sexa posible desde o punto de vista da seguridade do tráfico que discorra por eles, evitando os trazados que provoquen maiores movementos de terras e a posible afectación aos elementos de singular interese paisaxístico identificados no estudo de impacto e integración paisaxística que se decidise manter por non comprometer a viabilidade do proxecto.
n) (N) Para o pavimento dos camiños escolleranse solucións acordes coa súa función, segundo se trate de comunicación ou servizo a parcelas; para o segundo caso, optarase polo emprego de materiais non seantes e integrados na contorna, como o xabre ou a saburra, agás cando a pendente do camiño determine a procedencia de empregar outro pavimento, como o formigón.
o) (N) Facilitarase a revexetación dos noiros de desmonte e terraplén; para tal fin, cando fose necesario e o permita a pendente, cubriranse con terra vexetal.
p) (N) Respectarase a rede hidrográfica natural existente, así como a vexetación de ribeira circundante, agás que puntualmente non sexa posible polo cruzamento con obras como pontes ou pontellas.
q) (R) Nos camiños existentes limitados por muros ou valados tradicionais, ou aliñamentos ou sebes vexetais de especies autóctonas, procurarase manter os citados elementos. Para tal fin poderá preverse a apertura de novos camiños para mantelos inalterados, ou, cando sexa necesario ampliar os existentes, facelo por unha soa das beiras, para manter os elementos de interese na outra.
r) (R) Nas obras complementarias aos camiños (muros de contención, impostas, aletas e embocaduras das obras de fábrica, disipadores de enerxía, varandas, barreiras de seguridade, etc.) procurarase empregar materiais que melloren a súa integración paisaxística como por exemplo pedra ou madeira. Así mesmo, preverase a integración das novas superficies xeradas por préstamos ou vertedoiros, restaurándoos segundo as características do contorno.
DX.13. (N) A planificación e xestión dos espazos naturais incluídos na Rede galega de espazos protexidos, segundo a Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, terá en conta os seguintes criterios:
a) Preveranse medidas especiais de protección e mellora paisaxística na normativa e na planificación sectorial relativa aos espazos naturais. Incorporaranse criterios paisaxísticos na planificación e xestión dos espazos naturais a través dos plans de ordenación dos recursos naturais e dos plans reitores de uso e xestión, que contribúan á conservación da paisaxe vinculada aos valores naturais propios destes espazos.
b) Consideraranse as áreas de especial interese paisaxístico na declaración de novos espazos naturais protexidos.
c) Tanto os instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos, como os plans de acción da paisaxe que se integren neles establecerán medidas para a mellora paisaxística dos citados espazos.
d) Atenderase ao disposto nos artigos 15, 21 e 47 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, no relativo aos corredores ecolóxicos, co fin de que sirvan, ademais de para mellorar a coherencia e conectividade da Rede Natura, para a protección da paisaxe destes espazos e para a mellora da continuidade paisaxística.
e) Apoiaranse as iniciativas de custodia do territorio ou pactos pola paisaxe na rede galega de espazos protexidos.
f) Priorizarase recuperar e rexenerar os ámbitos dos espazos naturais protexidos que sufrisen certo tipo de impactos paisaxísticos tales como abandono, incendios, verteduras ou similares, de acordo co disposto no seu instrumento de planificación.
DX.14. Para que a realidade forestal galega cumpra coas exixencias dun desenvolvemento sustentable, dando resposta ao aproveitamento por parte das persoas propietarias forestais e ao mesmo tempo ao interese público, os instrumentos de planificación e ordenación forestal deben integrar a consideración da paisaxe nas súas determinacións, e para tal fin terán en conta os seguintes criterios de integración e mellora paisaxística:
a) (N) Terán en conta criterios paisaxísticos nas súas determinacións. As áreas de especial interese paisaxístico a que se refire o artigo 3 do Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia, serán obxecto de especial atención nos citados instrumentos.
b) (R) Estes instrumentos evitarán a regresión dos bosques de frondosas autóctonas e procurarán a súa expansión, favorecendo a súa conservación, mellora e repoboación. Estableceranse as medidas necesarias para incrementar a superficie ocupada por frondosas caducifolias, destinada á conservación da natureza e a outros servizos ecosistémicos como a súa xestión activa e produtiva, favorecendo a produción de madeira de calidade.
c) (N) Nas grandes áreas paisaxísticas do interior (serras orientais, serras surorientais, ribeiras encaixadas do Miño e do Sil, chairas, fosas e serras ourensás, chairas e fosas luguesas e Galicia Central), os instrumentos de planificación forestal deberán incluír un estudo da paisaxe e establecer as medidas necesarias para asegurar a integración paisaxística das novas repoboacións forestais, especialmente en terreos dedicados previamente a outros usos ou outras especies forestais, e tendo en conta os usos preexistentes e os circundantes. Os instrumentos de planificación forestal definirán os restantes instrumentos de ordenación nos cales sexa necesario o estudo da paisaxe e a incorporación de medidas de integración paisaxística, segundo, entre outros criterios, a superficie que afecten ou as especies utilizadas.
d) (N) Os instrumentos de planificación forestal xustificarán a integración e adecuación á paisaxe dos modelos silvícolas utilizados ou propostos.
e) Os instrumentos de planificación e ordenación forestal nas áreas de especial interese paisaxístico:
1. (N) Establecerán as oportunas limitacións para as novas repoboacións forestais de eucalipto e para evitar a súa rexeneración espontánea en novas superficies.
2. (R) Promoverán medidas para a substitución das masas de eucalipto existentes, despois do seu aproveitamento, polas especies máis axeitadas ás condicións edafoclimáticas, priorizando o emprego de frondosas autóctonas.
3. (N) No caso de que regulen novas repoboacións forestais con especies que non sexan nin piñeiro do país nin as recollidas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, someteranse, de acordo co disposto no artigo 81 da citada lei, a informe do órgano competente en materia de paisaxe, que avaliará a repercusión e o impacto destas plantacións nos valores paisaxísticos que deron orixe á área de especial interese paisaxístico.
4. (R) Fomentarán, conservarán e incentivarán a expansión dos bosques autóctonos nestas áreas.
f) (N) Como medio para a mellora da paisaxe en zonas de alta exposición visual como son as bacías visuais desde as infraestruturas de comunicación, atenderase á determinación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que establece que nos terreos incluídos na zona de dominio público da rede viaria e ferroviaria non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira desta lei.
g) (N) Como medio para a mellora da paisaxe en zonas de alta exposición visual como son as bacías visuais dos asentamentos de poboación, atenderase á determinación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que establece que nunha franxa de 50 m perimetral ao solo urbano, urbanizable e de núcleo rural, así como arredor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, parques e instalacións industriais, non poderá haber as especies arbóreas sinaladas na disposición adicional terceira da mencionada lei.
h) (N) A vexetación arbórea existente nunha franxa de, como mínimo, 15 m desde o dominio público de cursos fluviais de máis de 2 m de largo estará composta por especies incluídas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Velarase pola protección, mantemento e mellora das áreas de vexetación ripícola, é dicir, aquelas situadas nas marxes dos cursos fluviais, facéndoo compatible cun aproveitamento sustentable. Evitarase a utilización de produtos químicos e a acumulación de residuos que poidan deteriorar os leitos dos ríos e, consecuentemente, provocar notables impactos paisaxísticos.
i) (N) En solo rústico de protección agropecuaria prohibiranse as novas repoboacións forestais, de acordo co establecido na Lei de montes. Nas plantacións existentes nesa clase de solo, cando se proceda á súa corta, evitarase manter o uso forestal, agás cando se trate de especies recollidas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
j) (N) A ordenación e planificación conxunta dos usos agroforestais, tal e como se describe na determinación 3.3.2 das DOT, permitirá garantir a localización destes usos nas zonas máis aptas para eles, tendo en conta criterios de aptitude e garantindo simultaneamente unha paisaxe agraria de calidade.
k) (N) Os instrumentos de ordenación e xestión forestal deberán asegurar a conservación do patrimonio etnográfico e arqueolóxico existente no monte.
l) (R) Os instrumentos de ordenación forestal incluirán criterios de integración paisaxística nas medidas de xestión, procurando minimizar o uso de tratamentos silvícolas e actuacións que produzan graves impactos paisaxísticos. Para isto, racionalizaranse as superficies de corta a feito e deixaranse pequenas mouteiras maduras ou de árbores mortas que interrompan a uniformidade da corta. Así mesmo, fomentaranse nas cortas a feito perímetros irregulares que supoñan un menor impacto visual e paisaxístico. Todas as medidas indicadas levaranse a cabo sen menoscabar o obxectivo de conseguir unha planificación e xestión forestal sustentable.
m) (N) Os plans e instrumentos de ordenación forestal establecerán as medidas necesarias para a eliminación das especies forestais invasoras e a prevención da súa expansión, de acordo cos plans do departamento competente en materia de patrimonio natural.
n) (N) Evitarase o trazado de novas pistas forestais, agás as planificadas nos instrumentos de planificación ou xestión forestal e servizos de defensa contra incendios, como cortalumes ou devasas, así como nos procesos de reestruturación parcelaria.
o) (R) Fomentarase, na planificación forestal e territorial, a conservación ou recuperación da diversidade de especies e ecosistemas, mediante unha xestión activa produtiva e sustentable, con medidas como a creación de mouteiras maduras nas cales se dean procesos de naturalización, sen esquecer o seu aproveitamento forestal.
p) (R) Nas repoboacións forestais promoverase a formación de masas mixtas ou, cando menos, a aparición e mantemento de especies acompañantes da principal, especialmente frondosas autóctonas, que proporcionen máis estabilidade ao ecosistema forestal. Do mesmo xeito, favorecerase a descontinuidade das masas monoespecíficas, aproveitando as valgadas e os terreos de maior calidade para o emprego de especies forestais máis exixentes (frondosas caducifolias) que favorecen a diversidade paisaxística e a descontinuidade das masas.
q) (R) Favoreceranse medidas de silvicultura, incluída a implantación e mantemento de sistemas pascícolas ou silvopascícolas, co obxecto de diminuír a homoxeneidade das paisaxes de plantacións forestais.
r) (R) Os aproveitamentos de madeira faranse de xeito sustentable, salvagardando a persistencia da masa forestal e practicando previamente actuacións contidas en modelos silvícolas tecnicamente fundamentados, que, proporcionando a máxima renda e maior calidade dos produtos que se obteñen, permitan, na medida do posible, a protección dos valores paisaxísticos.
s) (N) A Administración impulsará os instrumentos de ordenación e xestión forestal.
t) (R) Potenciarase o uso da biomasa como medio para unha xestión activa da paisaxe forestal.
u) (R) Fomentarase o uso da madeira autóctona e das empresas de transformación radicadas no territorio que utilicen esta materia prima, como medio para a expansión e promoción das masas forestais autóctonas.
v) (R) Impulsaranse iniciativas educativas de concienciación sobre os espazos forestais como ámbitos de valor paisaxístico, ambiental e económico. Prestarase especial atención á divulgación e recoñecemento das masas de frondosas autóctonas.
w) (R) Poranse en valor os diversos aspectos paisaxísticos dos bosques, especialmente dos autóctonos, e profundarase na multifuncionalidade dos montes.
DX.15. (N) De acordo coas DOT e a Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, o Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia (en diante PSAEXG) debe fundamentarse nos criterios de estabilidade e sustentabilidade e harmonización da actividade extractiva co resto dos usos do solo dentro do marco da ordenación territorial, agraria e ambiental e o aproveitamento ordenado e sustentable dos recursos mineiros de maneira compatible coa protección do medio natural e co patrimonio cultural. Con base neses criterios, o citado plan deberá establecer os mecanismos para a coordinación e compatibilización das actividades extractivas e a paisaxe, asegurando a preservación dos valores paisaxísticos de Galicia, e para tal fin:
a) O PSAEXG definirá os mecanismos de coordinación e compatibilización das actividades extractivas, tendo en consideración os valores paisaxísticos e, en particular, as áreas de especial interese paisaxístico a que se refire o artigo 3 do Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia.
b) Polo que atinxe á variable paisaxe, na análise de alternativas de ordenación que debe realizar o plan conforme a lexislación sobre avaliación ambiental, debe estudarse a repercusión na paisaxe das diferentes opcións para certos factores, como son a definición do alcance e tipo dos mecanismos de coordinación para a determinación das áreas incompatibles coa explotación mineira, o tratamento previsto para os espazos alterados por explotacións extractivas, os criterios de intervención nas áreas de alta concentración de explotacións e os criterios de integración paisaxística dos establecementos de beneficio.
c) En particular, o plan sectorial deberá xustificar calquera previsión de explotación nas áreas de especial interese paisaxístico. A xustificación deberá fundamentarse na escaseza, rareza ou interese socioeconómico dun determinado recurso e a súa presenza nas anteditas zonas. Neste suposto estableceranse as medidas necesarias para minimizar os impactos sobre os valores paisaxísticos.
d) O PSAEXG identificará as novas explotacións mineiras que teñan incidencia nas áreas de especial interese paisaxístico e definirá con precisión as oportunas medidas de prevención, corrección ou compensación. Ademais, deben preverse os mecanismos necesarios para mitigar os impactos paisaxísticos das antigas explotacións mineiras non suxeitas á obriga legal de dispoñer dun plan de restauración.
e) O PSAEXG estudará a posibilidade de implantar medidas a unha escala superior á de cada explotación ou dereito, e orientadas á mellora global da imaxe das actividades extractivas, nunha determinada comarca ou mesmo para o conxunto de Galicia, outorgando a importancia que merecen as áreas transfronteirizas (artigo 12.4 da Lei 7/2008 e a determinación 8.7 das DOT). Para esta cuestión poden estudarse posibles pactos pola paisaxe, que poden referirse a aspectos como a restauración de espazos alterados por actividades extractivas, a xestión de residuos de construción (na liña apuntada pola determinación 4.9.3 das DOT) ou a incorporación de manifestacións artísticas (determinación 8.8 das DOT).
f) En particular, o PSAEXG debe abordar a problemática das comarcas paisaxísticas en que a acumulación de explotacións provocou unha transformación moi significativa da paisaxe. No Catálogo das paisaxes de Galicia identificáronse as zonas de Valdeorras, O Courel ou Val do Louro como algunhas daquelas en que debe ser prioritario o desenvolvemento de proxectos, plans ou estratexias que leven a cabo unha planificación territorial e unha programación temporal das actuacións extractivas que atenúe o seu impacto, sen prexuízo dos plans de restauración xa aprobados. Tamén poden formularse plans específicos de paisaxe, orientados a coordinar labores de restauración e deseñar solucións de recuperación ou posta en valor, que poden ofrecer novas alternativas de uso.
DX.16. (N) Na revisión do Plan sectorial eólico de Galicia atenderase aos seguintes criterios para unha adecuada consideración da paisaxe:
a) A planificación das áreas de aproveitamento deberá ter en conta criterios de visibilidade e integración paisaxística, para o cal deberá avaliar o impacto visual de cada área, especialmente nas zonas de visibilidade estratéxica e nas áreas de especial interese paisaxístico a que se refire o artigo 3 do Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia.
b) Nas áreas de especial interese paisaxístico a delimitación das áreas de aproveitamento estudarase con especial detalle, atendendo aos tipos de valores paisaxísticos que xustificaron a delimitación da área de interese.
c) Os criterios de integración paisaxística incluirán a minimización da exposición visual, a visibilidade desde áreas de especial interese paisaxístico e desde miradoiros, a existencia de lugares de especial interese paisaxístico próximos e o grao de impacto sobre os valores paisaxísticos (naturais ou ecolóxicos, culturais ou patrimoniais e estéticos ou panorámicos) e sobre os tipos de paisaxe máis valorados pola poboación desa comarca paisaxística dentro da área de aproveitamento.
d) O cálculo da exposición visual terá en conta as zonas de maior exposición visual do Catálogo das paisaxes de Galicia ou aplicará un cálculo máis preciso que teña en conta os mesmos factores: visibilidade desde núcleos de poboación e principais vías de comunicación ponderada en función do número potencial de observadores.
4.2.3. Directrices para construcións en solo rústico.
DX.17. Calquera construción ou instalación en solo rústico deberá suxeitarse aos seguintes criterios de integración paisaxística, que teñen o carácter de condicións adicionais ás que establecen a lexislación urbanística, os instrumentos de ordenación do territorio, o planeamento urbanístico ou outros instrumentos normativos.
a) Condicións para a localización e a implantación sobre o territorio:
1. (R) Evitaranse lugares situados en cotas altas respecto ao territorio da contorna, xa que presentan unha maior exposición visual.
2. (R) Sempre que sexa posible, as edificacións non se localizarán nas liñas de cornixa ou nos cumios, evitando que a proxección da edificación na liña do horizonte modifique o perfil natural do terreo.
3. (N) As construcións disporanse de tal modo que se minimicen os movementos de terras, evitando localizacións en parcelas cunha pendente elevada. En caso de ser necesario acondicionar o terreo, os noiros ou desmontes resultantes non superarán 3,00 metros de altura, agás no caso de actuacións en terreos de características especiais vinculados á actividade que se desenvolva neles, como son os socalcos de viña en zonas de pendente moi elevada. Compensarase a escavación co recheo, de tal modo que o socalco difira o menos posible da sección natural dos terreos.
4. (N) As construcións disporanse de tal modo que se minimice a eliminación de elementos naturais ou construídos de interese paisaxístico, tales como afloramentos rochosos, pés ou masas de arboreda autóctona, valos ou outras construcións tradicionais, e escollerase a localización que ofreza unha mellor integración volumétrica e escénica cos ditos elementos.
b) Condicións para o tratamento e cerramento das parcelas:
1. (N) Cando unha construción se sitúe nas proximidades de núcleos de poboación, estradas, Camiños de Santiago, rutas de sendeirismo, bens do patrimonio cultural, ou calquera outro elemento ou punto de interese paisaxístico ou de singular concentración de potenciais observadores, de forma que poida provocar un impacto negativo importante pola súa visibilidade, asegurarase a súa axeitada integración paisaxística mediante algunha das técnicas descritas na Guía de estudos de impacto e integración paisaxística. En ausencia doutra medida de integración paisaxística máis axeitada, disporanse dentro da parcela sebes ou masas vexetais irregulares, deseñadas para integrar os volumes construídos e matizar a súa visibilidade, de tal modo que adquiran un aspecto semellante ás formacións vexetais naturais existentes na contorna.
2. (N) Na parte non edificada da parcela evitarase o amoreamento desordenado de materiais, maquinaria, recipientes, refugallos ou equivalentes. Para tal fin deben preverse ou ben lugares específicos de almacenamento en zonas de escasa visibilidade, ou ben as oportunas medidas de ocultación, de xeito que se evite un impacto visual negativo sobre a contorna.
3. (N) Nas sebes vexetais para o cerramento de parcelas empregaranse, sempre que sexa posible, especies autóctonas. En calquera caso evitarase as especies invasoras, así como especies de tipo ornamental propias das zonas urbanizadas.
4. (R) De ser necesario, o valado da finca na que se asenta a construción axustarase aos criterios sobre valados e terase en conta a Guía de caracterización e integración paisaxística de valados.
c) Condicións sobre as características das construcións:
1. (N) Calquera construción ou edificación debe responder, en canto ás súas características esenciais, aos usos ou actividades que xustifican a súa implantación en solo rústico, e debe deseñarse de tal xeito que se integre o máis respectuosamente posible na paisaxe da contorna.
2. (N) A composición volumétrica das edificacións e construcións favorecerán a súa integración na paisaxe e a adaptación do conxunto ás características da topografía e da paisaxe do lugar.
3. (N) Para o acabamento das construcións empregaranse materiais e técnicas construtivas que ofrezan un resultado acorde coas formas e as cores propias do lugar e da arquitectura tradicional. Poderá empregarse como referencia a Guía de cor e materiais desenvolvida para cada grande área paisaxística.
4. (R) Para construcións de características substancialmente diferentes das da arquitectura tradicional, tales como naves de medio ou gran tamaño, equipamentos, instalacións de servizo, infraestruturas da rede de defensa contra os incendios forestais ou outras equivalentes, nas que non resulte congruente empregar os materiais e técnicas construtivas tradicionais, deben seleccionarse os materiais e as cores en atención ás características da paisaxe de acollida, de tal xeito que se procure a mellor integración cromática e textural posible. Son preferibles solucións que impliquen un mantemento baixo, co fin de asegurar unha boa imaxe durante o maior tempo posible, tales como as pezas prefabricadas de formigón ou outros materiais, susceptibles de facilitar a montaxe e de recibir tratamentos texturais e cromáticos personalizados diferentes da pintura (máis estables e duradeiros). No caso de utilizarse estes materiais prefabricados, convén coidar os acabamentos para transmitir unha imaxe de calidade. En calquera caso evitarase o emprego de materiais que degraden visualmente a paisaxe pola súa cor, brillo ou similares, así como as fábricas de ladrillo ou bloque de formigón sen revestir.
5. (N) As cubertas realizaranse nunha gama de cor congruente coas cubertas da arquitectura tradicional (lousa ou tella cerámica, segundo a comarca e o lugar).
6. (R) Para a carpintaría exterior (portas, ventás e ocos de ventilación) poderá empregarse como referencia a Guía de cor e materiais para esa grande área paisaxística.
7. (N) As construcións ou instalacións auxiliares ou complementarias (tales como silos, depósitos, casetas, etc.) remataranse na mesma cor que as construcións principais, agás que se trate de elementos prefabricados non susceptibles de tratamento cromático. Se se trata de elementos puntuais, lineais ou de moi pequena superficie, poden rematarse coa cor empregada para a carpintaría exterior das construcións.
8. (R) Respectaranse todos os exemplares de arboreda autóctona existentes que non resulten incompatibles coa construción. A vexetación poderá utilizarse para integrar os volumes construídos, non para camuflalos.
9. (R) Cando se trate de ampliacións, as novas construcións ou instalacións integraranse coas existentes co fin de acadar unha axeitada imaxe de conxunto. Se estas se atopasen nun mal estado de conservación, ou as súas características fosen discordantes cos criterios de integración paisaxística expostos nestas directrices, o proxecto de ampliación debe prever as obras de mellora ou acondicionamento precisas para conseguir unha adecuada imaxe do conxunto.
4.2.4. Directrices para actuacións e elementos da paisaxe.
Estas directrices están dirixidas a elementos caracterizadores do territorio, que poden aparecer en calquera tipo de paisaxe e que teñen unha elevada incidencia potencial sobre ela. Desenvólvense mediante determinacións orientadas a acadar os obxectivos de calidade paisaxística específicos para estes elementos e son de aplicación en todo o territorio de Galicia, xa que se comprobou que os índices de intervención desexada para estes elementos (polígonos industriais, centrais hidroeléctricas e térmicas, parques eólicos, infraestruturas, elementos do patrimonio cultural materiais ou intanxibles, Camiño de Santiago, sendas, viarios históricos e tradicionais, miradoiros, cerramentos, valados ou sebes) non presentaban diferenzas significativas entre as doce grandes áreas paisaxísticas.
4.2.4.1. Parques empresariais.
DX.18. (N) Calquera actuación levada a cabo por unha Administración ou por iniciativa privada relativa aos parques empresariais, en particular os proxectos de urbanización, deberá ter en conta os criterios particulares para os desenvolvementos de uso industrial ou terciario previstos na epígrafe b) da directriz DX.10, co carácter de norma (N) ou recomendación (R) sinalado nela.
4.2.4.2. Infraestruturas enerxéticas.
DX.19. Na planificación e execución de redes de infraestruturas enerxéticas teranse en conta as seguintes directrices:
a) (N) Co fin de garantir a mellor calidade de paisaxe urbana e de conformidade co establecido na determinación 4.7.4 das DOT, nos novos desenvolvementos urbanísticos os tendidos e redes de infraestruturas enerxéticas serán subterráneos.
b) (R) Para minimizar a incidencia deste tipo de infraestruturas sobre a paisaxe, e de conformidade co establecido na determinación 4.7.10 das DOT, os criterios fundamentais para a ordenación dos tendidos eléctricos aéreos son:
1. En xeral, o percorrido das instalacións adaptarase á topografía e xeomorfoloxía do terreo.
2. Preferentemente estas instalacións seguirán un percorrido paralelo ás vías de comunicación existentes (estradas, ferrocarril), evitando abrir novos trazados no territorio e respectando sempre as distancias de seguridade.
3. Sempre que existan outras liñas próximas, priorizarase o desdobramento das existentes antes da construción dunha liña nova. Cando isto non sexa posible por razóns técnicas, instalarase a nova liña o máis preto posible da xa existente, para aproveitar o mesmo corredor.
c) (R) Co obxecto de reducir os impactos dos tendidos existentes e de conformidade co establecido na determinación 4.7.11 das DOT, os instrumentos de planificación establecerán medidas, en coordinación coas empresas subministradoras, para a eliminación progresiva dos tendidos aéreos nas áreas de influencia das zonas de interese patrimonial natural e cultural.
d) (R) Estableceranse medidas para a eliminación progresiva dos tendidos aéreos nas áreas de especial interese paisaxístico.
e) (R) Recoméndase que a Administración e os promotores coordinen a planificación e execución das redes de transporte, distribución e evacuación de enerxía eléctrica co obxecto de establecer corredores eléctricos e minimizar o impacto sobre o territorio das infraestruturas eléctricas.
f) (R) No deseño de novas liñas eléctricas, salvo que se xustifique a inviabilidade técnica, evitarase que o trazado discorra polas cornixas de serras ou cordais, de tal xeito que se minimice a visibilidade das liñas recortadas contra o fondo do ceo. Así mesmo, evitarase a localización de apoios en puntos de máxima cota e buscaranse os puntos adecuados para que a liña atravese as elevacións topográficas co mínimo impacto visual.
g) (R) En particular, debe evitarse a instalación de apoios nos miradoiros identificados polo Catálogo das paisaxes ou a unha distancia destes inferior a cinco veces a altura do apoio, dentro da bacía visual.
h) (R) Evitarase que o trazado das liñas atravese masas de vexetación autóctona de interese, especialmente se se atopan dentro de áreas de especial interese paisaxístico.
i) (N) Os proxectos de novas liñas eléctricas aéreas de alta tensión que atravesen áreas de especial interese paisaxístico calcularán a bacía visual desde todas as alternativas de trazado e analizarán o impacto da liña nos tipos de paisaxe, nos valores paisaxísticos e nos lugares de especial interese paisaxístico existentes nesa bacía visual, así como a superficie de área de especial interese paisaxístico incluída na bacía visual de cada alternativa de trazado; así mesmo, establecerán o deseño e a estética máis apropiada para os soportes na paisaxe da súa contorna.
4.2.4.3. Parques eólicos.
DX.20. Os proxectos mediante os cales se materialicen os parques eólicos atenderán ás seguintes directrices:
a) (N) O deseño dos parques eólicos terá en conta os resultados do estudo de impacto e integración paisaxística, que, ademais dos contidos establecidos na Lei 7/2008, incluirá un estudo dos tipos de paisaxe en que se sitúan, dos tipos de valores paisaxísticos existentes (naturais ou ecolóxicos, culturais ou patrimoniais, estéticos ou panorámicos e de uso) e o cálculo da súa bacía visual, analizando os tipos de paisaxes, os valores paisaxísticos e os lugares de especial interese paisaxístico existentes nela, de acordo co Catálogo das paisaxes de Galicia. Os resultados desta análise servirán para a cuantificación do impacto visual do parque eólico e a súa repercusión nos tipos e valores paisaxísticos.
b) (R) Na avaliación dos proxectos eólicos terase en consideración a bacía visual que xere o conxunto do parque, tendo en conta tamén unha estimación do número potencial de observadores a partir da poboación dos asentamentos e da intensidade media diaria (IMD) das estradas incluídas nesa bacía visual.
c) (R) No caso de que exista unha manifesta preocupación social polo impacto visual dos aeroxeradores, deberán adoptarse as medidas necesarias para reducir ou mitigar o seu impacto visual. Nestes casos estudarase a posibilidade de realizar plantacións arbóreas nas proximidades dos núcleos, consensuadas cos seus habitantes, para reducir a visibilidade dos aeroxeradores. Nesta mesma liña, considerarase a posibilidade de facilitar a xestión forestal destas terras de xeito que se apantalle o parque con plantacións forestais planificadas e xestionadas con esta finalidade, fomentando as especies autóctonas e asegurando o cumprimento das prescricións da normativa en materia de prevención de incendios forestais.
d) (N) O deseño do parque asegurará a maior compatibilidade posible coas masas forestais ou de mato de alto valor ecolóxico existentes e cos usos agropecuarios e forestais que se desenvolven na zona. Por outra banda, garantirase a revexetación de todas as superficies denudadas en que sexa viable o mantemento da vexetación implantada durante un mínimo de dous anos con patróns de plantación similares ás formacións presentes na contorna e propias da paisaxe da zona.
e) (R) Nos casos de modificación substancial de parques existentes, priorizarase a reutilización das infraestruturas (tales como plataformas ou vías). Na elección dos aeroxeradores que van ser substituídos tomaranse en consideración os impactos paisaxísticos, de tal modo que se procurará substituír os que provocan maiores impactos. En calquera caso, procurarase unha estratexia de intervención conxunta, orientada a actualizar e mellorar a integración paisaxística do parque.
f) (R) Aproveitaranse ao máximo os camiños xa existentes. Para o seu acondicionamento, minimizarase a alteración da topografía e os movementos de terras. Unha vez construído o parque, restauraranse os terreos e a vexetación afectados, deixando só os accesos imprescindibles para o seu mantemento.
g) (R) Na mellora do piso das vías e accesos utilizaranse, sempre que sexa posible, materiais que non supoñan un contraste coas gamas cromáticas e adaptándose á topografía do terreo seguindo os tramos de terreo con menor pendente e procurando reducir as alteracións no sistema hidrolóxico e de drenaxe superficial, para evitar a modificación de cursos naturais de auga. O sistema viario dotarase da largura mínima necesaria e de pisos flexibles, de tipo macádam ou similares, evitando con carácter xeral os pisos ríxidos de formigón ou os semiflexibles de asfalto. Procurarase que tanto as vías de acceso ao parque como as interiores teñan a menor pendente posible, e adoptaranse as medidas necesarias para evitar a erosión naqueles tramos cuxa pendente sexa maior dispoñendo cunetas e drenaxes e asegurando un mantemento axeitado.
h) (N) A execución das plataformas minimizará a alteración da topografía e, unha vez instalado o aeroxerador, restaurarase a vexetación afectada.
i) (N) Debe minimizarse a eliminación de cobertoira vexetal. Calquera plantación que se efectúe para naturalizar noiros, formar sebes e recuperar cobertoiras de camiños ou plataformas, debe realizarse con especies arbóreas, arbustivas e herbáceas propias do lugar, dispoñéndoas dun modo semellante ao natural.
j) (N) Todas as escavacións e recheos irán precedidos por unha coidadosa retirada da cobertoira vexetal, para o seu posterior uso na restauración. Na restauración paisaxística reutilizarase esta terra vexetal para cubrir mediante unha camada os desmontes e terrapléns, sempre que a pendente o permita, garantindo o correcto tratamento de materiais sobrantes e a procedencia autorizada dos solos de achega.
k) (R) Dentro dun mesmo parque ou en parques contemporáneos visibles entre si priorizaranse modelos de aeroxeradores similares e estudarase convenientemente a homoxeneización de tamaños, cores, sentido rotatorio e velocidade das palas. No deseño de novos proxectos eólicos poñerase especial énfase na disposición dos aeroxeradores, atendendo a criterios de orde e composición coherentes coa paisaxe preexistente. A configuración dos aeroxeradores procurará unha orde e unha harmonización visual entre os elementos que a compoñen.
l) (R) Estudarase en profundidade a cor más axeitada para cada parque en función da súa localización, de xeito que se minimice o seu impacto visual nas condicións de luminosidade habituais nesa localización. Establecerase unha gama cromática que cree o menor contraste coa liña do horizonte. Empregaranse preferentemente cores brancas ou tonalidades grises, sempre en gamas moi claras e mates, evitando as arestas vivas ou de superficies metálicas reflectantes. Deste xeito, nalgúns casos, nos primeiros metros dos fustes dos aeroxeradores, cando non cortan a liña do horizonte, poden utilizarse tons similares aos presentes naturalmente na zona circundante para integralo o mellor posible no terreo.
m) (R) As instalacións auxiliares localizaranse, sempre que cumpran os requirimentos técnicos, en edificacións preexistentes. Estas acomodaranse ás tipoloxías e composición das edificacións tradicionais da comarca ou, en calquera caso, terán un deseño coidado que asegure unha calidade estética acorde coa fraxilidade e naturalidade dos ámbitos en que se localizan.
n) (N) Agás no caso da subestación, evitaranse os cerramentos ou valados, pero se estiveren xustificadamente necesarios, resolveranse mediante sistemas o máis diáfanos posible e, de ser o caso, congruentes cos tipos de cerramentos existentes na contorna.
o) (R) En determinados casos poden ser recomendables pantallas vexetais arredor a determinadas instalacións auxiliares do parque eólico co fin de minimizar o impacto paisaxístico xerado polas infraestruturas.
p) (N) As liñas colectoras internas que conducen á subestación serán sempre soterradas, salvo que non sexa posible por outras afeccións sectoriais ou ambientais.
q) (R) As liñas de evacuación cara á rede de transporte planificaranse de forma conxunta co parque eólico, procurando buscar os mellores trazados, de acordo cos criterios sobre liñas eléctricas. Dentro das AEIP delimitadas no Catálogo das paisaxes de Galicia, estudarase a viabilidade de soterrar as liñas de evacuación.
r) (R) Considerarase a posibilidade de localizar aeroxeradores de dimensións reducidas en polígonos industriais e comerciais, áreas portuarias e periurbanas, preferentemente situados en zonas planas.
s) (R) O canon eólico aplicarase, entre outras, en actuacións de mellora da paisaxe das comarcas paisaxísticas en que se localizan os parques eólicos.
t) (R) Fomentaranse, mediante un marco lexislativo favorable, as modificacións substanciais dos parques máis antigos, conducentes á redución do número de aeroxeradores.
u) (R) A instalación dun novo parque eólico poderá ir acompañada da reordenación ou mellora doutros elementos da paisaxe no ámbito do parque como medida de compensación como a restauración de elementos do patrimonio cultural, a eliminación doutros impactos paisaxísticos ou similares.
4.2.4.4. Infraestruturas e vías de comunicación.
DX.21. Establécense as seguintes directrices para os instrumentos de planificación e os proxectos de infraestruturas e vías de comunicación:
a) (N) A planificación sectorial e os proxectos de infraestruturas viarias e ferroviarias adoptarán as solucións requiridas para maximizar a súa integración paisaxística e amortecer así o seu impacto na paisaxe. Esta integración poderá sustentarse en estratexias de singularización nos casos que poidan constituír elementos de interese paisaxístico, como poden ser pontes, viadutos ou outros elementos de carácter singular ou monumental.
b) (R) Empregaranse as técnicas e solucións de integración paisaxística máis recentes nas novas infraestruturas viarias; do mesmo xeito estableceranse medidas de integración das infraestruturas existentes que minimicen o seu impacto.
c) (R) Nos proxectos sempre se analizará a alternativa de acondicionar estradas existentes fronte á construción de novas vías.
d) A integración paisaxística das infraestruturas viarias existentes e das novas terá en conta os seguintes criterios:
1. (R) Os trazados das novas estradas axustaranse o máximo posible á topografía, co fin de minimizar os movementos de terras e a aparición de noiros e desmontes.
2. (N) As infraestruturas viarias adaptaranse á topografía mediante a construción de túneles, falsos túneles e viadutos nos casos en que a avaliación das alternativas determine que sexan necesarios, de xeito que se minimice a fragmentación da paisaxe e se reduza a superficie de noiros.
3. (R) Os pasos sobre cursos de auga resolveranse, sempre que sexa posible, evitando a canalización e a redución da sección natural dos corredores ecolóxicos, para o cal se evitarán os estribos de recheo.
4. (N) No deseño dos noiros buscarase o mellor equilibrio posible entre a súa pendente e a ocupación de solo.
5. (N) Cando as pontes e demais estruturas provoquen un notable impacto visual, como ocorre cando se localizan nunha área de especial interese paisaxístico ou nunha zona de grande exposición visual, así como cando xeran unha bacía visual moi ampla, serán obxecto dun deseño coidado en que se prime a esvelteza e a singularidade formal fronte á estandarización. En particular, calquera nova ponte de máis de 50 metros de lonxitude requirirá informe do organismo competente en materia de paisaxe.
6. (N) Nos muros de máis de tres metros visibles desde unha área de especial interese paisaxístico, así como nos que xeren unha bacía visual moi ampla, aplicarase o tratamento máis axeitado para a súa integración paisaxística.
7. (N) Cando se realicen apantallamentos vexetais, empregaranse preferentemente especies arbustivas ou arbóreas autóctonas semellantes ás existentes na contorna.
8. (N) Levarase a cabo a revexetación dos elementos viarios tales como medianas, noiros ou rotondas empregando sempre especies vexetais autóctonas. No caso das vías de menor entidade (camiños, pistas ou similares) o uso da vexetación acompañando a vía axuda a reducir o seu impacto na paisaxe, sobre todo cando se empregan árbores autóctonas propias do lugar.
9. (N) Deseñarase un tratamento axeitado dos noiros e dos espazos do dominio público co fin de favorecer a continuidade paisaxística e territorial.
10. (N) Buscarase a integración cromática de elementos construtivos, como poden ser os muros ou o gunitaxe.
11. (N) Adoptaranse as medidas necesarias para a integración paisaxística de edificios asociados. Tanto os edificios de servizo como o seu mobiliario de sinalización e iluminación deseñaranse de xeito que se integren da mellor maneira posible na contorna onde se sitúan, tanto en canto a localización, volume e estética como a tratamento cromático.
12. (N) Retiraranse os carteis, paneis e demais sinalética de obras ou actuacións públicas unha vez finalizadas e rematado o prazo de permanencia que determinen, se for o caso, os compromisos adquiridos para o seu financiamento. Do mesmo xeito, asegurarase un deseño dos citados elementos que, na medida do posible, minimice o seu impacto na paisaxe.
e) (R) Impulsarase a eliminación ou ordenación de infraestruturas viarias obsoletas. Preverase a eliminación de elementos e tramos que entren en desuso, así como a integración das novas superficies xeradas (vertedoiros, préstamos,…), restaurándoos segundo as características da contorna e promovendo, na medida do posible, o retorno a usos preexistentes ou de utilidade pública para evitar espazos abandonados.
f) (N) Calquera proxecto de nova vía de titularidade estatal ou autonómica, así como de calquera nova vía de comunicación nunha área de especial interese paisaxístico, calculará a bacía visual desde as alternativas de trazado e analizará o impacto da vía nos tipos de paisaxe, nos valores paisaxísticos e nos lugares de especial interese paisaxístico existentes nesa bacía visual, así como a superficie de área de especial interese paisaxístico incluída na bacía visual de cada alternativa de trazado.
g) (R) As vías de transporte e comunicación constitúen sendas visuais, cunha escena paisaxística propia, polo que deben terse en consideración os seguintes criterios:
1. Se porá en valor as infraestruturas como xeradoras de identidade e as vías de comunicación como medio de acceso ás paisaxes.
2. Conservarase o valor patrimonial das tramas viarias de raíz histórica cunha integración harmónica na paisaxe.
3. Asegurarase a conservación das corredoiras e rueiros tradicionais, así como dos muros tradicionais asociados a estes, tanto en solo de núcleo rural como en solo rústico.
4. Os sistemas de luminarias empregados nas infraestruturas planificaranse de xeito que reduzan a contaminación lumínica e tendo en conta criterios de integración paisaxística, como cor, intensidade, distribución ou ritmo.
5. Fomentarase a ordenación paisaxística das actividades asociadas aos eixos viarios con incidencia visual (edificios, produtos expostos ao aire libre, instalacións adxacentes, rotulación ou similares).
h) (R) Mellorarase a sinalización, acondicionamento e mantemento de rutas paisaxísticas, para o cal:
1. Se porá en valor a función da rede de estradas e dos camiños como itinerarios para a percepción do territorio.
2. Mellorarase a sinalización dos itinerarios de interese paisaxístico existentes.
3. Identificaranse os tramos de estradas que deban ser protexidos polas súas vistas panorámicas.
4. Na planificación de novas estradas tomaranse en consideración os valores panorámicos daqueles tramos desde os cales se aprecien vistas de interese do mar, as rías, os vales, o horizonte ou outros fitos paisaxísticos de interese. Para tal fin evitarase a ocultación das vistas, e, se resultar viable, preveranse áreas ou puntos de parada para a contemplación da paisaxe.
5. Equiparanse as estradas con espazos para miradoiros e elementos de interpretación da paisaxe; asemade dispoñeranse áreas de descanso en puntos estratéxicos para a observación de espazos de especial interese paisaxístico ou de bacías visuais amplas.
6. Mellorarase a sinalización de elementos ou áreas de especial interese paisaxístico.
7. Estableceranse criterios e regras de deseño dos sinais de itinerarios de interese paisaxístico, miradoiros, áreas de especial interese paisaxístico ou análogos que aseguren a súa calidade estética e a súa integración na paisaxe.
8. Recuperaranse para rutas paisaxísticas as sendas e camiños en desuso ou en mal estado de conservación nas cales existan ou que atravesen áreas con especiais valores paisaxísticos.
i) (R) Co fin de minimizar o impacto paisaxístico e visual e de conformidade coa determinación 4.6.7 das DOT, polo que atinxe ás infraestruturas de telecomunicacións:
1. Consideraranse como localizacións preferentes en calquera clase de solo as instalacións preexistentes de telecomunicación, as instalacións destinadas á publicidade, as construcións ou instalacións industriais ou comerciais e outras infraestruturas ou mobiliario urbano, sempre que sexa compatible.
2. As súas dimensións e características serán as que, preservando a funcionalidade da instalación, produzan un menor impacto visual.
3. Evitarase a implantación en lugares protexidos ben pola lexislación reguladora do patrimonio histórico ben pola de protección do ambiente, sen prexuízo dos dereitos de ocupación do dominio público e privado previstos na lexislación básica en materia de telecomunicacións.
j) (R) Sempre que sexa posible, concentrarase a instalación das antenas emisoras e de repetición, aínda que sexan de diferentes titulares, nas mesmas localizacións, de xeito que se instalen nun único báculo ou se minimice o número destes.
k) (N) A localización de novas antenas minimizará o impacto nas áreas de especial interese paisaxístico e nos miradoiros identificados polo Catálogo das paisaxes de Galicia.
l) (N) Sen prexuízo da normativa técnica aplicable, as antenas e as súas construcións anexas deberán ser obxecto dun adecuado tratamento estético, de tal xeito que a forma e altura dos elementos que as integran, e os seus materiais e cores, se escollan co criterio de minimizar os impactos visuais negativos sobre a contorna, procurando un deseño acorde coas características cromáticas, volumétricas, naturais e paisaxísticas do lugar.
m) (R) Priorizarase a localización das infraestruturas aéreas (como poden ser as liñas telefónicas) nas trazas das infraestruturas de transporte ou agruparanse en corredores establecidos polos instrumentos sectoriais.
4.2.4.5. Cerramentos, valados ou sebes.
DX.22. Para a execución de cerramentos, valados ou sebes de deslindamento de leiras deberá atenderse ás seguintes directrices:
a) (N) En solo rústico, o cerramento de parcelas deberá ser consecuente coa utilización dada aos terreos, utilizando técnicas coherentes con ese uso, e deberá ser acorde cos tipos de valados tradicionais na mesma unidade de paisaxe ou comarca. Empregaranse materiais e técnicas construtivas congruentes coa localización e co carácter propio do lugar, evitando en todo caso texturas ou cores que distorsionen o devandito carácter ou que impliquen un forte contraste visual.
b) (N) En solo rústico, os valados acomodaranse, no seu deseño e execución, ás funcións agrarias que se desenvolvan na parcela e xustificaranse en atención á necesidade que os motiva, ben sexa esta a sinalización da propiedade (para localizala e diferenciala doutras propiedades), a contención de gando ou animais de cría, a defensa dos cultivos, os animais ou as plantacións (fronte a persoas intrusas ou animais salvaxes), o acondicionamento dos terreos (muros de contención) ou outras necesidades semellantes.
c) (N) Nas parcelas que non están edificadas, coa finalidade de preservar a amplitude visual do territorio agrícola, evitaranse os muros de fábrica ou outras solucións opacas, coa excepción de sebes compostas por especies arbóreas ou arbustivas propias do lugar. No seu lugar priorizarase o uso de chousumes de arame ou de trama metálica de torsión simple.
d) (R) No caso de contornas con abundancia de valados opacos, ou cando o seu uso sexa imprescindible, permitiranse valados opacos dunha altura preferiblemente inferior a 1,00 metro. En parcelas edificadas, en contornas urbanas ou que requiran un peche máis alto a altura máxima será de 1,50 metros.
e) (N) A xustificación da necesidade do cerramento será especialmente detallada nas áreas de especial interese paisaxístico.
f) (R) Evitarase a proliferación de valados nos lugares e áreas en que tradicionalmente non había valados nas parcelas (incluídas as edificadas) e limitarase a altura dos valados de xeito que permitan a permeabilidade visual, co fin de evitar a fragmentación do espazo.
g) (R) Se existe unha tipoloxía xeral tradicional de valados na contorna deberá manterse en canto a materiais e disposición. Favoreceranse e implantaranse, sempre que sexa posible, os valados de elementos vexetais (autóctonos) ou naturais. Procurarase o bo mantemento e acondicionamento do valado. Priorizaranse os valados de cachotaría tradicional, no caso de ser necesario valados opacos.
h) (R) Tomaranse como referencia os criterios establecidos na Guía de caracterización e integración paisaxística de valados, así como os novos modelos de valados propostos nela.
i) (N) Conservaranse, sempre que sexa posible, as sebes, valados tradicionais de pedra, aliñamentos de árbores e outros sistemas de delimitación tradicional como elementos valiosos da paisaxe.
4.2.4.6. Elementos do patrimonio cultural material.
DX.23. Establécense as seguintes directrices relativas aos elementos do patrimonio cultural material:
a) (R) Estableceranse os mecanismos de colaboración e coordinación oportunos entre as diferentes administracións e organismos competentes ou involucrados na preservación do patrimonio arquitectónico e histórico, para contribuír á protección e mellora das paisaxes caracterizadas por estes elementos.
b) (R) En ámbitos urbanos promoverase a creación de espazos libres públicos na contorna dos elementos con valor patrimonial, cultural, histórico ou identitario. En calquera caso, as novas construcións nestes espazos tratarán de ser respectuosas cos valores propios destes elementos e deben coidar as súas características estéticas e as vistas desde os elementos patrimoniais, así como non perturbar a súa caracterización histórica.
c) (R) En ámbitos non urbanos fomentarase a creación de parques, áreas de esparexemento ou outros espazos públicos en que se garanta unha paisaxe de calidade na contorna dos elementos de interese patrimonial, sempre que sexa compatible coa conservación dos seus valores.
d) (N) A rede de itinerarios de interese paisaxístico e ambiental establecida nas DOT identificará aqueles itinerarios en que teña unha especial relevancia o patrimonio cultural para a súa posta en valor.
e) (R) Impulsarase a reutilización de elementos de valor histórico ou cultural, potenciando os seus valores intrínsecos. Fomentarase a utilización de edificacións con valor patrimonial que se atopen sen uso ou en estado de abandono para evitar a súa deterioración e facilitar o seu uso e acceso á sociedade.
f) (N) As intervencións de restauración ou recuperación dos elementos do patrimonio cultural, ademais dos criterios establecidos na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, mellorarán a súa integración paisaxística. Para tal fin empregaranse materiais, cores e acabamentos coherentes coa paisaxe en que se integren. Ademais, teranse en conta os usos do solo tradicionais na contorna do elemento e procurarase modificar o mínimo posible a paisaxe tradicional e manter a relación coa súa contorna.
g) (R) Calquera intervención na contorna dos elementos patrimoniais deberá asegurar a conservación dos valores estéticos e paisaxísticos destes elementos, así como a súa caracterización histórica e os valores inmateriais que lle dan carácter.
h) (R) Recuperaranse e poñeranse en valor os elementos do patrimonio industrial histórico definidos no artigo 104 da Lei 5/2016 que sexan representativos da historia económica de Galicia e da interacción secular entre as persoas e a natureza, tales como ferrarías, conserveiras, salgaduras, carpintarías de embarcacións tradicionais, curtidoiros, fornos ou similares. Nas intervencións neste tipo de bens, reguladas no artigo 105 da Lei 5/2016, conservaranse as estruturas e demais elementos tradicionais e evitarase a transformación das súas características principais, facéndoas compatibles coa actividade a que se destinen.
i) (R) Protexeranse as vistas desde e cara a elementos do patrimonio cultural relevantes.
j) (R) Desenvolverase un plan de posta en valor dos elementos patrimoniais como elementos configuradores da paisaxe tradicional, que aproveite o valor paisaxístico dos bens do patrimonio etnolóxico establecidos no artigo 91 da Lei 5/2016, tales como hórreos, cruceiros, petos de ánimas, pallozas, chozos, muíños, fontes, lavadoiros, ferrarías, obradoiros, fornos, camiños reais, pontellas, pesqueiras, neveiras, carballeiras, cerramentos tradicionais, alvarizas ou foxos de lobos. A súa concreción pode levarse a cabo a través da creación de itinerarios paisaxísticos temáticos: (1) itinerarios sobre antigas infraestruturas (muíños e outros), (2) itinerarios etnográficos relacionados coa agricultura, a gandaría ou a pesca, (3) itinerarios arqueolóxicos (megalitismo, petróglifos, cultura castrexa, galaico-romano), (4) itinerarios do patrimonio relixioso (monacato, santuarios). Estes itinerarios integraranse na súa contorna e evitarán a fragmentación do territorio, e terán como obxectivo a ligazón de elementos de interese.
k) (R) Fomentarase a conservación da paisaxe asociada a valores patrimoniais mediante medidas compensatorias ou que premien as boas prácticas de persoas propietarias de terras en zonas de afección, como poden ser a limpeza ou coidado da vexetación no contorno de bens arqueolóxicos, camiños históricos ou similares, especialmente no caso dos bens patrimoniais onde o territorio é un factor clave para o seu entendemento.
4.2.4.7. Elementos do patrimonio cultural inmaterial.
DX.24. (R) Establécense as seguintes directrices relativas aos elementos do patrimonio cultural inmaterial:
a) Inventariaranse, estudaranse e poranse en valor os elementos do patrimonio cultural inmaterial definidos no artigo 9 da Lei 5/2016 (tales como lingua, tradicións e expresións orais, toponimia, danza, música, representacións, xogos e deportes, rituais, cerimonias, actos festivos, coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo ou técnicas artesanais tradicionais), co obxectivo de conservar e perpetuar a súa transmisión interxeracional, especialmente naqueles casos que reflictan os marcos espaciais, elementos naturais ou lugares con influencia na configuración do territorio.
b) Elaboraranse inventarios e rexistros do patrimonio inmaterial que documenten as súas características, o estado do ben e grao de vulnerabilidade, a súa representatividade e significación ambiental, histórica e social, así como a percepción dos suxeitos e dos colectivos implicados. Catalogarase todo o patrimonio inmaterial que teña relación directa co territorio ou que destaque especialmente polo seu valor paisaxístico, incorporando na súa xestión criterios de conservación e recuperación, e prestando atención ás comunidades implicadas.
c) Elaboraranse rexistros e cartografía de toponimia, como elemento fundamental para a interpretación do territorio, das súas características e dos elementos salientables da paisaxe, así como indicador do modo en que as persoas perciben a súa contorna.
d) Os instrumentos de planeamento sectorial e urbanístico deberán establecer normas e medidas de protección e conservación dos muros, valados e construcións adxectivas de uso agrogandeiro executadas coa técnica tradicional de pedra en seco, por tratarse dunha técnica incluída no Censo de patrimonio cultural de Galicia como manifestación do patrimonio cultural inmaterial. Así mesmo, para novas construcións dos elementos, fomentarase o uso desta técnica construtiva nas distintas manifestacións tipolóxicas de cada zona. No caso de reestruturacións parcelarias ou proxectos construtivos que afecten os ditos elementos e nos cales non exista alternativa técnica para a súa incorporación ao proxecto, valorarase a transposición dos elementos de maior interese etnográfico e/ou construtivo a posicións que garantan a súa conservación.
e) Desenvolveranse accións de difusión e sensibilización sobre a importancia do patrimonio inmaterial, que potencien o seu coñecemento e unha transmisión interxeracional que o manteña vivo.
4.2.4.8. Camiños de Santiago, sendas e vías históricas e tradicionais.
DX.25. As intervencións que afecten os Camiños de Santiago ou ás sendas e vías históricas e tradicionais guiaranse polas seguintes directrices:
a) (N) Dentro do territorio histórico, das contornas de protección e, se for o caso das zonas de amortecemento dos Camiños de Santiago, nos lugares visibles desde o Camiño e que se atopen a unha distancia inferior a 500 metros deste para os cambios de actividades agroforestais que requiran autorización, agás as plantacións de especies forestais autóctonas e as transformacións de terreos con matogueira a usos agrícolas, e para todas as actuacións construtivas en solo rústico, xustificarase a elección da localización da actividade mediante unha análise de visibilidade baseada no cálculo da bacía visual desde o Camiño de Santiago mediante unha metodoloxía similar á empregada no Catálogo das paisaxes de Galicia, analizaranse os tipos de paisaxe existentes na bacía visual da localización seleccionada e o grao de integración da actuación proposta neses tipos de paisaxe, e estableceranse medidas de integración paisaxística para minimizar o impacto sobre os valores paisaxísticos e os lugares de especial interese paisaxístico incluídos na bacía visual.
b) (R) As actuacións na bacía visual dos camiños históricos procurarán a súa compatibilidade cos elementos configuradores da estrutura territorial tradicional (rede de camiños, cerramentos e semellantes).
c) (R) Co fin de conservar a variedade textural, restaurarase a vexetación das marxes dos camiños e manteranse, ou aumentaranse cando sexa posible, as superficies de especies arbóreas e arbustivas autóctonas nas contornas e bacías visuais das vías históricas e camiños tradicionais. Preservaranse os exemplares de especies frondosas autóctonas que configuran os valores sensoriais da peregrinación polo Camiño de Santiago.
d) (R) Promoveranse e fomentaranse actuacións de xestión forestal activa baseadas en modelos silvícolas de especies forestais, especialmente autóctonas, en toda a bacía visual dos Camiños de Santiago, especialmente nas propiedades máis próximas ao trazado do Camiño.
e) (N) Crearase a rede de itinerarios de interese paisaxístico e ambiental establecida na determinación 7.3 das DOT. Esta rede incluirá itinerarios caracterizados, polo menos, por un dos catro tipos de valores paisaxísticos identificados no Catálogo das paisaxes de Galicia: naturais ou ecolóxicos, culturais ou patrimoniais, estéticos ou panorámicos e de uso.
f) (R) Preservaranse e poranse en valor os bens materiais e inmateriais vinculados ao patrimonio etnográfico na contorna da rede de camiños, sendeiros e vías históricas, prestando especial interese a aqueles elementos directamente indicativos de tránsito, sexan materiais (como pontes ou pasos) ou inmateriais (microtoponimia viaria, prácticas ou similares).
g) (R) Preservarase o patrimonio construído tanto polo seu valor arquitectónico e etnolóxico como polo seu valor na fisionomía do territorio histórico. Frearase a deterioración das edificacións ou elementos adxectivos tradicionais tales como fornos, hórreos, muíños, eiras, alpendres, palleiras, lavadoiros, petos, pontes ou pontellas.
h) (R) Conservarase o piso nos camiños tradicionais, sempre que sexa posible, sen recheos e mantendo os elementos de interese, como poden ser o empedrado, as antigas rodeiras, os muros de contención de pedra ou similares.
4.2.4.9. Miradoiros e puntos de observación.
DX.26. Co fin de preservar o valor paisaxístico que comportan as vistas panorámicas, as intervencións que poidan afectar miradoiros ou puntos de observación ateranse ás seguintes directrices:
a) (N) Protexeranse as vistas desde os miradoiros recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia mediante as oportunas limitacións tanto nas actividades construtivas como nos usos agroforestais, co fin de que non se reduza a súa bacía visual de forma significativa, salvo casos xustificados e cando non exista unha alternativa viable.
b) (N) Manterase a topografía e a xeomorfoloxía da contorna, evitando noiros traseiros moi visibles, así como terrapléns ou recheos na fronte do miradoiro.
c) (R) Evitarase a presenza de elementos na contorna dos miradoiros que alteren a percepción da paisaxe.
d) (N) Elaborarase unha guía de integración paisaxística dos miradoiros.
e) (R) Estableceranse incentivos para mellorar a accesibilidade e o acondicionamento, seguindo os criterios da mencionada guía, dos miradoiros incluídos no Catálogo das paisaxes de Galicia que presenten unhas mellores características, como poden ser unha maior superficie de bacía visual, maior superficie de áreas de especial interese paisaxístico na bacía visual, maior diversidade de tipos de paisaxe ou similares.
f) (R) Integrarase o inventario de miradoiros do Catálogo das paisaxes de Galicia na estratexia turística da Comunidade Autónoma para fomentar a percepción da paisaxe como un recurso turístico.
4.3. Directrices específicas.
Este bloque de determinacións refírense ás unidades de paisaxe correspondentes a cada un dos tipos de paisaxe identificados, así como ás áreas de especial interese paisaxístico e aos ámbitos de especial atención paisaxística.
4.3.1. Directrices específicas para grandes áreas paisaxísticas e unidades de paisaxe.
Estas determinacións aplicaranse nas unidades de paisaxe correspondentes a cada un dos tipos básicos de paisaxe identificados polo Catálogo das paisaxes de acordo coa cobertura do solo e, no seu caso, coas especificacións relativas ao tipo de xeomorfoloxía que se cita.
4.3.1.1. Unidades de paisaxe do tipo láminas de auga.
LA.01 (R) Conservaranse as paisaxes dos cursos fluviais polo seu valor ecolóxico e paisaxístico. Calquera plan, proxecto ou actuación considerará os cursos fluviais e a súa área de influencia como espazos de valor paisaxístico, polo seu valor ecolóxico e o seu interese paisaxístico transversal.
LA.02 (R) Incorporaranse criterios de integración paisaxística na planificación e deseño das novas infraestruturas e obras públicas que afecten ou atravesen cursos fluviais. Estes criterios potenciarán alternativas de trazado ou construcións que afecten o mínimo posible ou se integren mellor na estrutura fluvial e minimizarán a eliminación da vexetación propia dos espazos fluviais.
LA.03 (R) Incentivarase a protección e recuperación da vexetación propia dos espazos fluviais. O respecto aos corredores de ribeira incluirá a conservación da estrutura vertical e horizontal da vexetación natural de ribeira.
LA.04 (N) Preservarase un espazo fluvial que respecte a dinámica fluvial natural para poder manter tanto corredores de ribeira como formas fluviais, de xeito que se conserve a funcionalidade ecolóxica, paisaxística e de conexión entre diferentes espazos (entre áreas urbanas e rurais, entre áreas urbanas ou entre diferentes espazos naturais). O respecto das formas fluviais incluirá a conservación dos leitos e da súa mobilidade (zonas de migración e inundación), mantendo a morfoloxía propia de cada sistema fluvial, así como a naturalidade de marxes e leito, tentando de evitar a construción de proteccións de marxes, canalizacións ou encanamentos.
LA.05 (N) Incorporaranse criterios paisaxísticos nas actuacións de canalización tales como o emprego de materiais integrados coa contorna, a minimización dos movementos de terra, o emprego de especies vexetais propias da vexetación de ribeira e outros análogos.
LA.06 (N) Tal e como se establece nas DOT, promoveranse actuacións coñecidas como técnicas de drenaxe urbana sustentable (TDUS), importantes para a consecución dun réxime hidrolóxico máis natural dentro das zonas urbanizadas, pero que tamén ofrecen beneficios estéticos e xogan un papel destacado na mellora da calidade visual dos espazos urbanos. Trátase de medidas como a implantación de zonas arborizadas (especialmente beneficiosas en contornas de estradas e aparcadoiros), zonas húmidas artificiais para a retención de auga, sistemas de bio-retención ou cunetas de céspede.
LA.07 (R) Dotaranse os espazos con presenza de auga dun valor estético e de lecer compatible coa súa naturalidade, e para isto:
a) Potenciarase a creación de itinerarios asociados ás ribeiras, poñéndoos en valor como corredores ecolóxicos e espazos de interese paisaxístico, en zonas próximas a asentamentos de poboación.
b) Teranse en conta e melloraranse os valores paisaxísticos nas actuacións de protección, rexeneración ou mellora das contornas fluviais.
c) Protexerase e revalorizarase o patrimonio cultural e industrial asociado aos cursos fluviais, aproveitando os seus valores históricos, sociais e paisaxísticos.
d) Promoverase e mellorarase o uso social dos ríos e masas de auga (zonas de baño, zonas de pesca controlada, tramos navegables…) como feito de aproximación da poboación aos ríos.
e) Levaranse a cabo actividades pedagóxicas e culturais nos ámbitos fluviais, que promovan o coñecemento das características e as funcións ecolóxicas das ribeiras dos ríos, así como do valor da auga como recurso e da necesidade do seu uso responsable. A vexetación de ribeira constitúe un factor de diversificación da paisaxe, cun importante papel estético e social para a educación e formación en valores naturais. Por outra banda, as medidas de educación e concienciación incidirán na consolidación da paisaxe fluvial como un sistema dinámico e diverso, tanto espacial como temporalmente, incluíndo dentro destas paisaxes fenómenos como a erosión das marxes dos cursos ou os eventos de crecidas e inundacións.
LA.08 (R) Asegurarase a recuperación de zonas húmidas e contornos fluviais degradados, para o cal se adoptarán as seguintes medidas:
a) Garantirase a recuperación ambiental e paisaxística dos cursos fluviais. A recuperación do espazo fluvial e da chaira de inundación son medidas clave para permitir a recuperación dos sistemas fluviais.
b) Restauraranse e naturalizaranse os tramos degradados dos regatos e pequenos cursos fluviais na contorna dos núcleos urbanos e das zonas periurbanas e industriais.
c) Priorizaranse as intervencións directas no río para a eliminación de obstáculos transversais e lonxitudinais, como poden ser a eliminación de azudes, canalizacións e proteccións de marxes, ou recuamento de cembas, cando estes elementos non estean debidamente autorizados, ou cando teña rematado a actividade que motivou a súa construción. Cando isto non sexa posible porque exista un risco para a seguridade de persoas, bens ou infraestruturas, poderán levarse a cabo medidas para naturalizar o leito e as marxes, que poden levarse a cabo a través da substitución de materiais duros das defensas con técnicas de bioenxeñaría (gabións vexetados, entramados de madeira, muros Krainer, coieirao vexetada ou similares), ou mediante o incremento da complexidade estrutural do leito (creación de sucesións de rápidos e remansos, recuperación da sinuosidade, introdución de elementos como pedras, madeiras, entre outros). Estas técnicas, ademais de facilitaren a recuperación de formas e procesos máis naturais e incrementar a heteroxeneidade de hábitats, proporcionan importantes beneficios estéticos.
4.3.1.2. Unidades de paisaxe do tipo matogueira, rochedo e turbeiras.
MT.01 (N) En áreas de serra ou canóns cubertas principalmente por matogueira evitarase a realización de todo tipo de cerramentos. En caso de que se implanten, nestes tipos de paisaxes, usos ou construcións que xustificasen o cerramento da parcela, priorizaranse as sebes formadas por especies de matogueira ou arbustivas autóctonas e propias do lugar ou, se for o caso, as cercas metálicas de protección, preferentemente de arame sen plastificar, e coa maior abertura posible (mallas cinexéticas), para minimizar a obstrución do paso de animais e reducir a visibilidade do cerramento. Os postes para suxeitar o arame poderán ser de madeira, de pedra, prefabricados de formigón, ou metálicos, pero, en todo caso, da menor sección posible.
Os muros de fábrica serán excepcionais, só en casos de construcións ou instalacións que, pola súa especial función, requiran de medidas singulares de protección da parcela. Preferentemente tratarase de muros de cachotaría, realizados con pedras propias do lugar e coa técnica tradicional de aparello en seco. Tamén poderán realizarse muros de bloques de formigón, que deberán revestirse mediante unha receba graúda, realizada con area e grixo das proximidades e cemento branco, de tal modo que a tonalidade resultante sexa semellante ás cores naturais das rochas da contorna. Evitaranse os bloques de formigón fabricados para quedaren vistos, as fábricas con pedra ou tipos de aparello diferentes dos tradicionais da comarca e as placas de pedra ou doutros materiais.
MT.02 (N) Xustificarase de xeito inequívoco a necesidade da localización de construcións para explotacións sen base territorial, xestión forestal, equipamentos ou dotacións e pirotecnias de máis de 400 m2 en unidades de paisaxe de tipo serra ou canón con coberturas de mato de alto valor ecolóxico ou turbeiras.
MT.03 (R) Manteranse as condicións hidrográficas e topográficas que resulten fundamentais para a estruturación ecolóxica destes espazos, procurando hábitats resilientes e evitando procesos erosivos ou de seca.
4.3.1.3. Unidades de paisaxe do tipo bosques.
BO.01 (N) Como medio para a mellora da paisaxe en zonas de alta exposición visual como son as bacías visuais desde as infraestruturas de comunicación, atenderase á determinación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que establece que nos terreos incluídos na zona de dominio público da rede viaria e ferroviaria non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira desta lei.
BO.02 (N) Como medio para a mellora da paisaxe en zonas de alta exposición visual como son as bacías visuais dos asentamentos de poboación, atenderase á determinación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que establece que nunha franxa de 50 m perimetral ao solo urbano, urbanizable e de núcleo rural, así como arredor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, parques e instalacións industriais, non poderá haber as especies arbóreas sinaladas na disposición adicional terceira da mencionada lei.
BO.03 (N) A vexetación arbórea existente nunha franxa de, como mínimo, 15 m desde o dominio público de cursos fluviais de máis de 2 m de largo estará composta por especies incluídas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Velarase pola protección, mantemento e mellora das áreas de vexetación ripícola, é dicir, aquelas situadas nas marxes dos cursos fluviais, facéndoo compatible cun aproveitamento sustentable. Evitarase a utilización de produtos químicos e a acumulación de residuos que poidan deteriorar os leitos dos ríos e, consecuentemente, provocar notables impactos paisaxísticos.
BO.04 (N) Eliminaranse especies forestais invasoras incluídas no Catálogo español de especies exóticas invasoras, que son un importante factor de cambio da paisaxe.
BO.05 (R) Conservarase o patrimonio etnográfico e arqueolóxico existente no monte e porase en valor, mediante actuacións como os itinerarios de interese paisaxístico.
BO.06 (N) Nas unidades de paisaxe de bosque deben minimizarse os cambios de actividade de bosque a uso agrícola, na medida en que implican unha potencial perda de masas de arboreda autóctona, as cales son elementos que outorgan un carácter singular e un especial interese a este tipo de paisaxes. Neste sentido, ademais das condicións que se establecen na determinación CU.09, deberán aplicarse as seguintes:
a) Deberá acreditarse a inexistencia ou inviabilidade de localizacións alternativas para o desenvolvemento do uso agrícola proposto. Neste senso, deberá demostrarse que non se dispón de parcelas axeitadas para este fin no Banco de Terras.
b) Non poderán realizarse cortas a feito de especies autóctonas integrados en masas continuas dese tipo de especies dunha superficie superior a 15 hectáreas e idade media superior a 20 anos.
BO.07 (N) Os cambios de cobertura de bosque a calquera outro uso en unidades de paisaxe con xeomorfoloxía de canón deberán evitarse de xeito xeral, e só se permitirán cambios a outros usos característicos da paisaxe da zona, como a viña, ou imprescindibles para o desenvolvemento das actividades económicas da zona.
BO.08 (N) Nas unidades de paisaxe con cobertura de bosque evitarase calquera tipo de cerramento ou valado que dificulte a conectividade ecolóxica. Por tanto, priorizaranse os simples marcos de esquina, formados por pedras fincadas, pezas prefabricadas de formigón ou solucións semellantes. Se o tipo de uso ou construción que se implante na parcela o xustifica, poderán realizarse cercas metálicas de protección, preferentemente de arame sen plastificar e coa maior abertura posible (mallas cinexéticas) para minimizar a obstrución do paso de animais e reducir a visibilidade da cerca; os postes para suxeitar o arame poden ser de madeira, de pedra, prefabricados de formigón, ou metálicos, pero, en todo caso, da menor sección posible.
Evitarase calquera tipo de muros de fábrica. Porén, no caso de existiren muros ou valados tradicionais de pedra aparellada en seco, deberán manterse, sempre que iso non inviabilice a xestión forestal.
4.3.1.4. Unidades de paisaxe do tipo plantacións forestais.
PF.01 (N) Nos ámbitos das AEIP estableceranse as oportunas limitacións para as novas repoboacións forestais de eucalipto e para evitar a súa rexeneración espontánea. Promoveranse medidas para a substitución das masas de eucalipto existentes, despois do seu aproveitamento, polas especies máis axeitadas ás condicións edafoclimáticas, priorizando o emprego de frondosas autóctonas. No caso de novas repoboacións forestais con especies que non sexan nin piñeiro do país nin as recollidas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, solicitarase, de acordo co disposto no artigo 81 da citada lei, o informe do órgano competente en materia de paisaxe, que avaliará a repercusión e impacto destas plantacións nos valores paisaxísticos que deron orixe á área de especial interese paisaxístico. Fomentarase, conservarase e incentivarase a expansión dos bosques autóctonos nestas áreas.
PF.02 (N) Evitarase o trazado de novas pistas forestais, agás as planificadas nos instrumentos de planificación ou xestión forestal e servizos de defensa contra incendios, así como nos procesos de reestruturación parcelaria.
PF.03 (N) Nas unidades de paisaxe con plantacións forestais evitarase calquera tipo de cerramento ou valado que dificulte a xestión forestal e a conectividade ecolóxica. Por tanto, priorizaranse os simples marcos de esquina, formados por pedras fincadas, pezas prefabricadas de formigón ou solucións semellantes. Se o tipo de uso ou construción que se implante na parcela o xustifica, poderán realizarse cercas metálicas de protección, preferentemente de arame sen plastificar e coa maior abertura posible (mallas cinexéticas) para minimizar a obstrución do paso de animais e reducir a visibilidade da cerca; os postes para suxeitar o arame poden ser de madeira, de pedra, prefabricados de formigón, ou metálicos, pero en todo caso da menor sección posible.
Evitarase calquera tipo de muros de fábrica. Porén, no caso de existiren muros ou valados tradicionais de pedra aparellada en seco, deberán manterse, sempre que iso non inviabilice a xestión forestal.
PF.04 (R) Porase en valor o patrimonio etnográfico e arqueolóxico existente en zonas forestais, por exemplo, mediante itinerarios de interese paisaxístico.
4.3.1.5. Unidades de paisaxe dos tipos superficies de cultivo e mosaico agroforestal.
CU.01 (R) Promoveranse medidas para fixar poboación e manter un medio rural vivo («coidar da xente que coida a paisaxe»), tales como:
a) Asegurar o mantemento de servizos que cubran as necesidades da poboación rural.
b) En desenvolvemento da determinación 3.4.2 das DOT, potenciar os equipamentos e servizos dos núcleos interiores vinculados ao patrimonio rural para que cumpran as funcións de acceso e goce dos valores ambientais e paisaxísticos.
c) Protexer e promover o patrimonio intanxible vinculado coas paisaxes agrarias tradicionais.
d) Fomentar programas de educación, interpretación e sensibilización da paisaxe agraria, en relación cos seus valores paisaxísticos, produtivos e naturais.
CU.02 (R) A actividade agraria foi a principal responsable da construción de paisaxes de cultivos e mosaicos agroforestais altamente valoradas pola poboación, tanto polos seus aspectos físicos (modelaxe do terreo, vexetación, construcións tradicionais) como polos seus valores culturais e produtivos. Trátase, por tanto, de facer compatible o respecto dos valores paisaxísticos coa funcionalidade agraria. Con este fin, promoverase e fomentarase o uso agrario da terra e o mantemento das explotacións agrarias como forma máis efectiva de xestión e conservación da paisaxe, aplicando os seguintes criterios:
a) Favorecer a incorporación de xente ás explotacións agrícolas, contribuíndo así ao mantemento da paisaxe agraria.
b) Favorecer o acceso das explotacións a zonas agrarias abandonadas.
c) Consonte a súa lexislación reguladora, incorporar parcelas ao Banco de Terras con finalidade de mellora ou conservación da paisaxe.
d) Conforme a súa lexislación reguladora, utilizar o Banco de Terras como instrumento para favorecer a conservación e recuperación dos tipos de paisaxe con uso agrosistema intensivo de cultivo.
e) Incrementar o valor engadido dos produtos primarios mediante estratexias de valorización da paisaxe e de diferenciación do tipo de produción. A paisaxe como medio para promover o agroturismo como unha oportunidade de complementariedade económica para o mantemento das explotacións familiares agrarias en activo.
f) Potenciar as actuacións de custodia do territorio, os pactos pola paisaxe e a participación das diferentes administracións que establezan mecanismos de axuda ao mantemento das actividades agrarias propias destas paisaxes cando sexa necesario.
g) Considerar a inclusión de criterios de mantemento e mellora da paisaxe agraria nas convocatorias de axudas vinculadas ás actividades agrarias que teñan repercusión no territorio. Algúns exemplos destes criterios poden ser o mantemento da paisaxe agraria tradicional, a conservación e recuperación de masas arborizadas autóctonas, o mantemento ou recuperación de sebes e peches tradicionais, a eliminación ou recuperación de impactos paisaxísticos preexistentes (construcións en mal estado, terreos abandonados, depósitos de entullo ou lixo, noiros de escavacións ou canteiras á vista,…) ou a rehabilitación de edificacións tradicionais.
CU.03 (R) Aproveitaranse os elementos construídos existentes nas paisaxes agrarias mediante:
a) A recuperación das edificacións tradicionais no medio rural.
b) A potenciación de novos usos para edificacións agrarias tradicionais.
c) A conservación, o acondicionamento paisaxístico e a posta en valor das infraestruturas e/ou servizos de uso público asociados aos elementos cun alto valor histórico e/ou simbólico.
d) O reemprego ou rehabilitación de edificacións xa existentes á hora de instalar equipamentos públicos en espazos abertos para evitar a construción de novas estruturas en solo rústico. Estes equipamentos localizaranse en lugares próximos aos núcleos de poboación e en puntos estratéxicos para garantir a mínima afectación á paisaxe.
CU.04 (R) Manteranse e recuperaranse as infraestruturas agrarias tradicionais mediante:
a) A recuperación e conservación de elementos da paisaxe ligados ao uso agrario tales como sebes, muros, valados ou aliñamentos de árbores.
b) O mantemento dos antigos camiños rurais e a súa sinalización e aproveitamento como itinerarios turísticos e de descubrimento da paisaxe naqueles casos que ofrezan especial interese.
CU.05 (R) Evitarase a aparición de elementos alleos á paisaxe agraria, e para isto:
a) Os equipamentos ou outras edificacións de uso ou utilidade pública localizaranse preferentemente no interior dos núcleos de poboación, ou en lugares próximos, para garantir a mínima afección á paisaxe agraria.
b) Desmantelaranse as edificacións, construcións e instalacións abandonadas e sen valor arquitectónico, patrimonial ou cultural.
c) Procurarase un axeitado equilibrio entre o respecto ás tipoloxías construtivas tradicionais da contorna e a funcionalidade das novas edificacións e reconstrucións no medio rural.
d) Buscarase a integración paisaxística das novas edificacións no medio rural.
e) Promoveranse proxectos de integración paisaxística das naves e adegas existentes de maior impacto visual.
f) As actuacións que se produzan nos espazos agrícolas seguirán as pautas propias das paisaxes agrarias preexistentes e as técnicas específicas de integración paisaxística, tomando como referencia a Guía de estudos de impacto e integración paisaxística publicada pola Xunta de Galicia.
g) As intervencións de enxeñaría e obras proxectadas respectarán a rede hidrográfica natural e os camiños, minimizando os movementos de terra, a modificación topográfica e a eliminación de vexetación con valor ecolóxico.
CU.06 (N) Elaborarase unha guía de integración paisaxística para as explotacións e industrias agrarias en colaboración coa consellería con competencia en medio rural.
CU.07 (R) Fomentaranse prácticas agrícolas que contribúan á mellora da paisaxe, tales como:
a) Actividades agrícolas caracterizadas pola variedade de cultivos.
b) O adecuado mantemento da imaxe das explotacións agrarias (naves, valados, construcións auxiliares, ausencia de acumulación de materiais ou similares).
c) O mantemento, protección e potenciación dos prados naturais e os pasteiros de montaña con valores ecolóxicos e paisaxísticos.
d) Os novos modelos de explotacións agrarias baseadas na diversificación de actividades e produtos que redundarán nunha paisaxe agraria diversa e rica.
e) A recuperación de soutos, así como de pasteiros e agras fronte ás novas roturacións.
f) A minimización da altura dos novos socalcos agrícolas, adecuándoos á topografía.
g) A recuperación e emprego de variedades autóctonas de vide, froiteiras, oliveiras e cereais.
CU.08 (R) A ordenación e planificación conxunta dos usos agroforestais, tal e como se describe na determinación 3.3.2 das DOT, permitirá garantir a localización destes usos nas zonas máis aptas para eles, tendo en conta criterios de aptitude e garantindo simultaneamente unha paisaxe agraria de calidade. Co fin de acadar unha paisaxe agroforestal ordenada e coherente, as diferentes estratexias e planificacións sectoriais deberían restrinxir a expansión dos cultivos agrícolas intensivos con altos requirimentos agronómicos nos solos non aptos.
CU.09 (R) Evitarase a diminución da superficie de arboreda autóctona e matogueira entre prados e cultivos, respectando as distancias establecidas no anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
CU.10 (N) Nas unidades de paisaxe de mosaico agroforestal, os cambios de actividade forestal a agrícola, na medida en que implican unha alteración substancial de elementos compositivos das paisaxes rurais de Galicia, estarán debidamente xustificados, en atención á procedencia e viabilidade do novo uso proposto. Cando os ditos cambios impliquen a eliminación de masas de arboreda autóctona, deberán documentarse os seguintes aspectos para valorar a incidencia paisaxística: a superficie por deforestar, a idade e o estado da masa arbórea, o número de pés por cortar, a existencia de pés singulares, o uso agrario a que se destina a superficie (pasto, forraxe, viña, outros cultivos, etc.), os cursos ou puntos de auga existentes, as características do espazo circundante (tales como núcleos ou asentamentos de vivendas, cultivos, espazos de interese natural e cultural, ou similares). En todo caso aplicaranse os seguintes criterios de integración paisaxística:
a) En caso de que existan cerramentos tradicionais nas leiras afectadas, respectaranse todos os que non resulten incompatibles coa nova explotación agraria.
b) Aproveitaranse os camiños existentes, minimizando a apertura doutros novos, e restaurando os terreos afectados unha vez rematados os traballos de corta.
c) Manteranse as árbores de gran porte, máis representativas ou de carácter máis singular se non resultan incompatibles co novo uso da parcela.
d) Manteranse as ringleiras de árbores que conforman os lindes do conxunto de leiras, de acordo co patrón habitual na contorna.
e) Manterase a vexetación de ribeira e a que rodee os puntos de auga.
4.3.1.6. Unidades de paisaxe do tipo agrosistemas extensivos.
AG.01 (R) Fomentarase a gandaría extensiva e os elementos tradicionais vinculados. Para isto promoveranse proxectos innovadores, como a reintrodución de razas autóctonas.
AG.02 (R) Nas unidades de serra, controlarase, mediante unha actividade gandeira sustentable, a vexetación espontánea de mato en zonas propias de prados e pastos. Favorecerase un aproveitamento gandeiro sustentable dos pastos de montaña, respectando os períodos de pasto tradicionais.
AG.03 (R) Minimizarase a localización de equipamentos ou dotacións de máis de 400 m2.
AG.04 (R) Os prados e pastos harmonizaranse coas manchas de frondosas autóctonas dentro dun modelo produtivo sustentable.
AG.05 (R) Introduciranse melloras nos pastos mediante medidas de integración paisaxística.
AG.06 (R) Manteranse as estruturas tradicionais viables de regadío dos prados e pastos.
AG.07 (R) A instalación de novas infraestruturas evitará provocar procesos erosivos nas zonas de pastoreo de montaña.
AG.08 (N) Nas unidades de paisaxe de agrosistema extensivo, os cambios de actividade forestal a agrícola axustaranse ás condicións establecidas na directriz CU.10.
4.3.1.7. Unidades de paisaxe do tipo viña.
VÑ.01 (R) Estableceranse medidas de mellora das paisaxes de viña, tales como:
a) O fomento dunha imaxe de calidade do viño asociada á súa paisaxe, promovida polos distintos organismos locais e rexionais en diversos medios.
b) O emprego de técnicas de cerramento e de manexo da topografía acordes coas técnicas tradicionais.
c) O mantemento en bo estado dos elementos conformadores das paisaxes de viña, tales como socalcos, muras, muros de contención, carreiros, escadas, sistemas de rega, adegas, almacéns, ou similares, realizando as prácticas de conservación necesarias.
d) Sempre que as condicións de insolación o permitan, as liñas de plantación deben seguir as curvas de nivel.
e) A minimización do impacto paisaxístico das construcións e instalacións auxiliares (camiños, rega, raís,…).
f) A planificación das construcións auxiliares e as vías de acceso tendo en conta a súa integración paisaxística, a minimización do impacto visual e a imaxe de conxunto da explotación.
g) A recuperación de viñas abandonadas fronte a novas plantacións.
h) A realización dunha xestión conxunta dos valores produtivo, estético e identitario das viñas.
VÑ.02 (N) As novas construcións auxiliares axustaranse ás condicións da arquitectura tradicional existente. Para tal fin:
a) Deben ter unha superficie reducida, a imprescindible para acoller as funcións que as xustifican. No caso de viñas en socalco, o fondo das construcións non poderá superar a largura do terreo a nivel entre dúas muras consecutivas.
b) Os muros executaranse preferiblemente en cachotaría de pedra do lugar. En caso de realizarse fachadas con outra solución construtiva, para os acabamentos exteriores e as carpintarías poderán empregarse como referencia os criterios que establece a Guía de cor e materiais da correspondente grande área paisaxística.
c) As cubertas resolveranse mediante o material habitual na arquitectura popular da zona, tella cerámica ou lousa.
4.3.1.8. Unidades de paisaxe do tipo urbano.
UR.01 (N) Priorizarase a aprobación e execución dos instrumentos de desenvolvemento urbanístico que favorezan a compactidade dos núcleos urbanos e a edificación de zonas baleiras ou intersticiais.
UR.02 (N) Promoverase a rehabilitación e renovación urbana antes que novos desenvolvementos urbanísticos.
UR.03 (N) Coidarase a imaxe exterior dos núcleos urbanos, especialmente nas zonas de maior exposición visual. Evitarase a aparición de novos medianís vistos e propoñeranse actuacións para a transformación dos consolidados.
UR.04 (R) Nos núcleos urbanos en que sexa elevada a presenza de medianís vistos consolidados, debería poñerse en marcha un plan de remodelación de medianís que planifique a súa eliminación ou ocultación ou ben faga uso de solucións arquitectónicas, pictóricas ou de revexetación para o seu tratamento.
UR.05 (R) As obras e actuacións urbanísticas tratarán de potenciar as perspectivas ou liñas visuais de interese, orientadas a fitos paisaxísticos.
UR.06 (R) Promoveranse actuacións de conservación e mellora das áreas urbanas de especial interese paisaxístico identificadas polo planeamento urbanístico.
UR.07 (R) Procurarase a calidade do deseño arquitectónico dos edificios correspondentes a equipamentos públicos e outros edificios singulares.
UR.08 (N) Estableceranse as medidas necesarias para a conservación e potenciación dos valores paisaxísticos dos elementos urbanos de interese arquitectónico, cultural ou patrimonial.
UR.09 (N) Rehabilitarase e poñerase en valor a parte histórica dos núcleos urbanos, así como calquera elemento ou edificación con valor arquitectónico, patrimonial ou cultural.
UR.10 (R) Fomentarase a integración paisaxística dos percorridos urbanos existentes, con medidas como o incremento de arboreda, a implantación de itinerarios peonís e ciclistas, etc. Promoverase a creación de itinerarios peonís, preferentemente para o desfrute dos espazos urbanos de maior calidade paisaxística e das fachadas marítimas e fluviais.
UR.11 (R) Incorporarase progresivamente arboreda autóctona nas rúas, paseos e sistema viario urbano en xeral, empregando en cada caso as especies arbóreas adecuadas para a largura, orientación e tipoloxía da beirarrúa e da rúa.
UR.12 (R) Nas zonas verdes e espazos públicos empregaranse, salvo que non sexa viable, especies vexetais autóctonas e plantaranse árbores nun número axeitado ao espazo en que se localicen e aos usos públicos previstos. Sempre que sexa posible, conservarase a arboreda de interese histórico, especies autóctonas e exemplares de gran porte. Buscarase un deseño de calidade para estas zonas que aplique as técnicas máis recentes da arquitectura paisaxística.
UR.13 (R) Procurarase deseñar uns espazos públicos e zonas verdes máis ecolóxicos e máis naturais, cun mantemento que requira un menor consumo de enerxía e auga.
UR.14 (R) Sempre que sexa posible, evitarase canalizar os cursos fluviais que atravesen o solo urbano.
UR.15 (R) Promoveranse actuacións para converter os cursos fluviais que atravesen o solo urbano en espazos de alta calidade paisaxística.
UR.16 (N) A publicidade, cartelaría e sinalética, así como a súa localización, deseño, tamaño, serigrafía e cor resultarán harmoniosas coas edificacións e a contorna.
UR.17 (R) Nas zonas urbanas promoverase o soterramento dos tendidos eléctricos e do cableamento das redes de telecomunicación existentes.
4.3.1.9. Unidades de paisaxe do tipo conxuntos históricos.
CH.01 (N) Os plans especiais de protección dos conxuntos históricos incluirán a análise da paisaxe do ámbito e as medidas de protección e mellora.
CH.02 (N) Os plans especiais de protección de conxuntos históricos incluirán unha carta de cor e materiais orientada a establecer unhas pautas de intervención respectuosas cos valores culturais do conxunto.
CH.03. (R) Fomentarase a reutilización de edificacións con valor patrimonial que se atopen sen uso ou en estado de abandono, para evitar que se deterioren e facilitar o seu uso e desfrute pola comunidade local.
4.3.1.10. Unidades de paisaxe do tipo rururbano (urbano diseminado).
RU.01 (N) Nos núcleos rurais as edificacións respectarán as características propias da arquitectura tradicional do lugar. Para tal fin, de acordo coas condicións xerais que establece a lexislación e o planeamento urbanístico, as novas construcións deben integrarse adecuadamente na súa contorna, en canto á posición, tamaño e deseño das edificacións, materiais, cores ou calquera outro trazo salientable propio do núcleo. En particular:
a) As novas edificacións evitarán modificar o perfil tradicional do núcleo, buscando unha implantación no terreo semellante á das edificacións tradicionais.
b) A composición volumétrica das edificacións e construcións favorecerán a súa integración na paisaxe e a adaptación do conxunto ás características da topografía, da paisaxe e das construcións do lugar.
c) Outras características, como a xeometría, materiais, cores e acabamentos das fachadas, cubertas, carpintaría e outros elementos visibles serán respectuosos e procurarán unha adecuada integración formal coas solucións tradicionais das edificacións existentes.
RU.02 (N) En núcleos rurais as novas redes de servizo, tales como as de abastecemento de auga, saneamento, electricidade, iluminación, telecomunicacións ou gas, deseñaranse e executaranse de tal xeito que se minimicen as afectacións aos elementos naturais ou construídos que caracterizan a paisaxe dos núcleos rurais e a súa contorna funcional inmediata. Para tal fin:
a) Evitarase, sempre que sexa posible, a destrución de muros, sebes ou pavimentos tradicionais.
b) As novas liñas de electricidade e telecomunicacións serán preferentemente soterradas e os tramos que deban tenderse sobre muros ou fachadas de edificacións realizaranse sen alterar os seus elementos compositivos principais (zócolos, impostas, cercas, balcóns ou similares), e de tal xeito que se minimice o seu impacto visual.
c) Os elementos tales como caixas de distribución, conexión, derivación ou manobra deberán situarse en lugares discretos, e o seu deseño, material e cor escollerase de tal xeito que se minimice o seu impacto visual.
d) O deseño das luminarias para a iluminación pública adaptarase ás características de cada lugar, evitando modelos propios de vías urbanas e de estradas.
RU.03 (N) Outros elementos dos núcleos rurais tradicionais, como o mobiliario urbano, as marquesiñas do transporte colectivo, ou as sinais e carteis de información, localizaranse de xeito que se minimice o impacto sobre os elementos caracterizadores da paisaxe rural e o seu deseño responderá ás características propias de cada lugar.
Os carteis identificadores de establecementos situaranse preferentemente no plano das fachadas, de forma discreta, e deseñaranse de forma respectuosa cos elementos compositivos da arquitectura tradicional. No caso de empregarse ménsulas ancoradas na fachada, terán o menor voo posible e realizaranse con materiais acordes cos da edificación. En xeral deberán evitarse os acabamentos reflectores, as cores rechamantes e os rótulos luminosos.
RU.04 (R) Os equipamentos e dotacións que se pretendan situar en solo rústico deberán localizarse prioritariamente nas unidades de paisaxe rururbana.
4.3.1.11. Unidades de paisaxe do tipo extractivo.
EX.01 (N) Toda nova actividade extractiva requirirá, no marco da súa avaliación ambiental, dun estudo de impacto e integración paisaxística que deberá incluír, ademais dos contidos establecidos na Lei 7/2008, os seguintes:
a) A xustificación, desde o punto de vista paisaxístico, da alternativa de explotación seleccionada.
b) A análise dos tipos de paisaxe, dos valores paisaxísticos e dos lugares de especial interese paisaxístico existentes tanto na superficie afectada pola explotación como na súa bacía visual.
c) A estimación dos observadores potenciais a partir da poboación dos asentamentos e dos datos dispoñibles de IMD das estradas incluídas na bacía visual e a análise e xustificación dos criterios de integración paisaxística empregados no plan de restauración.
A dita xustificación da localización basearase, entre outras cousas, no cálculo da bacía visual desde todas as posibles localizacións e na elección daquela que implique un menor impacto visual e ambiental compatible coa viabilidade económica, técnica e ambiental da explotación.
EX.02 (N) Nas AEIP unicamente se permitirá a apertura dunha nova explotación de recursos mineiros cando sexa rigorosamente xustificada, ben con base na escaseza, rareza e/ou no especial interese socioeconómico do recurso aí localizado, ben nun impacto paisaxístico mínimo. A escaseza e rareza do recurso, referida á inexistencia ou pouca frecuencia noutros lugares do territorio galego, e o interese socioeconómico serán determinados polo órgano competente en materia de minas. O impacto paisaxístico mínimo será determinado polo órgano competente en materia de paisaxe con base na reducida bacía visual da explotación, no número potencial de observadores, na non afección dos valores paisaxísticos que deron orixe á AEIP.
EX.03 (N) A localización de novas explotacións extractivas ou modificacións substanciais das existentes ata o segundo rango de distancia (1.500 m) das zonas de visibilidade alta e moi alta das áreas de visibilidade estratéxica do Catálogo das paisaxes de Galicia exixirá un coidado especial das medidas de integración paisaxística. Isto implicará adoptar as medidas de ocultación necesarias para minimizar a súa visibilidade desde o inicio da explotación.
EX.04 (R) Na elección do método de explotación priorizaranse, dentro daqueles técnica e economicamente viables, os que causen o menor impacto paisaxístico.
EX.05 (R) Nas cortas nos coroamentos de montes, serras ou outeiros prestarase especial atención ás medidas de minimización do impacto visual e darase preferencia á intervención sobre as de menor exposición visual.
EX.06 (N) Evitarase que a localización das entulleiras e a altura dos seus noiros provoque unha gran visibilidade, polo que non deberían superar as cotas dos montes ou outeiros da contorna, de modo que non destaquen na liña do horizonte, salvo que existan motivos de seguridade que o xustifiquen.
EX.07 (N) Adoptaranse solucións que reduzan a visibilidade das frontes de explotación, as entulleiras e as instalacións auxiliares, polo que se plantarán barreiras vexetais herbáceas, arbustivas e arbóreas, en xeral de diverso porte e dispostas dun modo semellante ao natural, evitando o efecto pantalla e tentando acadar a maior biodiversidade das áreas restauradas. Para este fin evitarase o emprego de especies invasoras e utilizaranse, sempre que sexa posible e acorde coa vexetación da contorna, especies autóctonas.
EX.08 (N) Durante a explotación levaranse a cabo actuacións de mellora e integración paisaxística simultáneas co desenvolvemento da actividade extractiva e labores de restauración naqueles lugares en que sexa posible.
EX.09 (N) As edificacións ligadas ás explotacións extractivas situaranse preferentemente nos terreos menos expostos visualmente ou onde os movementos de terras sexan mínimos e a vexetación da súa zona exterior será acorde coa vexetación da contorna.
EX.10 (N) No caso das explotacións que impliquen diques e balsas, tanto o trazado dos diques como o tratamento das superficies resultantes resultará congruente coas características da contorna. Evitaranse trazados rectilíneos, non congruentes coa xeometría ondulante e curva da contorna; así mesmo, as superficies aplanadas das balsas presentarán unha mellor integración paisaxística se se prevén elementos que rompan esa horizontalidade, como por exemplo pequenas lombas ou illas, sempre que sexa posible e non comprometan a integridade do depósito final selado.
EX.11 (R) Poderán facilitarse ou establecerse acordos coas persoas propietarias das terras próximas á explotación para a xestión e planificación forestal coa finalidade de apantallala ou compensala ambientalmente, fomentando as especies autóctonas cando as condicións o permitan.
EX.12 (R) Considerarase a posibilidade de implementar zonas de compensación.
EX.13 (R) Entre as medidas compensatorias incluídas no plan de explotación analizarase a posibilidade de actuacións de mellora e restauración da paisaxe no termo municipal en que se localice a explotación extractiva.
EX.14 (N) Elaborarase unha guía de boas prácticas para as actividades mineiras e extractivas.
EX.15 (R) Levarase a cabo a recuperación ambiental e paisaxística dos ámbitos afectados polas actividades extractivas:
a) O plan de restauración planificará o desenvolvemento das tarefas de restauración dos terreos afectados desde o inicio da súa actividade para que se leven a cabo simultaneamente ao avance da explotación. Esta planificación procurará reducir o tempo que a terra vexetal permanece nos lugares de acumulación, diminuíndo o impacto visual destes lugares, así como a revexetación, no momento en que sexa posible, das superficies de solo descuberto con especies e patróns de plantacións similares aos existentes na contorna. Tendo en conta que os períodos de explotación adoitan ser longos, é da máxima importancia executar as plantacións ao ritmo da explotación, para que a recuperación non quede diferida totalmente ao fin do prazo previsto.
b) A restauración topográfica encamiñarase á procura de formas e relevos en consonancia coa realidade paisaxística da contorna. Recoméndase resolver os recheos e as entulleiras mediante trazados curvos, o que evitará a xeración de superficies exteriores planas e o trazado rectilíneo nas bermas.
c) Acometerase a suavización dos noiros no seu coroamento mediante o seu arredondamento e utilizaranse estériles para o recheo do pé, reducindo a ruptura formal das frontes de explotación que facilita a recuperación paisaxística. Ademais, as pendentes dos noiros asimilaranse ás do perfil orixinal dos terreos.
d) No oco da canteira evitaranse as formas excesivamente planas e recoméndanse as xeometrías máis irregulares que permitan unha mellor adaptación á morfoloxía orixinal dos terreos explotados.
e) Unha vez rematada a explotación, acometerase a recuperación do espazo dedicado a pistas para o transporte de materiais que non volverán a ser utilizadas, mediante a súa restauración topográfica e a recuperación da cobertoira vexetal autóctona, arbórea ou de matogueira.
f) Nos labores de revexetación do espazo mineiro, empregaranse, sempre que as condicións o permitan, especies autóctonas e, en calquera caso, afíns co uso futuro que se teña determinado para os terreos restaurados.
g) Nos proxectos de restauración da explotación, recoméndase unha mestura de especies gramíneas e leguminosas, arbustivas e de frondosas autóctonas, o cal enriquecería o cromatismo da contorna e, por tanto, da paisaxe. Ademais, recoméndase seleccionar aquelas especies máis axeitadas por velocidade de crecemento e porte. Excepto no caso dos terreos que logo da explotación mineira vaian ser utilizados para a produción forestal, evitarase o aliñamento das plantacións para que, desde o inicio dos labores de restauración, a masa vexetal obtida adquira un aspecto natural.
h) Nos proxectos de restauración, ao final da explotación, pode estudarse manter determinados elementos construídos relacionados cos establecementos de beneficio, ou mesmo coas instalacións de residuos que polas súas especiais características poidan ter un valor ou interese de índole cultural ou construtivo que os converta en ingredientes axeitados para unha restauración paisaxística de calidade.
i) Nos proxectos de restauración poden estudarse solucións de deseño nas cales determinadas frontes de canteira, polas formas resultantes ou o tipo de rocha, e combinados con outros elementos (como a vexetación, planos de auga ou os elementos construídos antes citados) poidan ofrecer elementos de interese estético que contribúan a unha restauración paisaxística de calidade. Sempre que as condicións da explotación presenten a oportunidade, a formación de pozas ou zonas húmidas suporá, en xeral, a mellora da calidade paisaxística e a potenciación da biodiversidade.
j) Analizarase o uso máis axeitado que se pode dar ás superficies xeradas pola actividade mineira para deseñar o tipo de restauración (tales como agrícola, forestal, ambiental, industrial, actividades recreativas ou similares) en función do uso anterior á explotación e da ordenación territorial existente, mantendo a harmonía paisaxística coa contorna.
k) Por solicitude do titular da explotación, facilitarase a actualización dos proxectos de restauración das explotacións antigas para incorporar novas técnicas ou medidas de integración e mellora paisaxística, nos coroamentos dos montes, serras e outeiros, nas abas e nos leitos dos ríos.
4.3.1.12. Unidades de paisaxe do tipo litoral.
LT.01 (R) As estratexias de intervención no litoral terán en conta as dinámicas propias e específicas do ámbito costeiro. A planificación de infraestruturas propias do ámbito litoral (como portos ou instalacións acuícolas) estará suxeita a consideracións de sustentabilidade e integración paisaxística.
LT.02 (R) Calquera intervención que se poida desenvolver nas praias realizarase con pleno respecto polos valores naturais e paisaxísticos dos sistemas praia-duna conforme a normativa aplicable. Para tal efecto, as instalacións ou construcións serán as mínimas e imprescindibles, e implantaranse de xeito que se minimice a alteración do medio natural e a visibilidade dos elementos artificiais (como antenas, publicidade, casetas ou análogos). No deseño das instalacións procurarase o mellor equilibro posible entre a funcionalidade, as necesidades de mantemento e a integración dos materiais coa contorna.
LT.03. (N) A construción ou implantación de instalacións de praia suxeitarase ás normas que establece a lexislación estatal en materia de costas e ás que aprobe o órgano autonómico competente para a autorización de usos na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terreste. Sen prexuízo do anterior, establécense os seguintes criterios de integración paisaxística para este tipo de instalacións:
a) As instalacións disporanse aproveitando os accesos xa existentes, de modo que se minimice a alteración topográfica dos terreos.
b) As casetas ou construcións realizaranse con materiais lixeiros, acordes coas características do lugar. Priorizarase o emprego de madeira na súa cor natural.
c) Nas praias urbanas poden empregarse madeiras pintadas ou outros materiais cun acabamento exterior semellante, sempre que se realice un estudo sobre a integración e a composición cromática das instalacións no conxunto da praia ou tramo.
d) As instalacións que se sitúen en lugares en que existan previamente outras edificacións, peches ou construcións, procurarán integrarse adecuadamente con eles, en canto ao volume, o deseño, os materiais e as cores de acabamento. Exceptúanse deste criterio as contornas en que as preexistencias constitúen impactos paisaxísticos.
e) Evitaranse os rótulos publicitarios de cores ou materiais rechamantes e no seu lugar empregaranse carteis de madeira ou materiais lixeiros e desmontables, de pequena dimensión e cun deseño coherente e respectuoso coa contorna.
LT.04 (R) Recoméndase que os concellos elaboren unhas normas específicas para a harmonización e integración paisaxística dos diferentes tipos de instalacións susceptibles de implantárense en cada praia.
LT.05 (R) Concienciarase a poboación da fraxilidade e do valor ecolóxico e científico das paisaxes dos sistemas litorais mediante a realización de actividades didácticas e divulgativas nelas.
LT.06 (N) Protexerase a morfoloxía natural das praias, limitando no posible en praias naturais as achegas de area de características moi diferentes á propia do lugar.
LT.07 (R) As paisaxes de praias conservaranse en bo estado, limitando a presenza de elementos visualmente impactantes tales como antenas, publicidade, novas construcións illadas ou similares.
LT.08 (R) Promoverase a delimitación do trazado da Senda dos Faros ao longo de toda a costa galega, de acordo cos criterios que establece o POL, e estableceranse as medidas necesarias para preservar, potenciar ou mellorar as vistas panorámicas e os valores paisaxísticos existentes nesta senda.
LT.09. (R) Os portos deportivos integraranse, en canto a dimensións e instalacións, no conxunto da fachada marítima.
LT.10 (R) Recuperaranse as prácticas e oficios tradicionais propios do ámbito litoral, incluíndo o patrimonio material e inmaterial vinculado a estas actividades, así como os seus sistemas de construcións e edificacións dedicados á actividade pesqueira ou marisqueira ou á defensa histórica da franxa costeira.
LT.11 (N) No ámbito do dominio público marítimo terrestre as reforestacións levaranse a cabo con especies autóctonas, tal e como se establece no Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas.
LT.12 (R) Favorecerase a integración paisaxística dos paseos marítimos reducindo os tramos artificiais e favorecendo a súa naturalización.
LT.13 (R) No marco da integración paisaxística dos establecementos de acuicultura mariña na zona terrestre, recoméndanse os seguintes criterios:
a) Cando sexa posible, débense afastar estes establecementos das zonas costeiras se o permiten os avances tecnolóxicos, ou elixir zonas sen ningún tipo de figura de protección ambiental, ou zonas xa antropizadas como poden ser portos, polígonos industriais, ou similares.
b) No caso de que non sexa posible, as instalacións deberían adaptarse ao disposto nestas directrices e a Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral.
c) Debe prestarse unha especial atención á incidencia da instalación sobre a fachada costeira natural, na procura da mínima alteración da súa conformación paisaxística.
d) Deberase realizar un deseño axeitado do trazado das vías de servizo e das redes de servizos (auga, electricidade, comunicacións ou similares) coa finalidade de afectar o mínimo posible a vexetación.
e) Todas as actuacións deben procurar a máxima integración topográfica para minimizar os movementos de terras e, especialmente, a alteración dos cantís e demais afloramentos rochosos característicos das áreas costeiras. Para tal fin, estudarase a viabilidade de fragmentar ou subdividir a explanación en unidades menores para adaptala mellor aos condicionantes do relevo natural e para establecer relacións de escala adecuadas coa paisaxe.
f) Empregaranse materiais que reduzan a posible crueza da instalación: madeira, na súa cor ou pintada, lonas e elementos téxtiles, chapas lacadas, pedra ou formigón segundo as contornas e sempre evitando o falseamento de elementos construtivos ou a simulación doutros distintos aos realmente empregados.
g) En xeral, as cores e acabamentos non teñen que tentar camuflar os volumes (lacados en verde ou similar), e son, en xeral, máis favorables os acabamentos neutros (grises, materiais na súa cor natural) ou lacados en cores que establezan contrastes favorables coa contorna natural ou construída. Poderá tomarse como referencia a Guía de cor e materiais para a grande área paisaxística correspondente.
h) Nos muros deberán empregarse materiais cuxa textura e coloración minimice os impactos visuais.
i) Debe minimizarse a eliminación de vexetación en áreas de forte pendente nas que se poderían producir importantes procesos de erosión.
j) Se foren necesarios recheos, estes realizaranse con materiais propios do lugar e, en todo caso, sen que poidan ocasionar contaminación nin calquera outra incidencia ambiental ou paisaxística negativa.
k) Respectarase a vexetación riparia asociada aos cursos de auga, así como o leito e beiras dos propios cursos.
l) Os valados deberán respectar o paso da fauna terrestre, polo que se resolverán, preferentemente, mediante mallas metálicas ou sebes vexetais.
m) Valorarase en que casos a integración correcta pasa por dar ao valado a máxima transparencia co obxecto de desfacer o límite entre a instalación acuícola e a paisaxe da contorna.
n) As actuacións deben respectar e integrar adecuadamente os elementos senlleiros existentes, naturais ou artificiais, que presenten un valor singular de carácter natural, identitario ou estético.
o) Incorporaranse novos elementos de vexetación, potenciando as existentes en divisións de sectores da instalación e acompañando os elementos de contención, empregando sempre que sexa posible vexetación autóctona.
p) Empregaranse estratexias consistentes na fragmentación da extensión en unidades menores mediante liñas de vexetación arbórea ou arbustiva, que poden axudar a amortecer a diferenza de tamaño entre a implantación acuícola e a unidade produtiva ou parcelaria da paisaxe onde se debe integrar.
LT.14 (N) Establécense os seguintes criterios xerais de integración paisaxística para os establecementos de acuicultura mariña na zona terrestre, para os cales tamén se utilizará como referencia a Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral:
a) Para implantar calquera instalación de acuicultura en terra analizarase e caracterizarase a paisaxe, co obxectivo de escoller unha localización que facilite a integración paisaxística e de deseñar as instalacións de xeito harmónico cos valores da paisaxe. Con este fin, elaborarase un estudo de impacto e integración paisaxística naqueles supostos en que a normativa vixente así o exixa.
b) Todas as superficies afectadas deberán ser restauradas e revexetadas con especies autóctonas e propias das zonas costeiras.
c) Os noiros resultantes da implantación non poderán ter unha altura superior a 3,00 metros e deberán resolverse preferentemente mediante noiros de terra, ou muros susceptibles de seren recubertos con terra para a posterior revexetación.
d) Cando para realizar esta actividade sexa preciso poñer encanamentos de toma de auga ou desaugadoiro, deberán ir soterrados tanto na zona de servidume de dominio público marítimo-terrestre como na de dominio público marítimo-terrestre.
e) Nas instalacións que se sitúen nas proximidades de contornas urbanas deberán adoptarse os seguintes criterios específicos:
1. Respectarase a continuidade da fronte marítima e propiciarase a súa configuración como lugar de uso e desfrute público.
2. Procurarase enlazar e integrar a actuación coa trama urbana mediante unha adecuada intervención nos camiños de acceso e servizo, no deseño dos límites da instalación e das características das construcións ou edificacións.
3. Aproveitaranse e incorporaranse, cando existan, elementos preexistentes como muros e cercas, restos de edificacións, fitos do lugar, arboreda ou similares.
LT.15 (R) Dentro dos establecementos de acuicultura mariña na zona marítimo-terrestre (intermareal) establécense as seguintes recomendacións:
a) As concesións outorgadas na zona marítimo-terrestre para o desenvolvemento da actividade da acuicultura deben:
1. Respectar os criterios de integración paisaxística propias para este tipo de actividade.
2. Compatibilizar a actividade de cultivo coa paisaxe do contorno e minimizar a alteración topográfica e do substrato do espazo marítimo terrestre na medida do posible.
3. Manter en bo estado sempre o dominio público marítimo-terrestre.
b) Por necesidades de seguridade e sinalización, permitirase nas concesións instalar e manter dispositivos de axuda á navegación marítima.
c) Permitiranse, con carácter excepcional, aqueles elementos descontinuos que se consideren imprescindibles para delimitar un parque de cultivo sempre que sexa de material axeitado, uniforme e quede integrado na paisaxe.
LT.16 (N) Serán de obrigado cumprimento os seguintes criterios dentro dos establecementos de acuicultura mariña na zona marítimo-terrestre (intermareal):
a) Na zona marítimo-terrestre non se permitirá outro tipo de obras que as imprescindibles para o funcionamento da explotación. Non se permitirán construcións na dita zona.
b) Evitaranse os carteis de cores e materiais rechamantes.
LT.17 (N) Dentro dos establecementos de acuicultura mariña na zona mariña, haberá que ter en conta uns criterios de integración paisaxística en relación cos distintos tipos de instalacións de cultivo, entre as cales destacan as bateas, as liñas de cultivo, ou as gaiolas.
Todos eles deben respectar os criterios de integración paisaxística como son o uso de materiais axeitados, evitando cores, superficies e acabamentos rechamantes.
a) Nas bateas e outros viveiros que conteñan engradado, cando para o exercicio da actividade sexa imprescindible dispoñer de corpos pechados ou elementos, que pola súa natureza non poidan ter outra localización e que distorsionen a imaxe do engradado como unha estrutura plana flotante, deberán contar coa autorización expresa da consellería competente en materia de acuicultura (logo dos informes dos órganos competentes en materia ambiental e integración paisaxística).
b) Nas gaiolas e liñas de cultivo, con carácter xeral, non se permitirán outros elementos a maiores dos necesarios para o sistema de cultivo. Cando, por razóns xustificadas, para o exercicio da actividade sexa imprescindible dispoñer de elementos que, pola súa natureza non poidan ter outra localización e distorsionen a imaxe das liñas de cultivo ou das gaiolas, estes deberán contar coa autorización expresa da consellería competente en materia de acuicultura (logo dos informes dos órganos competentes en materia medioambiental e integración paisaxística); deberán ser de dimensión proporcional á actividade, procurando sempre a integración paisaxística.
LT.18 (R) Establécense as seguintes recomendacións para acadar a integración paisaxística nos distintos tipos de instalacións de cultivo dentro dos establecementos de acuicultura mariña na zona mariña:
a) Nas bateas e outros viveiros que conteñan engradado:
1. Pola súa singular participación na composición escénica das rías galegas, as bateas acomodaranse ás características tradicionais do seu deseño, sen prexuízo de que poidan introducirse novos materiais e técnicas contemporáneas que permitan incrementar a súa durabilidade e funcionalidade.
2. Por razóns xustificadas, poderán soportar con carácter temporal elementos imprescindibles de pequena dimensión, características uniformes, en cantidades e número axeitados, sempre que non distorsionen a imaxe do engradado como unha estrutura plana flotante.
3. Non deben permanecer nos engradados os cúmulos de elementos empregados na actividade de cultivo que remataron o seu período de vida útil, nin os cúmulos de elementos empregados na actividade de cultivo pero que non se van utilizar para o desenvolvemento da actividade nun curto espazo de tempo, que deberán ser retirados e transportados a terra.
4. En xeral, co fin de que non se distorsione a súa imaxe como estruturas planas flotantes, debe evitarse a implantación de corpos pechados na superficie das bateas. Cando, por razóns xustificadas, o órgano competente autorice a implantación deste tipo de elementos, deberán ser da menor dimensión posible, acorde e proporcionada á necesidade que os motiva. En calquera caso, o corpo pechado non poderá superar os 2,50 metros de altura, e para evitar a multiplicación do impacto paisaxístico, a implantación destas casetas debe limitarse a unha unidade por batea. Para o seu acabamento exterior deberán empregase os mesmos materiais que forman a propia batea, é dicir, madeira ou o novo material que a substitúa. En calquera caso, deben evitarse as superficies reflectoras e os acabamentos ou cores rechamantes.
b) Nas gaiolas e liñas de cultivo:
1. Non se usarán materiais reflectores ou acabamentos e cores rechamantes, buscando sempre a uniformidade para unha mellor integración paisaxística.
2. O francobordo da estrutura debe ser da menor altura posible, de xeito que o artefacto non se eleve por riba da superficie da auga máis do estritamente necesario.
4.3.2. Directrices específicas para áreas de especial interese paisaxístico (AEIP).
AEIP.1. (N) Nas AEIP aplicaranse todas as determinacións destas directrices que lle correspondan, ben porque se refiren expresamente a elas ben porque resulten de aplicación por calquera outra circunstancia (con ocasión da elaboración de plans ou programas, proxectos de actuacións específicas ou polo tipo de paisaxe ou o ámbito singular en que se intervén).
AEIP.2. (R) Efectuarase unha actualización periódica da información sobre lugares de interese paisaxístico que determinaron a delimitación de AEIP no Catálogo das paisaxes. En congruencia con esa actualización, incluiranse novas AEIP ou axustaranse, de ser o caso, as delimitacións das existentes.
AEIP.3. (R) Desenvolveranse plans ou estratexias para a divulgación e o coñecemento das AEIP e dos valores paisaxísticos que comprenden, así como para asegurar un acceso e desfrute destas áreas congruente e respectuoso cos seus valores naturais, culturais e perceptivos.
4.3.3. Directrices específicas para Ámbitos de Especial Atención Paisaxística (AEAP).
AEAP.1. (R) En desenvolvemento do Catálogo das paisaxes de Galicia poderá elaborarse un traballo de delimitación e caracterización detallada dos AEAP existentes nas doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia.
AEAP.2. (N) Formularanse plans ou estratexias de intervención en AEAP co obxecto de mellorar o seu estado xeral ou eliminar ou mitigar impactos e degradacións concretas. Este tipo de actuacións concertaranse coas administracións ou organismos competentes en función do tipo de AEAP de que se trate, así como cos concellos afectados. As finalidades destes plans poden ser, entre outras, as seguintes:
Mellora da imaxe exterior de núcleos urbanos.
Integración paisaxística de instalacións enerxéticas ou infraestruturas.
Corrección de impactos ambientais e paisaxísticos derivados de incendios, enchentes, temporais ou outros fenómenos naturais ou antrópicos.
Mellora da imaxe e a integración paisaxística de polígonos e instalacións industriais.
Fomento da recuperación de actividades, construcións ou instalacións caracterizadoras de determinados tipos de paisaxes, en particular dos agrosistemas, para mitigar os efectos derivados do seu abandono.
AEAP.3. (N) Cando se promovan plans, programas ou proxectos susceptibles de incidir ou afectar a AEAP, deberán ter en consideración a presenza deste tipo de ámbitos, co obxecto de que as actuacións que se desenvolvan eviten un agravamento da degradación paisaxística existente e, na medida do posible, contribúan a reducila.